CURSO DE DEREITO DE FAMILIA

Similar documents
CURSO DE ESPECIALISTA EN VALORACIÓN DE DANOS E PERDAS CAUSADOS ÁS PERSOAS EN ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN

Síntesis da programación didáctica

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Sede Electrónica Concello de Cangas

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

Silencio! Estase a calcular

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

ÓRGANO: SECRETARIA XERAL TÉCNICA E DO PATRIMONIO

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

CONCELLOS CERVANTES. Anuncio

CONCELLO DA TEIXEIRA (OURENSE)

Facultade de Fisioterapia

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

Problema 1. A neta de Lola

Segunda lingua estranxeira: inglés

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

BOP BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

Expediente: 5193/2017

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

DEZ ANOS DE MEDIACIÓN FAMILIAR EN GALIZA

ORDENANZA MUNICIPAL DE TRAMITACIÓN DE ACTIVIDADES

Praza do Concello, nº Vimianzo (A Coruña) Tel Fax

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA CONVIVENCIA NO CENTRO.

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

GUÍA PARA PERSOAS CANDIDATAS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE NIVEL BÁSICO (A2) ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS GALICIA

GUÍA DO ALUMNADO EASD Ramón Falcón

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

4.- MULLER E SERVICIOS SOCIAIS

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Fonética e fonoloxía da língua galega

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

Concello de Castroverde

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

Consellería de Sanidade

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR FRANCISCO JOSÉ PÉREZ SAAVEDRA

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA INGLÉS CURSO 4º ESO CURSO ACADÉMICO PROFESOR Mª CRUZ MASEDA FRANCOS

-. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

Transcription:

CURSO DE DEREITO DE FAMILIA Versión xullo 2018

ÍNDICE Presentación 2 Memoria 2 Características do curso 3 Obxectivos do curso 4 Matrícula e inscricións 4 Certificación académica 4 Equipo 5 Como estudar este curso 5 Probas 7 Biblioteca dixital 7 Foro 8 Programa do curso 10 Estatuto do Consello da Avogacía Galega 16 Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi 1

Presentación O dereito de familia regula as relacións das persoas pertencentes á institución familiar entre si e respecto de terceiros, tanto nos seus aspectos persoais coma patrimoniais. Tendo en conta a importancia da familia, como unidade básica da sociedade, faise necesario coñecer as ferramentas xurídicas que regulan determinados procesos ou situacións que poden suceder dentro do ámbito familiar. Memoria A familia é unha institución inherente á condición humana e presente en todas as culturas, sendo o marco no que se cultivan as persoas e onde satisfacen as súas necesidades básicas de subsistencia. Cando as sociedades se volven máis complexas, comezan a ditarse normas que regulan as circunstancias que regulan as unidades familiares. O dereito familiar é a rama do dereito encargado de conter estas normas. Así, é o dereito familiar o que determina cando se crea ou disolve unha familia, ao igual que define as relacións existentes desde o punto de vista patrimonial. A aplicación do acto xurídico en diferentes situacións é o que se estuda no presente curso. Concretamente, as fases do procedemento contencioso nos procesos de separación, divorcio e nulidade, a liquidación da sociedade de gananciais, o procedemento de modificación de medidas, o procedemento de menores e as unións de feito. O curso de dereito de familia impartido polo Consello da Avogacía Galega parte dunha colaboración coa editorial Thomson Reuters Aranzadi, que pon á nosa disposición parte do seu catálogo formativo para chegar ao maior número de profesionais no ámbito territorial de Galicia. 2 Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi

A modalidade formativa en liña facilitará que os contidos estean dispoñibles 24 horas ao día, 365 días ao ano. Características do curso Extensión: Profundidade: Flexibilidade: êêêêêêêêêê êêêêêêêêêê êêêêêêêêêê Organiza: Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos colexios de avogados de Galicia e coa participación da editorial Thomson Reuters Aranzadi. Coordina: Secretaría Técnica CAG. Dirixido a: profesionais da avogacía galega. Modalidade: en liña, ou E-learning, desde a web http://avogacia.gal/formacion. Lingua do curso: castelán. Lingua da plataforma: castelán ou galego, configurable por cada usuario no seu perfil. Número de horas lectivas: 150. Prazo de matrícula: ata o 30 de setembro do 2018. Durante os meses de xullo e agosto, o servizo de titoría e o certificado do curso non estarán dispoñibles. Lugar de matrícula: para letrados e letradas, na aula virtual do Consello da Avogacía Galega, http://avogacia.gal/formacion. Prezo: avogados/as e alumnos/as do Máster da Avogacía: 50. Colexiados/as non exercentes: 70. Remate do curso: 28 de febreiro do 2019. Superación do curso: para a obtención do certificado é obrigatoria a superación de todos os exercicios e cuestionarios do curso. Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi 3

Obxectivos do curso O curso ten por obxecto analizar as distintas fases do procedemento contencioso, desde a adopción de medidas provisionais previas á demanda de separación, divorcio ou nulidade, ata a execución da sentenza. Matrícula e inscricións A matrícula realizarase polos propios interesados a través da plataforma formativa do Consello, http://avogacia.gal/formacion. O pagamento da matrícula dá acceso inmediato aos contidos do curso. As consultas coas titoras do curso e a opción de descarga do título do curso estarán dispoñibles a partir de setembro. Certificación académica Este curso está homologado polo Consello da Avogacía Galega. Tras completar o estudo de todos os módulos teóricos en liña e trala superación de todos os exercicios e os casos prácticos, poderase descargar automaticamente e imprimir un certificado cun código seguro de verificación que garante a autenticidade do mesmo. 4 Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi

Equipo O equipo responsable do presente curso está formado polos seguintes profesionais: Persoa MARÍA LOURDES CARBALLO FIDALGO AVOGADA ESPECIALIZADA EN DEREITO CIVIL Docente do Máster da Avogacía e da Escola de Formación Social de Vigo MARÍA DEL PILAR CORTIZO MELLA AVOGADA ESPECIALIZADA EN MEDIACIÓN Académica Correspondente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación ANA DARÍA SALAS IGLESIAS AVOGADA ESPECIALIZADA EN DEREITO CIVIL Docente da Universidade de Vigo SERGIO ARAMBURU GUILLÁN AVOGADO Secretario técnico do Consello da Avogacía Galega VERÓNICA PAJÓN JACOBE DOCUMENTALISTA Xestora de Formación no Consello da Avogacía Galega Tarefa Titoría Titoría Titoría Coordinación do curso Xestión e maquetación Como estudar este curso A actividade formativa será ofrecida mediante o uso da plataforma Moodle. Temas, lexislación e material de apoio en permanente actualización. Ademais, prestarase titoría en liña coas coordinadoras do curso mediante un sistema de foros. Ao entrar na plataforma, pódense visualizar os diferentes temas organizados por pestanas: Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi 5

Dentro de cada un dos temas, atópanse contidos formativos de diferente tipo: Formación interactiva. Formación en PDF. Cuestionarios prácticos. Así pois, os contidos teóricos ofrécense: Mediante paquetes SCORM, que permiten seguir a formación cunha presentación guiada, con animacións e un formato máis interactivo. Mediante documentos en formato PDF, que se poden descargar e imprimir, pero que non permiten realizar os exercicios nin outras actividades interactivas. Recomendamos, porén, que os materiais non se impriman, porque están en permanente actualización e poden ser variados. 6 Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi

