Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

Similar documents
COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Silencio! Estase a calcular

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Síntesis da programación didáctica

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADE E SAÚDE

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

O Software Libre nas Empresas de Galicia

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

Plan Estratéxico

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

Mulleres colleiteiras e alumnado de Educación Social: unha experiencia de aprendizaje e servizo

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

plan estratéxico 2016 >> 2020

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

CENTRO DE DÍA DE MUROS: CARACTERÍSTICAS DOS SEUS USUARIOS E PAPEL DO TERAPEUTA OCUPACIONAL. NECESIDADES E PROPOSTA DE INTERVENCIÓN

TRAXECTORIAS E RETOS

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Os proxectos na Educación Infantil. Análise dunha experiencia sobre os dinosauros

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Problema 1. A neta de Lola

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

NOME DO CENTRO: IES CANIDO CURSO ESCOLAR: 2016/2017 INGLÉS 1º ESO

Facultade de Fisioterapia

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

Programación Percusión

Uso da videoconsola Wii para a capacitación para a vida independente dende a perspectiva da Terapia Ocupacional

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

1. Introducción e obxectivos do documento 1.1 Introducción Estrutura do informe Unha visión colaborativa 8

Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

MEDIACIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Bernández Peña, Rosana Bouzo González, Sonia

Programación Proxecto empresarial

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

I. PRESENTACIÓN. 1. Administración e recursos humanos

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

LLP PT-KA3-KA3MP. ecity Guías Pedagóxicas

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

RECURSOS E INSTRUMENTOS

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ÁREA DE INGLÉS

A avaliación formativa: un desafío para o ensino universitario

III MEMORIA SOCIAL CLECE

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Eficacia dun programa de Terapia Ocupacional domiciliaria

ISABEL FERNÁDEZ DOMÍNGUEZ E Mª ANTONIA LÓPEZ PÉREZ. Parque Natural Cantanhez (Guiné-Bissau) 108 ambientalmentesustentable, 2015, (I), 19

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Guía didáctica TODO É PERCUSIÓN

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

ORIENTACIÓN E RESPOSTAS EDUCATIVAS. Alumnado con trastornos da aprendizaxe

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

ENVELLECEMENTO, AUTISMO E CALIDADE DE VIDA AUTISMO GALIZA ANO EUROPEO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

IMAXES DO PATRIMONIO CULTURAL PARA TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

QUINTO CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA OBRIGATORIA

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

EDUCACIÓN INFANTIL PROGRAMACIÓN DE CICLO CENTRO: CEIP Mª PITA CURSO: Páxina 1

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais

TRABALLO DE FIN DE GRAO

CADERNOS DE PSICOLOXÍA. SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos

Probas de validación de Críticos de Arte Artificiais.

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

A comunicación externa nas organizacións

Transcription:

1

Esta me moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas) María del Carmen Vilas Miramontes (Traballadora social Cruz Vermella) Beatriz Sixto Solar, traballadora social do PASS Fontiñas (Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela). María Jesús Viqueira Perez, traballadora social do PASS Fontiñas (Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela). Margarita Vázquez Teo; educadora social do PASS Fontiñas (Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela). 2

Índice Páxs. *Presentación 5 1. O proxecto Medrando cos nosos maiores estaba fundamentado en 6 2. E co proxecto pretendíase acadar os seguintes obxectivos 10 3. O desenvolvemento do proxecto 12 3.1.- O inicio 13 3.2.- A fase PRE 14 3.2.1.- A organización 14 3.2.2.- A difusión do proxecto 15 4.3.- A fase DURANTE 15 4. A avaliación de resultados 17 4.1.- Como se fixo a avaliación? 18 4.2.- Avaliación cuantitativa 20 4.3.- Avaliación cualitativa 21 4.4.- Grao de consecución de obxectivos 23 4.5.- Suxestións para vindeiras edicións 25 5. A modo de resume 31 5.1.- A actividade en imaxes 27 5.2.- Os soportes documentais 32 3

24 de maio as 17:00 no salón de actos do IES Antonio Fraguas obra de teatro Universos de Lectura 4

