CONSELLO DE GOBERNO Reunión do 27 de decembro de 2006 Resumo da reunión elaborada pola Secretaría Xeral

Similar documents
R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

Síntesis da programación didáctica

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

Silencio! Estase a calcular

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Problema 1. A neta de Lola

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

O Software Libre nas Empresas de Galicia

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

LEI 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

plan estratéxico 2016 >> 2020

CONCURSO PÚBLICO NÚMERO 8/2018

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

RECIBO DE PRESENTACIÓN NO REXISTRO ELECTRÓNICO DA XUNTA DE GALICIA

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA NOVA ESCOLA GALEGA

Universida JiSo. i*-- _rt,-f-,i.j'*i=_ i. i f l';':irif sé* *E: *c* - ñegii';i,=* i. i.**_.*-- i :: i' :, : Írft:: i-itr ::ñi:::fifil*,f?!:.,11!

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx

ADSCRICIÓN FUNCIONAL E HORARIO DO PROFESORADO NOS CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

Memoria Xustificativa. Xustificación do título proposto, argumentando o interese académico, científico e profesional do mesmo

Nas presentes bases e tamén nos anexos I, II e IIII detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes.

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

Sede Electrónica Concello de Cangas

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Orzamentos Xerais do Estado para 2016: Novidades en materia de Seguridade Social que xestionan as mutuas

Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

PRIMEIRA: OBXECTO, FINALIDADE E CONDICIÓNS

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA SDC CURSO

SESIÓN ORDINARIA DO Pleno DA CORPORACIÓN do 27 de xullo de 2017 ACTA Nº 10/2017

AS POLÍTICAS DE I+D+i ANTE A CRISE 1

Facultade de Fisioterapia

Consellería de Sanidade

IMPLICACIÓNS FINANCEIRAS DA XESTIÓN DO MEDIO NATURAL PARA AS EMPRESAS E PARA OS MERCADOS DE CAPITAIS

Programación Proxecto empresarial

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

REVOLUCIONAN A ECONOMÍA ACTUAL. Mostra bibliográfica con motivo do 8 de marzo, Día internacional das mulleres Marzo 2017

DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx

REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA QUE TIVO LUGAR EN SAN CAETANO, O 8 DE MAIO DE 2014, BAIXO A PRESIDENCIA DO SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

ORDENANZA FISCAL Nº 11: REGULADORA DA TAXA POLO USO DE RECINTOS E INFRAESTRUTURAS DE CARÁCTER DEPORTIVO.

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

COORDINACIÓN DO GRAO EN DEREITO

COCINA ECONÓMICA DE FERROL. CÓDIGO ÉTICO E DE BO GOBERNO Edición: 2

ELECCIÓNS SINDICAIS 2015

CONCELLO DE PONTEDEUME (A CORUÑA) ENDEREZO LOCALIDADE PROVINCIA C.P. Nº SS.SS TELÉFONO DE CONTACTO

GUÍA DO ALUMNADO EASD Ramón Falcón

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Metodoloxía copyleft en educación

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, ANO 2011

Avaliación da actividade investigadora e dereitos lingüísticos

Transcription:

CONSELLO DE GOBERNO Reunión do 27 de decembro de 2006 Resumo da reunión elaborada pola Secretaría Xeral NOTA: recóllense con iniciais os nomes propios que non forman parte dos acordos ou informes agás os daqueles membros do consello que solicitaron expresamente que aparecera o seu nome completo Ás dez horas e vinte minutos do 27 de decembro de 2006, en segunda convocatoria e baixo a presidencia do Excmo. Sr. Reitor Magnífico, reúnense no salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela) os membros do Consello de Goberno da Universidade que se indican a continuación, para tratar os asuntos da orde do día enviada a todos eles coa convocatoria da reunión. ORDE DO DÍA 1. Aprobación, se procede, da acta da última sesión 2. Informe do Sr. reitor 3. Informe dos vicerreitores, do xerente e da secretaria xeral 4. Modificación RPT PDI 5. Modificación RPT PAS 6. Orzamentos 2007 7. Calendario Académico 2007-2008 8. Aprobación de concesión das retribucións por méritos adicionais ao labor docente e investigador 9. Aprobación acordos de interese mutuo departamentos 10. Convocatoria de axudas para investigación ano 2007 11. Regulamento de Réxime Interno da Escola Técnica Superior de Enxeñaría 12. Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Estatística e Investigación Operativa 13. Prazas de profesorado 14. Cambios de dedicación PDI 15. Convenios 16. Participación na Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento 17. Participación na Empresa Compostela Media Universitas S.L. 18. Informe sobre a venda de dúas solicitudes de patentes propiedade da USC a favor da empresa a constituírse coa denominación de Laboratorios CIFGA, S.L. 19. Asuntos económicos 20. Asuntos de trámite 21. Rogos e preguntas. Unha vez comprobado o quórum, o reitor abre a sesión e dá paso ao desenvolvemento da orde do día da reunión.

