NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

Similar documents
Síntesis da programación didáctica

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Facultade de Fisioterapia

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

Sede Electrónica Concello de Cangas

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

COORDINACIÓN DO GRAO EN DEREITO

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Expediente: 5193/2017

Segunda lingua estranxeira: inglés

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Silencio! Estase a calcular

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

Problema 1. A neta de Lola

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

PARTE I PARTE II. Estas probas abranguerán os contidos comprendidos nos distintos apartados das programacións de todos os cursos de Linguaxe Musical.

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

GUÍA DO ALUMNADO EASD Ramón Falcón

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

ESTÁNDARES PROFESIONAIS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA TRADUCIÓN E DA INTERPRETACIÓN (AGPTI)

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

As características das prazas a cubrir cos integrantes da bolsa son:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

Fonética e fonoloxía da língua galega

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

ANUNCIO. Bases do Concurso de ideas para o deseño do logotipo conmemorativo do 800 aniversario do traslado de Betanzos

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

CIRCULAR 16/2017 (modificada)

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

Léxico e terminoloxía do galego

COAG ESTUDIO APLICACIÓN PARA O VISADO DIXITAL - MANUAL DE INSTALACIÓN E USO

Prácticas en Empresas A comercialización da investigación e a tecnoloxía Paises Ricos, Paises Pobres Resfarm: un proxecto Horizon 2020 sobre granxas

TRABALLO DE FIN DE GRAO

5.3. Tributación da transferencia da tecnoloxía: a fiscalidade e a sociedade do coñecemento como vía de saída da crise

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Boloña. Unha nova folla de ruta

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE GASTOS FARMACÉUTICOS 2016/2017

MEMORIA FINAL DO PROXECTO: MULLERES GALEGAS NA MARIÑA MERCANTE INVESTIGADOR RESPONSABLE:

plan estratéxico 2016 >> 2020

Consellería de Sanidade

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

Transcription:

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO Aprobado en Comisión Permanente 8 de Xuño de 2017 Esta guía pretende orientar o proceso de intercambio internacional e nacional na Escola Universitaria de Estudos Empresariais (EUEE) da Universidade de Vigo. PERSOAS SOLICITANTES Poden solicitar os programas de intercambio as e os estudantes que cursen 3.º ou 4.º do Grao en Comercio. No caso dos programas Erasmus e SICUE, o alumnado matriculado no Grao en Comercio poderá optar exclusivamente aos destinos ofertados para este centro. Calquera estudante que opte por cursar estudos de intercambio nun ou máis programas nacionais ou internacionais durante máis dun curso académico poderá obter o recoñecemento dun máximo de 108 créditos ECTS. A única excepción deste límite recollerase para os casos do dobre titulación en dous cursos consecutivos, se os convenios así o estipulan. CRITERIOS DE SELECCIÓN - O expediente académico. - Coñecementos acreditados da lingua do país de destino ou, no seu caso, da lingua en que se cursarán os estudos; ademais, teranse en conta os coñecementos doutras linguas estranxeiras. Para estes efectos, o Centro de Linguas convoca probas de idiomas para quen non teña correspondente acreditación do nivel. - Unha vez establecida a listaxe de prelación, con base nos criterios anteriores, reorganizarase de modo que terá preferencia quen superase os 60 créditos ECTS do primeiro curso. - Tamén se poderán considerar outros requisitos das universidades de destino. 1

PROCESO DE SELECCIÓN E ASIGNACIÓN DOS DESTINOS O proceso de selección dos destinos realizarase de modo presencial. As persoas solicitantes serán convocadas a unha reunión en que se asignarán as prazas por orde de prelación. Calquera estudante que non poida asistir á devandita reunión poderá designar mediante un escrito asinado e a copia do DNI a outra persoa como representante. No caso de que alguén non estea presente nin delegue noutra persoa, decae no seu dereito de elección do destino e só poderá optar ás prazas vacantes, se quedasen. Antes de elaborar a listaxe definitiva, que se comunica oficialmente á ORI, publicarase a listaxe provisional dos destinos asignados e estipularase un período para reclamacións. CONTRATO DE ESTUDOS E RECOÑECEMENTO Cando se confirmen as prazas, cada estudante elaborará e asinará un contrato de estudos 1 de acordo coa persoa responsable da subdirección ou da coordinación. Este documento permite incluír as materias da Universidade de Vigo e as do destino. Non se poderán incluír as seguintes: - As materias de 1.º ou 2.º curso do Grao en Comercio. - As materias suspensas ou cursadas con anterioridade ao desprazamento. Como norma xeral, e para garantir o compromiso da Universidade de Vigo e da EUEE cos programas de intercambio e mobilidade do estudantado, tanto nacionais como internacionais, aplicarase o recoñecemento de estudos en bloque. Para iso, o alumnado de intercambio deberá matricularse na Universidade de Vigo dun máximo de 60 créditos anuais ou 30 créditos cuadrimestrais correspondentes a 3.º ou 4.º curso. Nos centros de destino escollerán o mesmo número de créditos ECTS (ou a súa equivalencia) ao mesmo nivel de estudos na titulación que cursen, sempre que sexa posible. Nota: o recoñecemento dunha materia da universidade de destino por outra na Universidade de Vigo nos cursos anteriores non é garantía de que se manteña nos anos posteriores. Queda baixo o criterio da persoa responsable do contrato académico. 1 Un exemplo de contrato figura ao final desta normativa. 2