Presentación Dando un paso máis nas intervencións comunitarias, dende o centro de saúde de Fontiñas, Cruz Vermella e o Punto de Atención de Servizos Sociais de Fontiñas (pertencente aos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela), decidimos aunar esforzos para deseñar e implementar o proxecto Medrando cos nosos maiores. O fin que se persegue é...mellorar a calidade de vida das personas maiores promovendo accións que favorezan un envellecemento activo. A través do coidado da saúde pretendemos conseguir que o colectivo de maiores teña un importante e imprescindible valor para a sociedade a través da planificación de accións que teñen como fin mellorar a calidade de vida, favorecendo as súas oportunidades de desenvolvemento para unha vida saudable, participativa e segura. Consideramos que o deseño destas accións son unha ferramenta básica para continuar co proceso de crecemento persoal, e isto é o que se pretende:... acadar unha eficiente utilización de todos os recursos existentes no barrio... fomentar a participación e vinculación social dos maiores co seu entorno máis próximo... facilitar ferramentas que potencien as capacidades e habilidades persoais que lles permitan adaptarse os novos retos vitais e desenvolverse na súa vida cotiá... E, por último, lembrar que existe un claro compromiso do Concello de Santiago de Compostela con tódalas accións encamiñadas ao benestar dos nosos maiores do municipio. Vexamos nas seguintes páxinas o desenvolvemento do proxecto 5

Nos últimos anos o barrio das Fontiñas caracterizouse polo inicio dun percorrido dentro da dinamización en rede comunitaria, a través do seu Plan de Desenvolvemento Comunitario. O mesmo naceu coa finalidade de incrementar o benestar de todos os 6

colectivos que residen nesta zona, promovendo a súa inclusión social e a participación activa dentro da súa comunidade. Neste senso, teñen e tiveron cabida varios programas e proxectos que seguen este fío condutor da mellora social. E, en consecuencia, impleméntase un traballo integral a nivel comunitario, baseado na intervención conxunta, en rede, respectando as características de cada servizo, pero buscando ao mesmo tempo as sinerxias e os puntos de encontro que permitan buscar obxectivos comúns e compartir estratexias de traballo: En que consiste a intervención comunitaria en Fontiñas? 2.- Manter 1.- Const ruir 7.- Dende un enfoque interinstitucional e interdisciplinar TRABALLO SOCIAL COMUNITARIO Concienciación Organización Movilización 3.- Grupos de traballo estables 4.- Arredor do deseño e implementación 6.- Baseadas no estudo da realidade social 5.- De estratexias de acción Fonte: III Diagnostico Comunitario. UTS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios), xullo 2015. Non hai que esquecer que os fins da intervención comunitaria non deben ser exclusivamente asistencialistas (si ben hai que traballar para a cobertura das necesidades básicas da cidadanía), senón que debe dar un paso adiante, incidindo na prevención, como veremos máis adiante, e na integración no contorno comunitario (non dende a asimilación 7

senón dende a pertenza a un barrio, dende a convivencia positiva da súa veciñanza, respectando as diferenzas de cada quen). En vintedous anos de existencia, as características sociais do barrio experimentaron notables cambios. Segue tendo unha pirámidade poboacional xove (aínda que menos), na que o reemplazo xeracional está garantizado, pero o colectivo de persoas maiores irrumpe con forza no espectro social. Voltamos a reiterar que as condicións xeográficas do barrio e a configuración urbanística son as que condicionaron e seguen condicionando a realidade social; Fontiñas caracterízase pola súa accesibilidade; aínda que todo é susceptible de melloras, si se pode afirmar que un dos barrios que reúne elementos e factores para facilitar a vida de calquera persoa que presente limitacións ou dificultades de mobilidade; así, por poñer un exemplo, podemos suliñar que tódolos seus edificios contan co servizo de ascensor (si ben, en moitos casos, as dimensións do mesmo, debería ser un pouco superior para facilitar o seu uso a persoas con mobilidade reducida). Partindo do expresado no párrafo anterior o colectivo dos maiores do barrio está a experimentar un notable crecemento. A fundamentación deste proxecto, radica principalmente nun enfoque preventivo e enmarcaríase nas seguintes liñas de intervención: Liña nº 4 do III Diagnóstico Comunitario: Activar proceso de solidariedade social. Liña nº 15 do III Diagnóstico Comunitario: Activación do voluntariado social. Liña nº 11 do III Diagnóstico Comunitario: Actividades de convivencia comunitaria. O envellecemento activo é, sen dúbida, un factor que contribúe directamente ao mantemento da capacidade funcional dos individuos, con todas as vantaxes que isto entraña, tanto a nivel persoal como a nivel familiar e social. Fomentar un este proceso supón retrasar, incluso evitar, as situacións de discapacidade e dependencia. Aínda que se promovan principalmente actuacións vinculadas ás liñas de traballo anteriores, os obxectivos principias diríxense á totalidade da poboación, tratando de 8

