DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Síntesis da programación didáctica

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Silencio! Estase a calcular

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

Sobre o uso de cara a / cara na norma galega

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Problema 1. A neta de Lola

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Estudos sobre. lingüístico no galego actual

UN NOVO INTENTO DE CLASIFICACIÓN DAS INTERFERENCIAS DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO, COA PERSPECTIVA DO ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO Ó FONDO

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

MESTURA E ALTERNANCIA DE CÓDIGOS EN GALICIA: SIGNIFICADO E PERCEPCIÓN SOCIAL. Bieito Silva Valdivia 1 ICE da Universidade de Santiago de Compostela

Soraya Domínguez Portela IES Pazo da Mercé

SINTAXE José M. García-Miguel e Carmen Cabeza (Universidade de Vigo)

ÍNDICE ARTIGOS RECENSIÓNS

Facultade de Fisioterapia

VOCAIS FINAIS EN GALEGO E EN PORTUGUÉS: UN ESTUDIO ACÚSTICO

Os antropónimos femininos no cancioneiro popular galego

Modelos matemáticos e substitución lingüística

Metodoloxía copyleft en educación

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

incidiu noutras linguas. Cadernos de Fraseoloxía Galega 12, 2010, ISSN

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

Estudo das colocacións a través da análise de corpus

A voltas coas contraccións: cun e con un

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

Revista Galega de Filoloxía, ISSN ,2006,7:

EVOLUCIÓN ESTRUCTURAL DUNHA VARIEDADE MINORITARIA EN CONTACTO: A CONFORMACIÓN DUNHA IDENTIDADE LINGÜÍSTICA DIFERENCIADA NO GALEGO URBANO

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Bibliografía. nos cinco formas en que puede ser sostenido: la tesis sincrética, el cuasicontextualismo,

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *

A MORFOLOXÍA VERBAL NA OBRA EN GALEGO DE MANUEL MURGUÍA Á LUZ DA DIALECTOLOX~A

María Beatriz Domínguez Oroña Instituto da Lingua Galega / Universidade de Santiago de Compostela

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Projections of time in Cara Inversa (Inverse Face) Laura López Fernández Univ. of Waikato NZ

Aproximación ó funcionamento do suxeito na construción dos verbos de movemento: comportamento prototípico e singularidades construtivas

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN Lengua extranjera: Inglés

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

TRASTORNOS DA LINGUAXE NOS NENOS CEGOS DE NACEMENTO

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

Ramón Mariño Paz Universidade de Santiago de Compostela (Galicia España)

the creation of the autonomous regions and the enactment of the Gali the status of the official language of the region and began to be taught in

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

ESTUDOS OBSERVACIONAIS

Este é o meu plano; quere axudarme a realizalo? Pero, naturalmente, vostede quere, aínda máis, debe axudarme. Franz Kafka, Na colonia penitenciaria

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

Apuntamentos sobre a lingua galega na empresa no século XX

Second Language Anxiety and Task Complexity

Trazos xerais da tradición gramatical galega

Recursos para a lingua

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CEIP DE CERVO 2014/15 PUCA QUERE SABER SOBRE

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Alba Lago Martínez Universidade da Coruña Recibido o 14/11/2013. Aceptado o 27/03/2014

AS INTERFERENCIAS NA FRASEOLOXÍA. María Álvarez de la Granja 1 Universidade de Santiago de Compostela

O PROBLEMA DO COÑECEMENTO

Paper Reference. Paper Reference(s) 4440/01 London Examinations IGCSE Spanish Paper 1: Listening

MÁIS SOBRE O ROTACISMO DE /S/ EN GALEGO Francisco Dubert García Universidade de Santiago de Compostela

BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 50 / 1º SEMESTRE (2017): pp / ISSN [Recibido, 9 marzo 2017; aceptado, 20 abril 2017]

Variación lingüística interxeracional na Illa de Ons (Bueu). Seseo

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través das páxinas da prensa galega. Análise do discurso mediático transmitido polos xornais galegos

Sobre a marcación diafásica das locucións en español

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

Problemas na orixe da alternancia dos alófonos dos fonemas /b d / 0. Introdución1 1. Distribución e descrición dos alófonos dos segmentos implicados

Evolución e cambios na normativa oficial do galego ( )