MATRÍCULA O alumnado indicará o seu carácter de intercambio na secretaría cando realice a matrícula. As materias que non figuren no contrato de estudos cursaranse na Universidade de Vigo. Ao remate do contrato de estudos en Xescampus, o alumnado debe imprimilo, asinalo e presentalo para que o asinen as persoas responsables da EUEE e da universidade de destino, respectivamente. Todos os estudantes deben presentar os contratos de estudos impresos desde Xescampus ante a persoa responsable para que o intercambio poida celebrarse antes do 30 de xuño. As e os estudantes teñen a obriga de matricularse na Universidade de Vigo das materias que figuran nos seus contratos de estudos como estudantes de intercambio. Aínda que Xescampus importa automaticamente as materias se o contrato de estudos está aceptado, o estudantado debe comprobar que está correcto e, no caso de diferenzas, deberá comunicarllo á secretaría do alumnado o máis axiña posible. MODIFICACIÓN DO CONTRATO DE ESTUDOS Unha vez no destino, cada estudante é responsable de cumprir os requisitos estipulados pola institución receptora (matrícula, asistencia á clase, realización das prácticas e traballos, superación dos exames, pago das taxas e outros conceptos, comportamento na residencia, actividades etc.) ata conseguir superar as materias incluídas no seu contrato de estudos ou realizar os cambios necesarios. Calquera modificación no contrato deberá consultala coa persoa responsable na EUEE, quen decidirá a validez da devandita modificación. O alumnado disporá dun mes desde o comezo das clases para que estude os cambios e solucione os problemas respecto da coincidencia das materias os mesmos días, as mesmas horas, as materias anuladas, as materias en distinto idioma do previsto etc., e presenten propostas alternativas. O alumnado afectado explicará os motivos dos posibles cambios e ademais enviaranse as propostas de cambio. A persoa responsable académica na EUEE poderá solicitarlle ao alumnado máis información (programas das materias, enderezo electrónico de contacto co profesorado estranxeiros, horarios, etc.). Despois de que obteña a evidencia necesaria, autorizará o cambio ou propoñerá alternativas. O alumnado deberá acatar estas alternativas ou elaborar novas propostas 3

ata que a persoa responsable as acepte. Unha vez aceptadas, a persoa responsable na EUEE dará de alta os cambios e cada estudante imprimirá e asinará de novo o contrato de estudos, ademais de solicitar as sinaturas de todas persoas responsables tanto en destino como en orixe. Os modelos de contrato de estudos das universidades de destino non serán válidos para os recoñecementos na Universidade de Vigo. Só Xescampus e Eramus aseguran que o suplemento europeo ao título sexa emitido correctamente. Logo de realizar os cambios, o estudantado deberá comprobar que todas as materias que figuran no contrato de estudos son as que realmente está a cursar. Este contrato de estudos será o definitivo. O alumnado debe custodiar o contrato de estudos e entregar o orixinal con todas as sinaturas ao finalizar a súa estancia de intercambio e antes de que se lle recoñezan os estudos. EXAMES E CUALIFICACIÓNS Ao rematar a estancia de cada estudante, a universidade de destino emite un certificado de notas orixinal que é o único documento que permite o recoñecemento de estudos. Cando a persoa responsable dispoña dos orixinais do contrato de estudos e do certificado de notas, comprobará que as materias coinciden en ambos os documentos. Toda materia que non coincida co contrato de estudos final non será recoñecida. No caso de non presentarse ao exames constará como «Non presentado/a» nunha materia na Universidade de Vigo, determinada pola subdirección ou pola persoa responsable, semellante en contidos e en carga de traballo. Do resto de materias realizarase unha media das notas da universidade de destino, cualificación que se concederá a todas as materias. De atoparse algunha materia do destino suspensa, se a media do resto de materias alcanza un 5 poderíase validar esta última. No caso de que a media das materias (suspensas e aprobadas) non permita alcanzar un 5 constará como suspensa unha materia na Universidade de Vigo, aproximada en contidos e carga de traballo coa de destino. Unha vez rematado o recoñecemento, enviarase toda a documentación á secretaría do alumnado, que lle dará entrada verificando o expediente de intercambio de cada estudante e incorporará ao seu expediente académico. 4

Se hai diverxencia entre as notas esperadas e as que figuran no certificado (transcript of records), cada estudante reclamaralle á universidade de destino ata que esta corrixa o certificado erróneo. Unha vez transcorrido un mes desde recibilo ou desde que se pechou a revisión considérase que o recoñecemento é válido. Debido a que o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (OAPEE) pode solicitar ao azar algúns destes expedientes para realizar as auditorías de calidade, todos os orixinais, tanto do contrato como do certificado de estudos, deben arquivarse no expediente académico da EUEE. 5

Modelo de contrato de estudos na secretaría virtual 6