favorecer a integración social de todas as persoas. A actuación comunitaria é unha estratexia metodolóxica que busca coordinar a todos os colectivos que forman a comunidade, ademais de acadar o seu compromiso e implicación para que, entre todos, se poidan realizar aportacións que conducen a un claro incremento do benestar social. A Intervención Socioeducativa e a Participación Social, son unha peza máis do puzzle que conforman as estratexias de promoción do Envellecemento Activo e Saudable. Individuo = axente activo no seu proceso de envellecemento Nunca é tarde para cambiar hábitos 9

10

Xeral: Promover hábitos socialmente saudables (aquelas condutas ou pautas de acción levadas a cabo pola persoa maior, orientadas de maneira principal a manter, desenvolver e potenciar as súas redes de apoio social), así como o establecemento de novos comportamentos potencialmente exitosos. Mellorar a calidade de vida da poboación maior do barrio. Optimizar as destrezas, capacidades e habilidades persoais que permitan o máximo grao de autonomía. Mellorar o equilibrio persoal do individuo previndo posibles problemas de afastamento e soidade. Desenvolver unha atención integral á poboación e, en especial, aos sectores mais vulnerables. Específicos: Xerar no barrio de As Fontiñas procesos de participación comunitaria centrado este proxecto na participación das persoas maiores Promover espazos de convivencia entre mozos e mozas e os maiores. a) Actividade sobre a saúde: Concienciar sobre o uso racional de medicacións, adherencia terapéutica e das consecuencias que poden ter este tipo de accións sobre a saúde. Tratamentos de obrigado cumprimento. Realizar un adecuado almacenaxe da medicación. Información sobre puntos de reciclaxe da medicación. Outros... b) Actividade sobre as tecnoloxías da comunicación: Incrementar as competencias nas novas tecnoloxías. Comprender os mecanismos básicos do teléfono móbil: encender, apagar, chamar, crear contactos de emerxencia, coñecer o número de emerxencia, etc. Resolver dúbidas, previas a actividade como posteriores á mesma. Fomentar a súa utilización na vida cotiá. Fomentar a autonomía e promover unha maior integración na sociedade mediante a utilización das TIC. 11