A performance en Rompente. Alberte Valverde

CADERNOS DE FRASEOLOXÍA GALEGA 15

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

Os alófonos de /b, d, g/ en galego

O PAPEL DA IDENTIDADE ÉTNICA E DA VITALIDADE ETNOLINGÜÍSTICA SUBXECTIVA (VES) NA CONFIGURACIÓN DA CONDUCTA LINGÜÍSTICA EN GALICIA

Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies Issue C. 2011

Indagacións sobre a produción do real: obxectos, procesos e relacións

Contra a morte das linguas: o caso do galego

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

1. Take today s notes 2. En silencio, sientate 3. Vamonos! In English, escribe about why time is important. Use the questions to prompt you.

Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquista: deseño e alimentación da base de datos 1

INFLUENTE OU INFLUÍNTE? PRESCRICIÓN E USO DA VOGAL TEMÁTICA VERBAL DA C-III NOS ADXECTIVOS EN -NTE NA LINGUA GALEGA*

UN TEST DE VOCABULARIO EN GALEGO (T-VOGAL) 1 A TEST ON VOCABULARY ITEMS WRITTEN IN GALICIAN LANGUAGE

Centro Ramón Piñeiro. para a Investigación en Humanidades I COLOQUIO GALEGO DE FRASEOLOXÍA (1997) Actas I.S.B.N.:

Fixación estrutural e desautomatización das locucións

Home-School Connection

Transcription:

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela http://dspace.usc.es/ Instituto da Lingua Galega Xulio Sousa Fernández (1994): O artigo cos nomes propios de persoa no galego moderno, en Ramón Lorenzo (ed.): Actas do XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas. Universidade de Santiago de Compostela, 1989. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, vol. VI, 309-316. You are free to copy, distribute and transmit the work under the following conditions: Attribution You must attribute the work in the manner specified by the author or licensor (but not in any way that suggests that they endorse you or your use of the work). Non commercial You may not use this work for commercial purposes. http://ilg.usc.es/

O artigo cos nomes propios de persoa no galego moderno Xulio César Sousa Fernández (Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela) Tentamos con esta comunicación facer unha pequena achega a unha cuestión que tradicionalmente foi obviada ou tratada superficialmente polos estudiosos do galego e daquelas linguas irmás nas que tamén atopámo-la concorrencia <lestes dous elementos. Ocuparémonos unicamente dos nomes propios de persoa ou nomes de pía e naquelas ocasións en que estes aparecen acompañados de artigos definidos na súa forma singular. Deixamos fóra da nosa atención os apelidos, alcumes e aqueloutros sintagmas con nomes propios en que o artigo aparece en plural. Introducción. O fenómeno da aparición do artigo definido co nome propio de persoa non é algo exclusivo do galego, este feito prodúcese noutras linguas románicas de xeito -similar e como nolo dan a coñece-las súas gramáticas ou os estudios particulares realizados xa ben sobre o nome propio ou sobre os usos do artigo. Con frecuencia, e excepto en linguas como o catalán para o que a norma recolle como preceptivo o uso de artigo definido cos nomes propios persoais, os gramáticos e estudiosos analizan frivolamente esta cuestión argumentando que o emprego de artigo nestes casos se aparta da norma e é propio de rexistros vulgares ou de determinadas zonas dialectais (Álvarez, 1986, p. 119; Alarcos, 1967, p. 23; Lapa, 1977, p. 120; Cunha, 1987, p. 227; Renzi, 1976, p. 17). O deixar arredado este uso da ortodoxia gramatical simplifica ou anula as explicacións que se habían dar do problema. Así atopamos que sendo un fenómeno que aparece con distinta frecuencia nalgunhas linguas románicas, a explicación que se lle dá coincide esencialmente en tódolos estudios que nós consultamos. Isto indica a falta de atención que os investigadores lle prestaron e a case total inexistencia de análises serias que reparasen neste feíto gramatical1.