Probas Ao final de cada tema se realizará unha proba de autoavaliación consistente en cuestionarios de preguntas e respostas breves que haberá que subir á plataforma. Unha vez subido o documento, o alumno/a recibirá un modelo coas repostas correctas para que poida confrontalas coas súas. É importante realizar unha lectura comprensiva dos temas e completar o estudo co material adicional antes da realización das probas. Como avaliación final, ademais dun caso práctico recapitulativo, haberá dous cuestionarios de tipo test, que se corrixen automaticamente e que deben ser superados para a obtención do diploma acreditativo da superación do curso. Biblioteca dixital Dentro do convenio de colaboración asinado entre o Consello da Avogacía Galega e a editorial Thomson Reuters Aranzadi, inclúese como agasallo unha biblioteca dixital para os inscritos neste curso, a elixir entre os seguintes packs: PACK 1: Civil Código Civil Comentarios á Lei de Xurisdición Voluntaria Revista Doutrinal Aranzadi Civil Mercantil PACK 2: Administrativo Formularios Contencioso-Administrativo Problemas prácticos e actualidade do Dereito Administrativo Revista Actualidade Xurídica Aranzadi PACK 3: Fiscal / Laboral Procedementos tributarios Prácticum Proceso Laboral Revista Actualidade Xurídica Aranzadi Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi 7

O alumno poderá acceder á biblioteca dixital a través dun enlace, no que previamente terá que facilitar uns datos de rexistro á editorial. AVISO: A cesión dos datos persoais será realizada voluntariamente polo alumno e a información será xestionada pola editorial Thomson Reuters Aranzadi. O Consello da Avogacía Galega non se responsabiliza da información facilitada polo alumno, nin da súa xestión pola editorial. Foro Os foros son unha ferramenta de debate onde os estudantes e as titoras poden ter conversacións extensas sen necesidade de estar conectados ao mesmo tempo. É a través dos foros onde se deben formular as dúbidas sobre o temario, e onde se dan os debates e discusións dos temas do curso. Son unha parte esencial para o desenvolvemento do curso e constitúen espazos onde, ademais de resolverse dúbidas, serven para cambiar impresións e consultar as dificultades que cada un atope. O alumnado dispón dun foro xeral do curso na parte xeral, na zona superior da aula virtual; aquí as titoras poderán, por exemplo, propor temas de discusión relacionados con conceptos do programa teórico e con temas de actualidade. É importante a participación do alumno/a, compartindo opinións, propoñendo temas de debate, etc. Ademais do foro xeral, o alumno/a poderá acceder ao foro de novidades. A diferenza do primeiro, o uso deste quedará reservado a administradores e formadores do curso. Nel publicaranse novidades de interese para o alumnado, como actualización de 8 Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi

contidos, publicación de novas de actualidade e outros recursos que se consideren relevantes. **Na plataforma está publicado un sinxelo manual de uso no que se explica como navegar pola aula virtual e como utilizar os recursos dispoñibles Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi 9

Anexo Programa formativo Programa do curso TEMA 1. SEPARACIÓN E DIVORCIO DE MUTUO ACORDO 1. Indicacións xerais 1.1. Inconvenientes e vantaxes dos diversos procedementos matrimoniais 1.2. Convenio regulador 2. Análise das incidencias que poden presentarse no procedemento de mutuo acordo 2.1. Fase de presentación da demanda 2.2. Fase de incoación e ratificación 2.3. Fase de tramitación 2.4. Incidente de fixación de medidas de execución TEMA 2. PROCEDEMENTO CONTENCIOSO. FASE INICIAL 1. Indicacións xerais sobre as medidas provisionais previas á presentación de demanda de separación, divorcio ou nulidade 1.1. Introdución 1.2. Cuestións relacionadas coa solicitude de medidas previas 1.3. Tramitación das medidas previas 1.4. Auto fixando as medidas previas 1.5. Eficacia do Auto de medidas previas 2. Indicacións xerais sobre a modificación ou complemento das medidas 3. Indicacións sobre a vixencia e confirmación das medidas civís acordadas na orde de protección 4. Indicacións xerais sobre as medidas provisionais 4.1. Medidas provisionais solicitadas coa demanda 4.2. Medidas provisionais solicitadas coa contestación á demanda 4.3. Medidas provisionais solicitadas de mutuo acordo polos cónxuxes 4.3. Vixencia das medidas provisionais 5. Medidas cautelares 6. Medidas do artigo 158 do Código Civil 10 Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi

Anexo Programa formativo Anexo Programa formativo TEMA 3. PROCEDEMENTO CONTENCIOSO. FASE DE ALEGACIÓNS 1. Indicacións xerais sobre a demanda de separación e divorcio 1.1. Introdución 1.2. Causas de separación 1.3. Causas de divorcio 1.4. Encabezamento da demanda 1.5. Os feitos da demanda 1.6. Os fundamentos do dereito 1.7. O suplico 1.8. Os outrosí 1.9. Documentos que deben acompañarse coa demanda 1.10. Copias da demanda 2. Indicacións xerais sobre a contestación á demanda 2.1. Introdución 2.2. Contestación á demanda TEMA 4. PROCEDEMENTO CONTENCIOSO. FASE DE XUÍZO 1. Indicacións xerais sobre a fase probatoria 1.1. Introdución 1.2. O obxecto da proba 1.3. Carga da proba 1.4. Probas que poden propoñerse 1.5. Momento para propoñer a proba 1.6. Preparación da proba 1.7. Como se propón a proba 1.8. Admisión da proba e as súas incidencias 1.9. Práctica da proba 2. Indicacións xerais sobre o xuízo 2.1. Introdución 2.2. Convocatoria da vista Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi 11

Anexo Programa formativo 2.3. Cuestións relacionadas coa asistencia das partes 2.4. Comezo da vista 2.5. As alegacións das partes 2.6. Resolución de excepcións procesais 2.7. Proposición e práctica da proba 2.8. Probas admitidas e non practicadas 2.9. Conclusións 3. Indicacións xerais sobre a sentenza 3.1. Medidas en relación cos fillos menores de idade 3.2. A pensión alimenticia dos fillos maiores de idade 3.3. A pensión compensatoria 3.4. Peticións en relación cos bens comúns dos cónxuxes 3.5. Condena en costas 3.6. Notificación da sentenza 4. Indicacións xerais sobre o recurso de apelación TEMA 5. EXECUCIÓN DA SENTENZA 1. Indicacións xerais sobre a execución de sentenza 1.1. Introdución 1.2. Execución das medidas de carácter persoal 1.3. Execución das medidas en relación coa vivienda 1.4. Execución das medidas de carácter económico 2. Indicacións sobre a actualización das pensións 2.1. Introdución 2.2. Procedemento para actualizar a pensión 3. Indicacións xerais sobre o impago de pensións 3.1. Introdución 3.2. Medidas de garantía ante o impago de pensións 3.3. Demanda de execución por impago de pensións 3.4. Resolución despachando execución 12 Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi

Anexo Programa formativo Anexo Programa formativo 3.5. A oposición á execución 3.6. Outras causas de oposición 3.7. Resolución resolvendo a oposición 4. Problemática de execución dos gastos extraordinarios TEMA 6. LIQUIDACIÓN DA SOCIEDADE DE GANANCIAIS 1. Indicacións xerais sobre os aspectos procesais da liquidación de gananciais 1.1. Introdución 1.2. Liquidación consensual da sociedade de gananciais 1.3. Liquidación contenciosa da sociedade de gananciais 2. Indicacións xerais sobre os aspectos substantivos da liquidación de gananciais 2.1. Inmobles 2.2. Mobles 2.3. Indemnizacións TEMA 7. PROCEDEMENTO DE MODIFICACIÓN DE MEDIDAS 1. Indicacións xerais sobre a acción de modificación de medidas 1.1. Requisitos básicos para a interposición dunha demanda de modificación de medidas 1.2. Cuestións excluídas do procedemento 1.3. Modificación das medidas de carácter persoal 1.4. Modificación da atribución do uso da vivenda 1.5. Modificación da pensión alimenticia 1.6. Modificación da pensión compensatoria 2. Indicacións xerais sobre os aspectos procesais do procedemento de modificación de medidas 2.1. Xulgado competente 2.2. Lexitimación activa e pasiva nos procedementos de modificación de medidas 2.3. O procedemento consensual de modificación de medidas 2.4. O procedemento contencioso de modificación de medidas Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi 13