12

III.1.- O INICIO Dentro da comisión de maiores quíxose dar resposta a unha serie de necesidades e problemáticas detectadas polos profesionais das distintas entidades e institucións do barrio que traballan con este sector. Para elo foron deseñadas e impartidas actividades que abarcaban distintas áreas (saúde, tecnoloxía, grupos interxeneracionais, coñecemento doutras organizacións... enmarcadas dentro dun novo proxecto denominado Medrando cos nosos maiores. A idea inicial de deseñar e levar a cabo de novo o presente proxecto xurdiu nunha xuntanza de barrio, promovida a iniciativa da traballadora social de saúde especialmente preocupada polos nosos maiores. A súa dilatada experiencia profesional xunto coa información obtida da coordinación cos facultativos da saúde, referidas a este colectivo, xeran numerosas demandas tanto sentidas como percibidas. Para dar resposta a estas, decidiuse convocar a Comisión de Maiores da cal participan as entidades do barrio que traballan directa ou indirectamente cos nosos maiores. Desta xuntanza xorde a iniciativa de realización dun proxecto específico que dera resposta as necesidades sentidas con este colectivo vinculadas coa saúde e as novas tecnoloxías. As actuacións que se valorou implementar foron as seguintes: 1. Charla-Colóquio : USO RACIONAL DA MEDICACIÓN a cargo de Mª Mar Ferro Soto (Farmacéutica C.S Fontiñas), Dolores Montiel Carracedo (Médico C.S Fontiñas), Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social C. S Fontiñas) e Fernando Rodríguez Gerpe (ATS). O deseño desta actividade responde as necesidade sentidas/ percibidas dende o sistema de saúde en canto o mal uso que se estaba realizar por parte dos nosos maiores coa administración de medicamentos, almacenaxes destes, uso de medicamentos xenéricos así como as confusión existente en canto a etiquetaxe destes. 2. Actividade práctica sobre o USO DA TELEFONÍA MÓBIL a cargo do alumnado en prácticas da USC, Facultade de Ciencias da Educación, técnicas do PASS Fontiñas e traballador social de Saúde de Fontiñas. 13

Esta actividade responde a demanda que fan os maiores dunha atención mais personalizade para aprender o uso e manexo dos móbiles. Posteriormente e logo de coñecer a boa acollida das accións deseñadas, dende o IES Antonio Fraguas, e en concreto a súa orientadora, propón que se realice unha actividade conxunta co seu alumnado aproveitando a Aula de Teatro existente no centro educativo. O IES Antonio Fraguas organiza a primeira edición do Festival Galego de Teatro Escolar, trala incorporación de Santiago por primeira vez ao Circuíto Galego de Teatro Escolar. A calidade do grupo de teatro así como os contidos abordados na obra : Universos de Lectura permiten crear un espazo de encontro e reflexión enriquecedor para ambos colectivos. 3. Obra de Teatro : Universos de Lectura aproveitando a Aula de Teatro existente no centro educativo. III.2.- A FASE PRE III.2.1.- A organización. Para concretar esta idea procedeuse a unha distribución de funcións : Elaboración do proxecto: a cargo da traballadora social do centro de saúde de Fontiñas, traballadora social de Cruz Vermella e as técnicas do PASS Fontiñas: traballadoras sociais e educadora social (pertencentes aos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela). Contacto cos profesionais do ámbito da saúde: a cargo da traballadora social do centro de saúde de Fontiñas, Xestión dos espazos e equipamentos: o Técnicas do PASS Fontiñas. Cartel para a difusión: elaborado pola pai dunha alumna en prácticas da USC de Santiago do grao de Pedagoxia, Don Andrés Pérez Dorado. Deseño da folla de avaliación a cargo da traballadora social de Cruz Vermella e das técnicas do PASS Fontiñas. Pasar enquisas de avaliación a cargo da traballadora social de Cruz Vermella. 14

Financiación do proxecto, a cargo do Proxecto comunitario: Mercadillo Solidario. Elaboración da memoria: a cargo da traballadora social do centro de saúde de Fontiñas, traballadora social de Cruz Vermella e as técnicas do PASS Fontiñas: traballadoras sociais e educadora social (pertencentes aos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela). III.2.2.- A difusión do proxecto. 1) Difusión a través da rede telemática que engloba rede comunitaria na que se atopa a de Fontiñas (www.compostelaintegra.gal). 2) Pegada de carteis anunciando as activade no C.S.C. das Fontiñas nos espazos e actividades nas que participan os maiores. 3) A traballadora social de Cruz Vermella, entregou cartas aos participantes nas actividades de maiores que acoden a súa entidade, facendo ao tempo un chamamento individual da promoción da asistencia. 4) A traballadora social do centro de saúde de Fontiñas publicitou a actividade a través de carteis no seu centro. 5) Dende Caritas parroquial e o propio párroco ( Don Ricardo) queden en difundir estas accións entre o seus usuarios. III.3.- A FASE DURANTE A implementación deste proxecto concretouse en: Táboa nº 1: Actividades do Proxecto Medrando cos nosos maiores. ACTIVIDADES DATAS LUGAR DE IMPLEMENTACIÓN DESTINATARIOS Maiores que participan das Charla-Colóquio : USO RACIONAL DA MEDICACIÓN 7 de marzo de 2018, de 10:00 a 12.00 C.S.C. das Fontiñas actividades da entidades do barrio das Fontiñas Técnicos das entidades da rede comunitaria do barrio de Fontiñas. 15