310 Xulio César Sousa Femández O artigo cos nomes propios de persoa no galega moderno 311 A coincidencia no tratamento e na análise desta cuestión débese a que a explicaci_ón que se lle veu dando ó problema foi herdada sen reparo duns estudiosos a outros e entre os distintos idiomas románicos. As gramáticas e estudios gramaticais franceses, galegos, españois, italianos e portugueses coinciden na abordaxe e uns repiten o dito polos outros afirmando que nestes casos en que atopamos artigo con nome propio -remarcando sempre que se trata dun feito que se encontra fóra da norma e propio de rexistros vulgares ou dialectais- o artigo adoita engadir un matiz de afectividade cara á persoa indicada polo nome propio, e en ocasións este matiz faise despectivo ou pexorativo (Álvarez Blanco, 1986, p. 145; Álvarez, 1989, p. 102; Renzi, 1976, p. 17; Lapa 1977, pp. 120-121). Esta explicación pode ser válida para dar conta daqueles casos en que na lingua literaria aparecen usos de artigo con nome propio de persoa para arremeda-la fala vulgar ou tamén cando na fala coloquial o uso do artigo é opcional (Renzi, 1976, p. 17). Agora ben, cando a aparición do artigo co nome propio é norma na fala dun dominio lingüístico ou nunha área dialectal determinada, esta interpretación non pode ser aceptada como correcta. Se a norma é a presencia constante do artigo non podemos argumentar que a función deste sexa darlle un valor afectivo ou pexorativo ó nome propio, xa que daquela estaríamos a afirmar que sempre que un falante desa lingua ou variante dialectal emprega un nome propio faino expresando cariño ou menosprecio para a persoa referida. Cómpre analiza-los casos de concorrencia e comproba-lo valor ou a función que pode te-lo elemento determinador naqueles contextos en que aparece acompañando o nome propio. Revisaremos primeiro as características xerais <lestes dous elementos e despois tentaremos aborda-lo problema dentro do galego. Artigo e nome propio. Nas análises e comparacións das particularidades do nome propio fronte ó común destácase o rexeitamento do primeiro de todo tipo de determinación (López García, 1985, p. 39), e de xeito máis específico clise que o nome propio se caracteriza sintagmaticamente pola ausencia de artigo2 (Kurjlowicz, 1966, p. 365). Amais engádeselle o feíto de que o nome propio se distingue do común por denotar realidades individuais ou singulares, é dicir, designa un referente único e coñecido polo que non precisa presentación. O artigo, pola súa banda, acostuma desempeñar unha serie de funcións ó acompaña-lo nome común que o nome propio palas súas características semella non precisar. Alarcos nun estudio sobre as funcións e valores do artigo en español (Alarcos, 1967, p. 23) nega a posibilidad e de variación no nome propio entre formas con artigo e formas sen artigo e di que o nome propio de seu ten valores que o artigo lle outorga ó nome común. "Puede pensar.s e" conclúe "que el papel del artículo consiste en trasponer los nombres comunes a la categoría de nombres propios" (Alarcos, 1967, p. 23). Todas estas teorizacións son feitas ó abeiro dunha norma aceptada tacitamente pola que só se dan como preceptivos os empregos de nome propio sen artigo, tódolos usos que se aparten <leste considéranse vulgaridades dialectais ou de estilo. Xa que logo, entre as particularidades do nome propio non poderá entrar nunca a de ser un elemento con posibilidade de combinación cun artigo definido. Tendo en conta as características dos dous elementos que entran en xogo na construcción que estamos a analizar, podíamos en principio nega -la posibilidade de compatibilidade entre eles, xa que se o nome propio designa un individuo único e coñecido (Renzi, 1976, p. 17; Kurylowicz, 1966, p. 362), non precisa de ningún presentador ou determinante, e se este aparece só cabe interpretalo coma un "feito de redundancia" (Renzi, 1976, p. 17). O artigo con nome propio de persoa en galego. A tradición gramatical galega, nacida a mediados do século pasado e fortemente influenciada pola española, non deu conta ata hai ben pouco da situación real <leste idioma repecto do problema que nos ocupa, e nin sequera os estudios dialectais constataron a existencia dunha ampla zona na que a construcción artigo definido con nome propio de persoa é preceptiva. Soamente na gramática galega máis recente se afirma que "en galego coma noutras linguas os nomes propios aparecen precedidos de artigo" (Álvarez Blanco, 1986, p. 144). Así e todo no tratamento dado nesta mesma obra ós nomes propios de persoa déixase senti-lo peso da tradición gramatical á que antes fixemos referencia e, aínda que non se fale de vulgarismo nin de dialectalismo, asegúrase que o artigo engade ó nome propio unhas veces un certo ton de familiaridade e outras un matiz de desprecio ou falta de cortesía. Ata o momento a análise máis ampla e detallada sobre o problema atopámola nunha tese de licenciatura inédita titulada O artigo: funcións, valores e usos, obra da profesora Hermida Gulías (Hermida, 1986). Nun dos seus apartados (Hermida, 1986, pp. 188-206) ocúpase do emprego do artigo co nome propio de persoa e fundamenta o seu estudio en exemplos de textos dialectais e datos tirados das enquisas do Atlas Lingüístico Galego3 Despois dunha primeira análise conclúe que na área lingüística galega se poden distinguir dúas zonas atendendo á aparición do artigo co nome