1. APROBACIÓN SE PROCEDE DA ACTA DA ÚLTIMA SESIÓN Sométese a aprobación a acta da reunión do 13 de decembro de 2006, enviada coa convocatoria. Non se presentaron alegacións polo que se propón aprobala sen lectura previa, logo de corrixir no texto uns erros advertidos. Apróbase por asentimento. 2. INFORME DO SR. REITOR O Sr. reitor dá conta dos seguintes acontecementos: Na reunión de 20 de decembro de 2006, o Consello Galego de Universidades informou favorablemente a totalidade de programas oficiais de posgrao solicitados pola USC, e que se concreta en 12 novos títulos, 3 deles no Campus de Lugo. No caso do Máster en Enerxías Renovables e Sostibilidade Enerxética, que inclúe un doutoramento, autorízase a súa impartición, pero coa recomendación de que durante o presente curso se traballe nunha proposta de futuro conxunta co Máster similar da Universidade de Vigo, que tamén foi informado favorablemente. O Director Xeral de Ordenación e Calidade do SUG informou sobre a distribución de matrícula do alumnado no SUG e do estudantado galego fóra de Galicia. As cifras indican que dos aproximadamente 12.000 estudantes galegos que se matriculan en primeiro por primeira vez, máis de mil faino fora do SUG; 120 na UNED; 140 en titulacións non existentes no SUG; do resto, a metade se matriculan en Universidades privadas; outros se matriculan na oferta pública en titulacións existentes no SUG con límite de prazas, por no acadar a nota de corte dentro da oferta do SUG; unha parte tamén se matricula en Universidades próximas xeograficamente, como as de Oviedo e León-. Estímase que tamén son máis de 1.000 os estudantes de fóra de Galicia que se matricularon no SUG. O director xeral tamén informou de que se está a preparar por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria un documento de liñas xerais para a implantación dos novos títulos de grao. O director xeral fixo algún avance dos criterios: será prioritaria a transformación dos títulos existentes en títulos de grao, intentando evitar as multiplicidades, de tal modo que se procurará reconducir as titulacións replicadas para facer unha oferta máis diversificada. Poñerase tamén un límite mínimo de alumnos para autorizar a impartición dunha titulación. Por outra banda, o MEC acaba de remitir ás Universidades o documento de traballo Proposta de Directrices para la elaboración de títulos universitarios de grado y máster, que está na web da USC, e que en xaneiro debateremos. O pasado 15 de decembro asinouse un convenio entre a USC, a Universitat de Barcelona e o Grupo Santander, que suporá un impulso sen par ao emprendemento universitario no espazo iberoamericano, ao impulsar, entre outras accións, a creación dunha rede universitaria iberoamericana de niños de empresas derivadas da actividade investigadora. O pasado 21 de decembro tivo lugar unha sesión ordinaria do Claustro Universitario, no que o máis destacado foi a aprobación das Liñas Xerais do Orzamento 2007, que hoxe se someten no