Maiores que participan das 14 de marzo de Actividade práctica C.S.C. das actividades da entidades do 2018, de 10:00 USO DA TELEFONÍA Fontiñas barrio das Fontiñas a 12.00 MÓBIL Maiores que participan das actividades da entidades do barrio das Fontiñas 24 de maio de I.E.S. Obra de Teatro: Técnicos das entidades da 2018, de 17:00 Antonio Universos de Lectura rede comunitaria do barrio de a 19.00 Fraguas Fontiñas. Alumnado do IES Antonio Fraguas Fonte: Datos extraídos do cómputo de asistentes e profesionais participantes: PASS Fontiñas, Cruz Vermella e Centro de saúde das Fontiñas. 16

17

IV.1.- COMO SE FIXO A AVALIACIÓN? Unha vez mais, en consonancia coa outros proxectos comunitarios xa realizados, se considera de especial relevancia a realización dunha avaliación participativa, que é sinónimo de risco e é básica para plantexar, no futuro, outras accións que sexan de interese para a comunidade. A metodoloxía para a realización de avaliación foi basicamente a seguinte: a) Realizouse unha avaliación inicial do contexto xeográfico e social no que se desenvolve o proxecto. É contextualizado na realidade social e territorial do barrio de Fontiñas; realízase así unha descrición da súa realidade social, en canto a número de habitantes, estruturación por colectivos de idade, movementos poboacionais, condicións de vivenda, diversidade cultural e socioeconómica dos seus habitantes e as principais problemáticas sociais que imperan na zona. Vincúlase o proxecto co III Diagnóstico Social 1, elaborado no ano 2015 cun enfoque comunitario, tendo en conta a mencionada realidade social e o aproveitamento da potencialidade e da oportunidade 2 derivada dunha intervención comunitaria consolidada e estable no tempo. Así, é relacionado con dúas liñas de intervención que se consideran básicas na zona: Liña nº 4 do III Diagnóstico Comunitario: Activar proceso de solidariedade social. Liña nº 15 do III Diagnóstico Comunitario: Activación do voluntariado social. Liña nº 11 do III Diagnóstico Comunitario: Actividades de convivencia comunitaria b) Prográmase igualmente a realización da avaliación pormenorizada da implementación do proxecto, describindo as fases do seu desenvolvemento: A fase inicio : de quen partiu a iniciativa, froito das xuntanzas comunitarias. 1 Mais información na web www.compostelaintegra.gal 2 III Diagnóstico Comunitario do Barrio de Fontiñas (ano 2015). Documento que consta no apartado de Documentación da rede do Barrio de Fontiñas dentro da web www.compostelaintegra.gal. 18

A fase PRE- : concretar e darlle forma á idea, a difusión, a distribución de roles, os contactos cos poñentes, etc. A fase durante : a implementación dos obradoiro, a distribución dos gastos- funcións, etc. E podemos constatar como o proxecto incide en distintos ámbitos: Na prevención, tanto na de índole primaria como na secundaria (minguar elementos de risco). Trabállase dende a propia realidade para dar resposta as demandas. c) E tamén se realiza unha avaliación de resultados, dende distintas ópticas: Cuantitativa, a través do cálculo e interpretación dos indicadores formulados previamente, e que fan referencia a: AVALIACIÓN CUANTITATIVA ASPECTO A AVALIAR Organización e implementación Impacto e participación INDICADORES Nº de profesionais encargados da elaboración e organización do Proxecto Nº de profesionais que participan nos obradoiros Nº de persoas maiores que participan nos obradoiros / nº de maiores previsto Nº de profesionais asistentes do eido social Cualitativa, a través da análise do cuestionario que se lle pasou ao asistentes, e que fan referencia a: ASPECTO A AVALIAR INDICADORES AVALIACIÓN CUALITATIVA Valoración dos maiores, a través da enquisas: Grao de utilidade da información recibida Exposición dos contidos Propostas de mellora e suxestións 19