312 Xulio César Sousa Fernández O a1tigo cos 11omes propios de persoa 110 galega moderno 313 propio de persoa: unha onde o emprego é preceptivo e outra onde o artigo non aparece nunca ou o seu uso é opcional. Dentro da primeira área, que é a que a nós nos interesa, encontramos dous contextos nos que o artigo definido nunca se presenta: a) Cando o nome propio é un vocativo: Celsa, ven aquí e dime como se f ai isto4 b) Naqueles casos en que o nome propio non fai referencia a un individuo concreto, senón que se emprega no seu sentido xenérico5: Adrián éche un nome ben bonito para home, en que Adrián non se refire a unha determinada persoa senón ó nome de pía. Dentro <leste segundo grupo debemos incluí-los casos en que o nome propio é un implemento de verbos como chamar, quedar, poñer, etc.6, cos que o nome propio está tamén empregado no seu sentido xenérico: Puxéronlle Xela por causa da súa avoa. Chámanlle Roberto pero el é Alberto. Quedoulle Maruxa e aínda lle chaman así. No resto das concorrencias en que atopamos nome propio a aparición ou non do artigo dependerá da área dialectal da que se trate; nunha será norma e noutra simplemente unha opción (Hermida, 1986, p. 193)7. A función do artigo. Como sinalamos anteriormente, a repetida teoría de que o artigo engade un matiz despectivo ou de familiaridade cando acompaña o nome propio non é aceptable no caso que nos ocupa. Esta explicación só cabe a posibilidade de que sexa válida cando o emprego é opcional, pero non se este é unha constante. Cómpre logo buscar outra interpretación que poida dar conta do valor e función do artigo nestas construccións. Renzi, dubidando que a teoría estilística sexa válida en tódolos casos de aparición do artigo (Renzi, 1976, p. 17), emprega o concepto da dobre determinación. O nome propio considérase que xa está de seu suficientemente determinado, polo tanto o emprego do artigo é redundante. Cando Hermida intenta busca-lo porqué da presencia do artigo, e despois de nega-la existencia de razóns funcionais que esixan o seu cmprego, dirixe as súas reflexións á procura da orixe <leste sintagma. Segundo ela a construcción con artigo é innovadora, non atopamos exemplos no galcgo medieval (Fernández, 1971, pp. 68-74), e procede dun movemento de nivelación. analóxica das estructuras clausais. A finalidade <leste movemento sería a igualación das cláusulas con nome propio con aquelas constituídas por nomes comúns, a diferencia entre as dúas estaba na falta de artigo das primeiras; ó engadir este elemento ó nome propio quedaban os dous sintagmas equilibrados (Art. - Nome común / propio - Verbo - Complementos). Esta interpretación podemos considera-la válida para aclara-la orixe do sintagma e existen unha serie de argumentos que a avalan. O máis sólido é o feito de que a frecuencia de aparición do artigo varía segundo o nome propio encabece ou non un enunciado8; a presencia do artigo é maior no primeiro caso ca no segundo. Así e todo, esta explicación da orixe non resulta incompatible coa posible existencia dalgunha función do artigo nos casos en que aparece. Amais, esta interpretación non ten en conta nin xustifica os dous contextos en que o artigo non concorre no sintagma. Precisamos analizar se dentro desta área en que a presencia do artigo é norma podemos detectar algunha función neste elemento que distinga os casos de aparición dos de ausencia. Como describimos con anterioridade, os casos en que non atopamos artigo con nome propio son unicamente dous: cando o nome propio é vocativo e cando aparece empregado no seu valor xenérico (refircse a un nome en abstracto e non a unha persoa en particular). Co vocativo o comportamento do nome propio segue o doutros elementos no esmo contexto, os posesivos en vocativos aparecen tamén sen artigo (Alvarez Blanco, 1986, p. 152). Algo ben distinto ocorre no outro caso de non aparición do artigo, os motivos non residen na estructura entoativa senón que están relacionados co sentido en que é empregado o nome propio. Este non designa un ser particular e individualizado senón que está empregado de xeito xcnérico. O nome propio non responde á maioría das características que se lle adoitan atribuír: identificar sen ambigüidade, individualizar, etc. (Kurjlowicz, 1966, pp. 362-363; López, 1985, pp. 39-40; Kleiber, 1981, pp. 326-329). O enunciado (1) Antonio é máis bonito ca Manuel, na zona dialectal na que o artigo non é norma conlevaría ambigüidade, pois podiamos entender de <lúas maneiras: a) que o no me Antonio é máis bonito có nome Manuel, b) que a persoa que ten por nome Antonio ten cualidades fisicas que a fan máis fermosa ca outra chamada Manuel.

