FASE II: TRABALLO DE CAMPO

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Silencio! Estase a calcular

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Síntesis da programación didáctica

Problema 1. A neta de Lola

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Grao de urbanización 2016 (GU 2016)

Facultade de Fisioterapia

Clasificación dos concellos e parroquias segundo o grao de urbanización

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Sede Electrónica Concello de Cangas

O Software Libre nas Empresas de Galicia

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Como atopar artigos de Arquitectura

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Pedestrian survey and analysis of Rock Art in San Cristovo de Cea (Ourense): a G.I.S. approach

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través das páxinas da prensa galega. Análise do discurso mediático transmitido polos xornais galegos

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista: deseño e alimentación da base de datos 1

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

MANUAL DE USUARIO DA APLICACIÓN DE XESTIÓN DE AVISOS DE VESPA VELUTINA

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia

A rehabilitación integral de barrios degradados fóra dos ámbitos dos cascos históricos: metodoloxía de análise na Memoria programa das ARI

Territorios a examen III. Territorios a exame III

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

Reflexións sobre a situación sociolingüística galega dende o paradigma da complexidade

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

Programación Percusión

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

A XESTIÓN DO SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO NOS CONCELLOS GALEGOS 1

TRABALLO DE FIN DE GRAO

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

Programación Proxecto empresarial

1. A necesidade de rehabilitar o tecido construtivo das cidades

Second Language Anxiety and Task Complexity

Fonética e fonoloxía da língua galega

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (

"Por" and "Para" Notes: 1. The written lesson is below. 2. Links to quizzes, tests, etc. are to the left.

ÍNDICE ARTIGOS RECENSIÓNS

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

plan estratéxico 2016 >> 2020

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 1º PARCIAL

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

RESUMO DA XORNADA. Autoras: Isabel Goti Caaveiro. Noelia Gabeiras Alonso. Técnicas Asociación Casa do Mel.

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Emprender: Ti podes! Módulo 1

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

Transcription:

FASE II: TRABALLO DE CAMPO O traballo de campo baséase na enquisa oral, pois trátase de recoller a información toponímica máis fiable a través dos informantes. É fundamental rexistrar as características lingüísticas (fonética) e xeográficas (localización e tipoloxía) do topónimo. Paralelamente, utilízase como apoio a cartografía (IGN, municipal, catastro) e o Nomenclátor de Galicia, ao tempo que se contrasta a información destes documentos. Para levar a cabo este traballo, establécense os seguintes procesos: 1. Curso de formación Antes de comezar o traballo propiamente dito, impárteselles un curso de formación aos técnicos/as que van levar a cabo a recolleita da toponimia, que preferiblemente serán filólogos ou xeógrafos. Os aspectos que se imparten nos cursos son, fundamentalmente: Manexo de cartografía e fotos aéreas Consulta de documentación con información toponímica Metodoloxía das enquisas de campo Manexo de Access e das aplicacións programadas para o proxecto 2. Coñecemento previo do territorio partindo da documentación existente Antes de comezar os traballos de campo consúltase toda a documentación que conteña información toponímica da zona co obxectivo de: Servir como unha primeira referencia do territorio que se vai estudar Contrastar e verificar a posteriori a información obtida nas enquisas orais de campo A documentación que se adoita empregar é a seguinte: Cartografía municipal Moitos concellos posúen unha cartografía propia elaborada para os seus plans de ordenación urbana. A información toponímica destes documentos, habitualmente escasa, contrástase coa obtida no traballo de campo e, como resultado desta verificación, proporciónase a información pertinente para a súa corrección.

Catastro de rústica É unha fonte de información moi importante. A súa planimetría, xunto co rexistro de propiedades, permítenos coñecer os nomes asignados polos seus propietarios a cada parcela ou a un conxunto delas. Os planos coas parcelas identificadas polos correspondentes nomes son moi útiles para quen vai realizar a enquisa porque permiten unha aproximación á densidade de toponimia existente na zona; permiten coñecer a superficie que abrangue o topónimo; ofrecen unha mostra dos nomes xenéricos que se poden atopar na zona e supoñen unha referencia sobre o grao de coñecemento e fiabilidade do informante. Os informantes acostuman estar máis familiarizados con esta cartografía que coas fotos aéreas, de xeito que se orientan mellor nela e identifican mellor a área que abrangue cada topónimo. O inconveniente desta información é a gran cantidade de erros existentes sobre todo na grafía dos nomes (deturpacións, castelanismos, erros ortográficos, falta de artigos...) e, en menor medida, na localización. Planos de concentración parcelaria A concentración parcelaria supón un cambio importante na organización da terra e, en consecuencia, unha gran perda de toponimia. En zonas concentradas resulta moi díficil a recolleita dos nomes identificativos de espazos pequenos que actualmente están concentrados, dado que a cartografía resultante da concentración só representa a realidade actual. Mapa do Instituto Hidrográfico da Mariña Cartografía de grande interese para o apoio dos traballos na zona do litoral. Como a información toponímica é bastante reducida, o proxecto pode fornecer información de grande interese para a actualización destes mapas.