seu detalle ao acordo do Consello de Goberno, e o Regulamento para a concesión de Honoris Causa pola USC. 3. INFORME DOS VICERREITORES DO XERENTE E DA SECRETARIA XERAL. Informe da Xerencia O xerente dá conta da reunión do pasado día 15 de decembro cos xerentes do SUG e anuncia que froito de dita reunión se estableceu que este ano se asinará un acordo para intercambio de funcionarios PAS. Asemade informa da proposta do Grupo Compostela para mobilidade de PAS por períodos dunha semana. Na súa intervención comenta o problema das disfuncións entre os horarios dos Centros e os horarios dos traballadores e informa das modificacións nos horarios de apertura das Bibliotecas. Intervén D. Juan José Casares Long para solicitar a información por escrito. O xerente indica que se informará por escrito antes do próximo Consello de Goberno. Informe da Vicerreitoría de Cultura O vicerreitor de Cultura informa da necesidade de reunir a Comisión de Actividades Culturais para resolver a próxima convocatoria de axudas da súa vicerreitoría. Informe da Vicerreitoría de Profesorado e Organización Académica A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica dá conta da reunión do Consello de Participación Sindical do 11 de decembro de 2006, na que diversas formacións sindicais mostraron a seu desacordo pola singularización dunha praza sen ser sometida ao informe do Consello de Participación Sindical. A dita singularización foi aprobada na sesión do 10 de novembro de 2006 no Consello de Goberno e polo Consello Social o día 14 de novembro de 2006. A praza foi creada por acordo do Consello de Goberno do 18 de xullo de 2005 tras o informe do Consello Social do 11 de xullo de 2005. D. E. C. C. intervén para mostrar o seu desacordo con esta decisión. A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica intervén para reiterar que era unha situación de excepcionalidade. O Sr. reitor considera que o Consello de Goberno foi informado con detalle deste caso e que finalmente é quen ten que tomar a decisión. Para D. E. C. o problema non é tanto o que non fóra informado no CPS, senón a mensaxe que parece trasladarse en relación á validez dos acordos. O Sr. reitor considera que hai momentos nos que hai que tratar a excepcionalidade. D. E. C. C. solicita que se faga constar o seu desacordo con esta decisión. Informe da Secretaría Xeral A secretaria xeral dá conta dos seguintes nomeamentos e ceses:

De acordo co establecido no artigo dos Estatutos da USC, foron elixidos novos membros do Consello de Goberno en representación do Claustro Universitario: D. Emilio Carral Vilariño, D. José Manuel Cifuentes Martínez, D. Xerardo Xusto García Mera, dona María Isabel Suárez Gimeno, e dona Elena Vázquez Cendón, polo sector do persoal docente e investigador funcionario doutor; D. Francisco Caamaño Isorna, D. Fco. Raúl Canay Pazos e D. Fco. Javier López González, polo sector de persoal docente e investigador non funcionario doutor (Outro PDI); dona Marta Burgué López, D. Adrián Fariña González, dona Iria Fernández Silva, D. Adrián Fernández-Albor Batallán, dona Andrea González Abraldes, dona Águeda Rey García, D. Xoán Rodríguez Sanpedro polo sector do estudantado de primeiro e segundo ciclo; D. Xosé Afonso Álvarez Pérez polo sector do estudantado de terceiro ciclo e dona Mª Carmen Espiñeira Regueiro, D. Alberto Pérez Viso e D. Luís Vila Arias polo sector de persoal de administración e servizos D. Francisco Caamaño Isorna a petición propia deixou de pertencer tanto ao Claustro Universitario coma ao Consello de Goberno desde o pasado 19 de decembro, sendo substituído no Consello de Goberno polo representante do seu sector que acadou maior número de votos nas eleccións a representantes do Claustro no Consello de Goberno, celebradas o pasado 7 de novembro, D. José Antonio Costoya Puente Foi nomeado director do departamento de Física Aplicada o Prof. Dr. D. Jorge Mira Pérez en substitución do Prof. Dr. D. José Rivas Rey O Sr. reitor intervén para indicar que quere que conste en acta os parabéns aos nomeados e o agradecemento ás persoas que cesan nos seus cargos. O Sr. reitor informa dos pasamentos de dona Mª José Portela Silva, profesora da Facultade de Xeografía e Historia; dona María Dolores Losada Álvarez quen foi catedrática da Escola Universitaria de Formación de Profesorado de EXB, e dona Marta Rei Guerreiro, estudante da USC, quen faleceu en accidente de tráfico en Ortigueira. O Sr. reitor expresa o seu máis fondo pesar. 4. MODIFICACIÓN RPT PDI A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica propón que as prazas que supoñen modificación da RPT do PDI se sometan á aprobación no punto de prazas de profesorado o cal se acepta por asentimento. A continuación dá conta das prazas non singularizadas incluídas na proposta de orzamento: PDI- prazas non singularizadas categoría Dedicación Total A Catedrático de Universidade T 1 C Titular de Universidade T 2 FX Profesor Axudante Doutor T 16 PX Profesor Contratado Doutor T 28 QX Profesor Colaborador T 16 Total 63