314 Xulio César Sousa Fernández O artigo cos nomes propios de persoa no galega moderno 315 Sen embargo na área dialectal na que o fenómeno que estamos a analizar é unha constante, esta ambigüidade quedaría resolla coa aparición do artigo. Así o enunciado (1) só sería entendido no sentido a), mentres que para manifesta-lo significado de b) se empregaría o enunciado (2) O Antonio é máis bonito có Manuel. Mediante o artigo distínguense os dous valores do nome propio. Na súa ausencia o nome propio ten un significado xenérico e cando o artigo aparece acompañándoo, individualízao e determínao. O nome propio aparece concretado e particularizado. Non ten logo o artigo unha función redundante senón que distingue con claridade os dous sentidos en se pode entende-lo nome propio. O artigo nestes casos está a desempeñar unha función semellante á que realiza cos nomes comúns, diferencia os dous sentidos do nome, está a facer unha restricción sobre a extensión na que se pode entende-io nome. O artigo fai que o nome propio pase de ser un nome clasificador a un nome identificador (Alarcos, 1967, p. 24).. A miña proposta de análise do fenómeno ten as súas limitacións xa que só é aplicable para explica-la presencia do artigo naquela zona dialectal en que o emprego <leste co nome propio é norma. Será preciso amplia -lo estudio e comprobar se na outra zona o uso do artigo é un resto dun estadio anterior en que o elemento era preceptivo ou se o emprego está rexído por algunha outra causa. Tamén achegaría máis datos clarificadores o coñecemento da distribución dialectal dos usos do artigo cos nomes dos días da semana, xa que estes parecen presentar un comportamento semellante ó dos nomes propios de persoa. BIBLIOGRAFíA Alarcos Llorach, E., "El artículo en español", en To Honor R. Jakobson, The Hague, Mouton, 1 967. Alcina Franch, J. / Blecua, J. M., Gramática española, Barcelona, Ariel. 1988. Á lvarez, R./ Regueira, X. L./ Monteagudo, H., Gramática galega, Vigo, Galaxia, 1986. Á lvarez Martínez, El artículo como entidad funcional en el español de hoy, Madrid, Gredas, Cegalla, D. Paschoal, Novíssima Gramática da língua portuguesa, Sáo Paulo, Companhia Editora Nacional, 1985. Clarinval, B., "Essai sur le süi tut linguistique du nom prope", en Cahiers de Lexicologie 11, 1967. Coseriu, E., "Determinación y entorno", en Teoría del lenguaje y lingüística general, Madrid, Ed. Gredas, 1969. Cunha, C./ Cintra, L., Nova gramática do portugues contemporaneo, Lisboa, Edi ;oes joi.ío Sá da Costa, 1987. Dubois, J., Grammaire slrn.clurale du frmu;ais: nom et prenom, Par is, Larousse, 1965. Dubois, J./ Lagane, René, La nouvelle grammaire du franfais, Paris, Larousse, 1973. Dubois, J. e outros, Diccionario de Lingüística, Madrid, Alianza Editorial, 1979. Fernández Jiménez, Mª. J., Estudio histórico del articulo gallego, Tese de licenciatura, Univcrsidade de Santiago de Compostela, 1971. Inédita. Hcrmida Gulías, C., O artigo: funcións, valores e wos, Tese de licenciatura, Santiago de Compostela, I 986. Inédita. Kleiber, G., Problemes de référence: descriptions définies el rwms propes, Centre d'analyse Syntax.ique de l'université de Metz, 1981. Kurylowicz, J., "La position linguistique du nom prope", en E. P. Hamp, F. W. Houselder e R. Austerlitz (eds.), Reading in Linguistics, Il, Chicago, University of Chicago Press, 1966. Lapa, M. Rodrigues, Estilística da Língua Portuguesa, Coimbra Editora, 1977. López García, A, "Lo propio del nombre propio", en Lingüística Española Actual VII, 1985. Lugrís Freire, M., Gramática do idioma galega, 2ª edición correx.ida e aumentada, A Cruña,. Imprenta Moret, 1931. Marbá, J., Curs superior de gramalica catalana, Barcelona, Barcino, 1985. Mirás, F., Gramática, Madrid, 1978, Ak.al Editor (facsímil da edición de 1864). Renzi, L., "Grammatica e storia dell'articolo italiano", en Studi di Grammatica Italiana 5, 1976. Saco Arce, Juan A, Gramática gallega, Lugo, Imprenta Soto Freire, 1868. Sorensen, H. S., The rneaning of Proper Narnes, Copenhague, G. E. C. Gad Publisher, 1963. Trujillo, R., "La cuestión del artículo en español", Verba 14, 1987. Vázquez Cuesta, P. / da Luz, M. A Mendcs, Gramática da lingua portuguesa, Lisboa, Edi oes 70, 1971. Veny, J., Jntroducció a la dialectología catalana, Barcelona, Enciclopedia Catalana, 1985. 1986. Branco, J. Gomes / Martins, Felisberto, Gramática portuguesa elementar (1 ciclo do ensino liceal), Lisboa, Empresa Literária Fluminense, 1963. Burge, T., "Reference and Proper Names", enjournal of Philosophy 70, 1973. Cimara Jr., J. Mattoso, Princípios de lingüística geral, Rio de Janeiro, 1942. Carballo Calero, R., Gramática elemental del gallego común, Vigo, Galaxia, 1979.