Nomenclátores da Xunta de Galicia e do Instituto Nacional de Estadística (INE) Estes documentos recollen a relación de entidades de poboación existentes en Galicia. Os criterios utilizados, nun e outro caso, para determinar o que se considera entidade de poboación son diferentes. O Nomenclátor do INE emprega criterios estatísticos e o da Xunta, aínda que parte da relación de nomes existentes no primeiro, nalgún caso engade outros lugares que son recoñecidos como tales polos veciños. O emprego da información deste documento é moi importante para a identificación dos lugares de cada zona así como para consultar a forma normativizada dos topónimos. Documentación toponímica específica da zona de traballo Poden ser publicacións recentes de estudos de toponimia local, inventarios históricos como os amillaramentos ou o Castastro do Marqués de la Ensenada, do século XVIII. Esta documentación é utilizada, sobre todo, como consulta e verificación de certas informacións dubidosas. 3. A enquisa de campo Tras a consulta da documentación citada prepárase a saída ao campo. Trátase de seleccionar os informantes adecuados para obter una información de calidade, recollendo as características máis relevantes de cada topónimo, e de establecer a súa situación nas fotos aéreas ou nos planos de catastro, delimitando o espazo que abrangue cada un. Hai diferentes tipos de enquisa: estática, móbil e mixta. A pesar de que a máis rápida e menos traballosa é a estática, é aconsellable a móbil, xa que ao recoller a información in situ, esta será máis fiable.

Selección de informantes A selección e busca das persoas que mellor coñecen o territorio resulta moitas veces dífícil. Neste proceso faise imprescindible a colaboración dos concellos e mais das asociacións veciñais e culturais. As particularidades do tipo de informante varían dunhas zonas a outras. Nas áreas costeiras a colaboración de mariñeiros e mariscadores permítenos identificar a toponimia do litoral. Na montaña a despoboación reduce considerablemente o número de informantes, chegando a certas zonas onde só unha persoa é a única fonte de información, con todas as restricións que pode ter esta exclusividade. Nas proximidades ás urbes, a complicación reside no desarraigo dos habitantes respecto do seu medio, profundamente transformado, e no esquecemento dos nomes, de maneira que atopar bos informantes resulta difícil. De todos os xeitos, a colaboración e a sensibilidade das veciñas e dos veciños facilita que se salven con éxito moitas destas barreiras. As características que se deberían buscar nos informantes son: - Que teñan idade avanzada - Que sexan nativos do lugar - Que dispoñan de tempo - Que estean ou estiveran en contacto directo coa terra ou co mar (agricultores, mariñeiros, cazadores ) - Que saiban interpretar as fotos aéreas - Que teñan boa disposición e interese en dar información, porque así esta será de calidade O máis aconsellable é traballar cun grupo, xa que isto dará como resultado unha información mellor, tanto cuantitativa como cualitativamente. A cada informante ou grupo fáiselle unha ficha cos datos máis relevantes para ter un perfil da persoa que achegou a información e facer unha valoración dela. Cada topónimo ten asociado un informante ou un grupo de informantes, polo que se pode valorar a fiabilidade dos topónimos recollidos, así como realizar consultas sobre a calidade e cantidade dos topónimos. A fotografía aérea É o documento sobre o que se representa graficamente a información de campo, pois a través dela obtemos unha visualización do terreo de traballo e unha clara identificación da realidade xeográfica. Permítenos localizar xeograficamente cada un dos topónimos, e delimitar o seu

ámbito territorial. Axudará, ademais, a dixitalización da información recollida para súa incorporación na cartografía. Estas fotos son facilitadas polo SITGA, que dispón dun voo dos anos 1999-2000 e de ortofotos do ano 2003. A fotografía de traballo ten unha escala entre 1:3.000 e 1:5.000, variando segundo as necesidades da zona. Para a localización do topónimo superponse unha trama de cuadrículas sobre a foto, e cada unha é identificada por un número e unha letra. Esta retícula serve a modo de coordenadas para a localización puntual, lineal ou superficial do topónimo, identificado na foto cun número. Na fotografía sinálanse cunha simboloxía os elementos de interese cultural, o curso dos ríos e os lindes de parroquias e concellos, o que supón un incremento da información. O caderno de campo Os técnicos levan un caderno onde se recolle o nome, reproducindo fidedignamente os trazos fonéticos dos informantes, asociado a un número de topónimo que figura na foto aérea. Anótanse as características principais do nome e as lendas asociadas a el. Posteriormente