A avaliación é concebida neste proxecto como unha ferramenta que evidencia os obstáculos que apareceron no camiño, pero tamén as potencialidades que xurdiron, polo que debe permitir a construción de novos escenarios, que probablemente se van materializar en futuros proxectos de intervención conxunta e mostrándose como unha avaliación non é o final dun proceso, senón un punto e seguido nas iniciativas comunitarias, que incluso as reforza e potencia. É obrigado dar a coñecer á comunidade os resultados da implementación do proxecto, polo que o informe final de avaliación será incorporado, ao igual que xa estaba o proxecto, no apartado de documentación da web www.compostelaintegra.gal IV.2.- AVALIACIÓN CUANTITATIVA 1º Actividade: Charla-Colóquio : USO RACIONAL DA MEDICACIÓN a cargo de Mª Mar Ferro Soto (Farmacéutica C.S Fontiñas), Dolores Montiel Carracedo (Médico C.S Fontiñas), Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social C. S Fontiñas) e Fernando Rodríguez Gerpe (ATS). 2. Actividade práctica sobre o USO DA TELEFONÍA MÓBIL a cargo do alumnado en prácticas da USC, Facultade de Ciencias da Educación, técnicas do PASS Fontiñas e traballador social de Saúde de Fontiñas. 3. Actividade Obra de Teatro: UNIVERSOS DE LECTURA a cargo do alumnado do grupo de teatro do IES Antonio Fraguas. AVALIACIÓN CUANTITATIVA ASPECTOS A AVALIAR Organización e implementación INDICADORES Nº OBSERVACIÓNS Nº de profesionais encargados da elaboración e organización do Proxecto Nº de profesionais colaboradores Nº de profesionais que difunden o Proxecto 5 4 7 * Traballadora social do centro de saúde de Fontiñas * Traballadora social de Cruz Vermella *Técnicas do PASS Fontiñas (Traballadoras sociais e educadora social). * Párroco Fontiñas * Cáritas Fontiñas *Centro Abeiro * Orientadora do IES Antonio Fraguas * Traballadora social do centro de saúde de Fontiñas * Traballadora social de Cruz Vermella *Técnicas do PASS Fontiñas (Traballadoras sociais e educadora social). * Párroco Fontiñas * Cáritas Fontiñas * Centro Abeiro 20

Nº de profesionais que participan na Charla- Coloquio (7 de marzo de 2018) 4 *Mª Mar Ferro Soto (Farmacéutica C.S Fontiñas) *Dolores Montiel Carracedo (Médico C.S Fontiñas) *Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social C. S Fontiñas) * Fernando Rodríguez Gerpe (ATS). Nº de profesionais que participan na actividade práctica (14 de marzo de 2018) 8 * Alumnado en prácticas da USC da Facultade de Ciencias da Educación (4) * Técnicas do PASS Fontiñas (3) * Traballador social de Saúde de Fontiñas. Impacto e participación Nº de profesionais que participan na Obra de Teatro (24 de maio de 2018) Nº de maiores que participan na charlacoloquio / nº de asistentes previsto Nº de maiores que participan na actividade práctica de móbiles/ nº de asistentes previsto Nº de maiores que participan na Obra de Teatro (24 de maio de 2018) 15 * Alumnado do IES Antonio Fraguas 50/50= 100 % 9/12= 75% 45/50 = 90 % IV.3.- AVALIACIÓN CUALITATIVA A avaliación cualitativa realizada polos asistentes recolleuse a través de enquisa e mediante entrevistas/foro xerado ao final de cada sesión. As expresións recollidas de seguido reflicten a satisfacción dos participantes coas accións organizadas: Gustoume moito o que dixo. Era a médico do meu centro de saúde e a farmacéutica. Estaban todos xuntos. Que razón teñen. Gustáronme moitos os consellos; caixa de pílulas, entregar o que non se precise, levar o listado coa medicación que tomo cando vou de vacacións,consultar dúbidas, non automedicarse... As mostras de exercicios foron moi interesantes 21