5. MODIFICACIÓN RPT PAS O xerente presenta o punto segundo a documentación achegada coa convocatoria que foi informada favorablemente polo Consello Social. Informa dalgúns erros que deberán ser corrixidos. Indica que o obxectivo prioritario da modificación do RPT do PAS é a profesionalización e a consolidación do emprego. Comenta que as modificacións que se presentan supoñen un importante avance e que no 2007 realizarase un estudo das funcións e cargas de traballo para deseñar unha RPT acorde cunha visión de futuro. O xerente explica que se dá un primeiro paso na maior profesionalización da xestión na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Enténdese que a xestión ten que ser realizada polo Persoal de Administración e Servizos que ten que asumir postos e funcións de maior responsabilidade. Desta maneira, a USC pasará a ter tres vicexerencias, unha delas en Lugo, e iníciase un proceso de creación de áreas de natureza transversal, co fin de mellorar a calidade na xestión. Por outra banda, informa da creación das Unidades de Apoio á Xestión en Centros e Departamentos dotándoas dun responsable, que se encargará de coordinar as funcións de xestión que se realicen nesas unidades. Engade que se levará a cabo un proceso de consolidación do emprego para atender as necesidades estruturais básicas máis urxentes. D. Juan José Casares Long considera que non é correcto que se fagan estas modificacións sen contar cos directores dos departamentos. Pregunta cantos quedan fóra da consolidación de emprego e como van funcionar as secretarias dos departamentos con dous xefes. O xerente explica as vantaxes da existencia de responsables de PAS nos Centros para unha maior eficacia na xestión. D. X. M. V. R. reitera a inquedanza xerada por non terse convocado unha reunión e pregunta sobre si se van redefinir as funcións dos xestores académicos, aínda que considera que as funcións non poden ser as mesmas dada a diversidade de Centros. O xerente indica que se pretende non diluír pero si homoxeneizar as funcións. A profesora Dª.E.V.C. considera que se debería ter en conta a todos os membros da comunidade universitaria, en concreto aos directores de departamento. Fai un rogo para que se utilice unha linguaxe correcta coas cuestións de xénero no documento. O Sr. xerente reitera as súas desculpas por non ter reunido aos directores de departamento e indica que se farán as correccións oportunas relativas ás cuestións de xénero. D. J.M.C.M. mostra a súa preocupación porque dos trece postos de investigación, só dous son para o Campus Lugo, espera que mude esta circunstancia cando se faga o estudo das cargas de traballo. Dª A.M.B.M. pide que se clarifiquen as funcións e amosa a súa inquedanza pola vicexerencia de Lugo. O xerente amosa o seu compromiso para que Lugo non se vexa desasistido.