será completado co contraste documental ao introducilo na ficha correspondente da base de datos, como veremos máis adiante. 4. Contraste da información Os nomes obtidos na enquisa oral deben ser contrastados cos dos outros informantes e coa documentación consultada antes de introducilos na base de datos. a) Contraste oral Se a enquisa é cun só individuo, faise necesario verificar os nomes dados por este con outros informantes. b) Contraste documental Trátase de verificar a toponimia recollida en campo coa existente na documentación tanto cartográfica (IGN, Catastro...) como escrita: publicacións locais, monografías, apeos, libros de amillaramento... indicando os resultados deste contraste no apartado correspondente da Ficha de topónimo que veremos a continuación. 5. A introdución dos nomes nunha base de datos Deseñouse unha base de datos que, vinculada cun sistema de información xeográfica, permitirá aproveitar, a un tempo, as informacións de tipo xeográfico e lingüístico. Isto conséguese mediante: A codificación xeográfica da información, que se poderá seleccionar segundo a escala do mapa e o seu grao de actualización. A codificación lingüística, de xeito que se poidan facer consultas sobre as características do topónimo. Os módulos que compoñen esta aplicación son: Informantes: datos da persoa que proporciona a información. Fichas: introdúcense os principais datos identificativos dun topónimo. Consultas listaxes: consultas e control dos datos introducidos na base. Topónimos nos documentos: información atopada nos documentos consultados pero que ningún informante identifica.

A Ficha de Topónimo

O topónimo na ficha está definido polos seguintes parámetros: Datos lingüísticos Topónimo/fonética: forma do topónimo tal e como se recolleu en campo cos trazos fonéticos máis importantes Topónimo secundario/fonética secundaria: forma do segundo nome do topónimo (non sempre a ten), tal e como se recolleu en campo cos trazos fonéticos máis importantes. Xenérico local: sería unha palabra distinta, peculiar, singular para referirse a unha determinada realidade xeográfica; é unha tipoloxía singular dun concello ou dunha zona (por ex.: fraga no suleste ourensán para referirse a unha pena; corga na comarca de Sarria para as corredoiras...). Dúbida lingüística: campo no que o enquisador poder formular calquera problema de carácter lingüístico co que se atopara durante a realización da enquisa. Comentarios de campo: anotacións de distinta índole que poidan aclarar a información do topónimo. Datos espaciais e xeográficos Referencias xeográficas do topónimo (provincia, concello, parroquia e aldea). Identificador cartográfico do topónimo (Núm.Foto, Folla 1:10000): Referencia cartográfica e da ortofoto na que se localiza o topónimo. Núm. Topónimo: número único asignado a cada topónimo nunha determinada ortofoto. Informante: nome do informante ou do grupo de informantes. O botón seleccionar que aparece ao lado permítenos examinar a ficha do informante e ver as súas características. As cuadrículas: coordenadas que identifican os topónimos na fotografía a través dun eixe vertical e outro horizontal. Sinalan os puntos onde se rotulan os topónimos na foto e a extensión aproximada de territorio que engloban. Tipoloxías: clasificación realizada segundo unha serie de categorías e tipoloxías xeográficas establecidas polo proxecto.

Datos documentais Documentación: sinala o tipo de documentación na que se atopou o topónimo (Nomenclátor, IGN, mapa 1:5000, Catastro, Cartografía Municipal, Parcelaria e outros). Picando na casiña de verificación aparece un cadro de diálogo onde poñer os resultados do contraste, que sempre son de dous tipos, lingüístico e de situación (excepto para o Nomenclátor, que só é lingüístico). Informante Datos persoais dos informantes: identifican aos enquisados e mostran o grao de implicación que ten co seu medio e, por tanto, o coñecemento deste. Calidade do informante: valoración que os enquisadores realizan unha vez rematada a enquisa de campo da orientación do informante sobre o territorio ou as fotos aéreas, ademais da precisión que amosa na localización dos topónimos.

Observacións de campo: neste apartado sinálase todo tipo de incidencias ou cuestións que se consideren necesarias sobre cada informante. Grupo de informantes Nome do grupo: identifica a denominación que se lle dá ao grupo (normalmente é o nome da aldea, seguida dun número de orde) Compoñentes: nome dos informantes que conforman o grupo. Os datos de cada informante aparecen nas fichas individuais. Observacións: neste apartado sinálase todo tipo de incidencias ou cuestións que se consideren necesarias para cada grupo.