No tocante as enquisas do proxecto os resultados obtidos foron: Ítem analizado: A sesión foi entretida. PUNTUACIÓN MEDRANDO COS NOSOS MAIORES 1 0% 2 0% 3 0% 4 14% 5 85.71 % Fonte: Datos extraídos dos cuestionarios pasados ao maiores,volcado e análise estatística realizada polo PASS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela). Ítem analizado: Comprensión dos contidos. PUNTUACIÓN MEDRANDO COS NOSOS MAIORES 1 0% 2 0% 3 0% 4 23.8% 5 76.19% Fonte: Datos extraídos dos cuestionarios pasados ao maiores,volcado e análise estatística realizada polo PASS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela). Ítem analizado: Utilidade dos contidos. PUNTUACIÓN MEDRANDO COS NOSOS MAIORES 1 0% 2 0% 3 0% 4 4.76% 5 95.23% Fonte: Datos extraídos dos cuestionarios pasados ao maiores,volcado e análise estatística realizada polo PASS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela). Ítem analizado: Aclaración de dúbidas. PUNTUACIÓN MEDRANDO COS NOSOS MAIORES 1 0% 2 0% 3 0% 4 14.2% 5 85.71 Fonte: Datos extraídos dos cuestionarios pasados ao maiores,volcado e análise estatística realizada polo PASS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela). 22

Ítem analizado: Gustaríame seguir traballando estes contidos. PUNTUACIÓN MEDRANDO COS NOSOS MAIORES 1 0% 2 0% 3 0% 4 0% 5 100% Fonte: Datos extraídos dos cuestionarios pasados ao maiores,volcado e análise estatística realizada polo PASS Fontiñas (Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Santiago de Compostela). En liñas xerais, a avaliación do proxecto foi satisfactoria, con puntuacións superiores a 4, nun intervalo de 1 a 5. Resulta de interese plasmar a valoración positiva e o interese xerado no referido ao obradoiro de móbiles e a charla de medicamentos, constatando que as novas tecnoloxías e a saúde son dous ámbitos onde os maiores se senten atraídos. IV.4 - GRAO DE CONSECUCIÓN DE OBXECTIVOS Vexamos agora os obxectivos que se recollían no proxecto e o grao de consecución dos mesmos, unha vez implementado: Xerais: *Promover hábitos socialmente saúdables (aquelas condutas ou pautas de acción levadas a cabo pola persoa maior, orientadas de maneira principal a manter, desenvolver e potenciar as súas redes de apoio social), así como o establecemento de novos comportamentos potencialmente exitosos. Obxectivo acadado a través : Charla-Colóquio : USO RACIONAL DA MEDICACIÓN a cargo de Mª Mar Ferro Soto (Farmacéutica C.S Fontiñas), Dolores Montiel Carracedo (Médico C.S Fontiñas), Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social C. S Fontiñas) e Fernando Rodríguez Gerpe (ATS). Importante destacar a sensibilización e a alta participación dos asistentes. * Mellorar a calidade de vida da poboación maior do barrio Obxectivo acadado a través dos contidos traballados a través das diferentes sesións formativas programadas. 23

*Optimizar as destrezas, capacidades e habilidades persoais que permitan o máximo grao de autonomía. Obxectivo acadado a través dos contidos traballados a través das diferentes sesións formativas programadas. *Mellorar o equilibrio persoal do individuo previndo posibles problemas de afastamento e soidade. Obxectivo acadado a través dos contidos traballados a través das diferentes sesións formativas programadas. *Desenvolver unha atención integral á poboación e, en especial, aos sectores mais vulnerables. Obxectivo acadado a través dos contidos traballados a través das diferentes sesións formativas programadas. Específicos: *Xerar no barrio de As Fontiñas procesos de participación comunitaria centrado este proxecto na participación das persoas maiores. Obxectivo acadado a través das tres sesións formativas programadas. * Promover espazos de convivencia entre mozos e mozas e os maiores. Obxectivo acadado a través das sesións Actividade práctica sobre o USO DA TELEFONÍA MÓBIL e Actividade Obra de Teatro: Universos de Lectura a cargo do alumnado do grupo de teatro do IES Antonio Fraguas. b) Actividade sobre a saúde: *Concienciar sobre o uso racional de medicacións, adherencia terapéutica e das consecuencias que poden ter este tipo de accións sobre a saúde. *Tratamentos de obrigado cumprimento. *Realizar un adecuado almacenaxe da medicación. *Información sobre puntos de reciclaxe da medicación. *Outros... 24