Anexo Programa formativo TEMA 8. PROCEDEMENTO DE MENORES 1. Indicacións xerais sobre as medidas de protección de menores 1.1. Introdución 1.2. A garda de menores 1.3. A tutela ordinaria 1.4. A tutela administrativa 1.5. O acollemento 1.6. A adopción 2. Indicacións prácticas sobre a oposición á declaración de desamparo 2.1. Introdución 2.2. Procedemento de oposición ao desamparo 3. Indicacións prácticas sobre o procedemento de constitución da adopción 3.1. Inicio do expediente de adopción 3.2. Admisión a trámite 3.3. Comparecencia 3.4. A oposición dos pais biolóxicos 3.5. Efectos da adopción 4. Indicacións prácticas sobre a adopción internacional 4.1. Adopción internacional constituída por autoridades estranxeiras 4.2. Adopción internacional constituída polos xulgados e tribunais españois 5. Indicacións prácticas sobre o nomeamento de defensor xudicial e a autorización de disposición de bens ou dereitos de menores 5.1. O defensor xudicial 5.2. Autorización xudicial para a renuncia, enaxenación, gravamen e transacción de bens e dereitos de menores 14 Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi

Anexo Programa formativo Anexo Programa formativo TEMA 9. UNIÓNS DE FEITO 1. Indicacións xerais sobre o cese de convivencia das parellas de feito 2. Indicacións prácticas sobre os procedementos a seguir para regular as relacións paterno-filiais 2.1. Medidas provisionais previas 2.2. Medidas provisionais coetáneas 2.3. Procedemento contencioso 2.4. Procedemento consensual 3. Indicacións prácticas sobre os procedementos a seguir para fixar pensións alimenticias para fillos maiores de idade e entre convivintes 4. Indicacións prácticas sobre o procedemento a seguir para solicitar indemnizacións ou pensións compensatorias entre integrantes dunha parella de feito 4.1. Unións de feito sometidas a lexislacións autonómicas que contemplan a posibilidade deste tipo de prestacións 4.2. Unións de feito sen regulación legal ou ás que se lles aplican leis autonómicas que non prevén este tipo de prestacións 5. Indicacións prácticas sobre o procedemento a seguir para dividir o patrimonio común da parella de feito Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi 15

Anexo Lexislación Estatuto do Consello da Avogacía Galega APROBADO POR DECRETO DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA, O DÍA 3 DE XUÑO DE 1993. (DOG DO DÍA 23) ( ) Artigo 5 No ámbito territorial da súa competencia, [o Consello] terá as seguintes funcións: 5.1. As atribuídas ao Consello Xeral da Avogacía Española pola Lei de colexios profesionais, en canto teñan ámbito ou repercusión soamente no territorio da Comunidade Autónoma e cantas outras lle foran encomendadas por virtude de disposicións xerais ou especiais, sempre que non interfiran na autonomía e as competencias propias de cada colexio. (...) 5.4. Fomentar, crear e organizar institucións, servicios e actividades con relación á profesión de avogado, que teñan por obxecto a formación e perfeccionamento profesional, promoción cultural, a asistencia social e sanitaria, a previsión, a cooperación e o mutualismo, o fomento da ocupación e outras actuacións convintes. Establecer, para tales fins, os concertos ou acordos máis oportunos coa Administración e as institucións ou entidades que correspondan. ( ) 16 Consello da Avogacía Galega e Thomson Reuters Aranzadi