316 Xulio César Sousa Femández NOTAS l. Un caso paradigmático é o do portugués peninsular. Os estudiosos desta lingua, anque afirman que en portugués "os nomes próprios de pessoas (de baptismo e de família) náo levam Artigo" (Cunha, 1987, p. 226; Lapa, 1977, p. 82), anotan que a construcción de nome propio sen artigo só é posible na "linguagem escrita" (Cunha, 1987, p. 227). 2. Kleiber, 1981, p. 300, xa afirma a caducidadc da definición de nome propio como nome sen determinante e propón unha definición non sintagmática senón semántica e pragmática. 3. Cuestionario do Atlas Lingüístico Galego, preguntas 477 (Os bens do Miguel), 490 (Xan é o noso veciño) e 402 (A Miguel collérono preso). 4. Os exemplos son da miña autoría. 5. A miña clasificación é diferente da feíta por Hermida. Esta autora distingue por un lado o caso dos vocativos e por outro o dos implementos (Hermida, 1986, p. 189). Considero que este segundo grupo é máis amplo xa que non só entran ne! os implementos scnón todos aqueles casos en que o nome propio ten un significado xenérico. 6. Quedan fóra aqueles casos en que o nome propio como implemento aparece adxectivado (Hcrmida, 1986, p. 189). 7. Como sinalamos ó principio desta comunicación, só nos estamos a ocupar do sintagma artigo determinado singular e nome propio. Aqueles contextos en que o nome propio aparece adxectivado presentan un comportamento particular dependente non só do elemento adxectivo senón tamén da zona dialectal da que se "trate. 8. Son de interese os mapas que acompañan o capítulo referido da obra da profesora Hermida (Hermida, 1986, pp. 192, 200 e 201 ).