Obxectivo acadado a través : Charla-Colóquio : USO RACIONAL DA MEDICACIÓN a cargo de Mª Mar Ferro Soto (Farmacéutica C.S Fontiñas), Dolores Montiel Carracedo (Médico C.S Fontiñas), Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social C. S Fontiñas) e Fernando Rodríguez Gerpe (ATS). Importante destacar a sensibilización e a alta participación dos asistentes. b) Actividade sobre as tecnoloxías da comunicación: *Incrementar as competencias nas novas tecnoloxías. *Comprender os mecanismos básicos do teléfono móbil: acender, apagar, chamar, crear contactos de emerxencia, coñecer o número de emerxencia, etc. *Resolver dúbidas, previas a actividade como posteriores á mesma. *Fomentar a súa utilización na vida cotiá. *Fomentar a autonomía e promover unha maior integración na sociedade mediante a utilización das TIC. Obxectivo acadado a través : Actividade práctica sobre o USO DA TELEFONÍA MÓBIL a cargo do alumnado en prácticas da USC, Facultade de Ciencias da Educación, técnicas do PASS Fontiñas e traballador social de Saúde de Fontiñas. IV.5 SUXESTIONS PARA VINDEIRAS EDICIONS Nos propios cuestionarios de avaliación, se solicitaba que realizaran suxestións para vindeiras accións formativas. Trátase, unha vez mais, de realizar proxectos participativos e colaborativos, e en ningún caso impositivos, carentes de interese para os seus destinatarios. Recóllense aquí parte das suxestións realizadas por escrito: O obradoiro de móbiles e a charla de medicamentos foron as dúas sesións mais instrutivas e atractivas resultaron para os maiores, constatando que as novas tecnoloxías e a saúde son dous ámbitos onde os maiores se senten atraídos e nas que demandan seguir incidindo. 25

26

V.1- A actividade en imaxes 1- Charla-Colóquio : USO RACIONAL DA MEDICACIÓN a cargo de Mª Mar Ferro Soto (Farmacéutica C.S Fontiñas), Dolores Montiel Carracedo (Médico C.S Fontiñas), Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social C. S Fontiñas) e Fernando Rodríguez Gerpe (ATS). Realizada o día 7 de marzo de 2018 no Centro Sociocultural das Fontiñas. 27

28

2. Actividade práctica sobre o USO DA TELEFONÍA MÓBIL a cargo do alumnado en prácticas da USC, Facultade de Ciencias da Educación, técnicas do PASS Fontiñas e traballador social de Saúde de Fontiñas. 29

3. Obra de Teatro : Universos de Lectura aproveitando a Aula de Teatro existente no centro educativo. 30

31

V.2- Soportes documentais Cartel divulgativo do proxecto Medrando cos nosos maiores : 24 de maio as 17:00 no salón de actos do IES Antonio Fraguas obra de teatro Universos de Lectura 32

33

Cartel divulgativo da obra de teatro Universo de lectura 34

Folla de avaliación: ÍTEMS PUNTUACIÓN A sesión foi dinámica e entretida 12345 Entendeuse a explicación facilitada sobre os contidos 12345 abordados Paréceme unha temática útil para a miña vida cotiá 12345 Gustaríame seguir aprendendo sobre: 12345 Respondéronse e aclaráronse ás miñas dúbidas 12345 Penso que débense facer máis actividades de este tipo 12345 Suxestións: 35