Dª M.I.G.R. informa de que CUPAS fai unha valoración positiva da RPT porque avanza o proceso de consolidación de emprego precario e a xerencia adquire un compromiso de estudo no 2007 para unha futura adaptación do cadro de persoal ás necesidades reais, destapar categorías mal encadradas, xornadas mal distribuídas,etc. Engade que queren deixar constancia das seguintes consideracións: A RPT non soluciona a totalidade dos desaxustes do cadro de persoal. Queda pendente a análise dos servizos prestados, ea ocupación laboral, das empresas participadas pola USC que poden estar solapando servizos a postos de traballo propios da USC; a análise de postos de traballo ocupados mediante contratos subvencionados, parte deles realizados por necesidades estruturais de emprego en determinadas áreas e servizos da USC; a análise de postos de traballo de investigación non vinculados a proxectos puntuais, e que son necesarios na actividade de apoio e servizo a investigación, a atención os agravios comparativos en determinados postos de traballo en canto a súa adscrición e/ou clasificación. O xerente agradece o apoio e indica que efectivamente hai aspectos que hai que pulir. Indica que algunhas das cuestións formarán parte dun estudo distinto. D. A.P.V., na súa intervención, sinala o seu acordo coa publicación da RPT, pero considera que se fixo de forma apresurada. Engade que considera positivo que se faga un estudo en 2007 dos postos e cargas de traballo que sirva de base para unha boa planificación. Finalmente, sométese a proposta coas correccións indicadas polo xerente a votación. Apróbanse as modificacións da RPT do PAS con trinta e un votos a favor, cero votos en contra e catro abstencións. A RPT pode ser consultada no seguinte enderezo electrónico: http://www1.usc.es/webpas/rpt/rpt_2006/rpt_publicar_2.pdf 6. ORZAMENTOS 2007 O vicerreitor de Economía e Financiamento presenta a proposta achegada coa convocatoria que detalla as liñas xerais aprobadas polo Claustro Universitario do 21 de decembro, e debe ser aprobada polo Consello Social. Sinala que a proposta se encadra dentro do marco económico financeiro establecido no Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia 2005-2010. Neste sentido, subliña que a proposta de orzamento da USC para o ano 2007 presenta un orzamento equilibrado por segunda vez logo de catro anos de ter que recorrer ao endebedamento, aprobado no Plan de Equilibrio Económico e Financeiro da USC. Seguidamente o vicerreitor dá conta das partidas máis importantes dos capítulos de ingresos e gastos. Sinala que a achega económica do Plan de Financiamento do SUG para 2007 ascende a 130,4 millóns de euros, un 8,6 % máis que no exercicio anterior. Considera que este incremento permite conxugar a diminución de ingresos por taxa de matrícula que vén diminuíndo un 20 % dende o curso 2000-01, o que supón 6 millóns de euros menos. Indica que temos que seguir, polo tanto, captando recursos alternativos; destaca a inclusión no orzamento do resultado da convocatoria FEDER 2005-2006 no que se acadaron 7,2 millóns de euros, aos que deberán engadirse no seu día a incorporación como remanentes -ao dotarse xa o crédito no exercicio

2006-, de 13,7 millóns de euros de axudas en forma de anticipos reembolsables do Ministerio de Educación y Ciencia, cuxa devolución será asumida pola Comunidade Autónoma de Galicia. Polo que se refire aos recursos privados, a previsión para 2007 é de 1,8 millóns de euros. En relación cos obxectivos orzamentarios, destaca o vicerreitor, o esforzo nas partidas destinadas a persoal, na transformación e equilibrio entre as áreas de coñecemento e a consolidación e mellora do cadro de persoal de administración e servizos. En relación á docencia e á investigación os gastos céntranse na consolidación de recursos de calidade, EEES e TIC. Hai unha cantidade importante para obra nova e RAM. O orzamento recolle cantidades para servizos á comunidade universitaria e extensión cultural, transferencia de coñecemento, cultura emprendedora e proxección internacional da USC. O vicerreitor de Economía e Financiamento indica que o orzamento supón un claro exercicio de contención no gasto que deberá axustarse segundo a evolución efectiva dos ingresos, a priorización estratéxica na administración dos recursos e unha aposta pola planificación estratéxica e temporal dos investimentos. A execución dos orzamentos durante o 2007 debe ir acompañada dun intenso e comprometido proceso que mude a estrutura e a lóxica do gasto. O vicerreitor de Economía e Financiamento explica que o Claustro aprobou unha emenda para o orzamento do exercicio 2007 pola que os créditos repartidos aos centros para actividades relacionadas coa docencia, subministros e equipamentos docentes, se incrementen no exercicio 2007 nun 12 % sobre a cantidade distribuída en 2006. As cantidades que figuran no orzamento agora presentado nesas partidas-22100 e 62600-, son as distribuídas aos centros no ano 2006. A proposta é retraer de partidas de calidade e de recursos centralizados. O orzamento que se presenta contempla un cambio respecto das Liñas Xerais aprobadas no Claustro ao ubicar a cantidade transferida ao Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, que figuraba como Transferencia de Capital- Capítulo VII_, no Capítulo de Transferencias de correntes- Capítulo IV-, atendendo ao pedimento de última hora deste organismo. A continuación teñen lugar varias intervencións de membros do Consello de Goberno, ás que seguen comentarios ou respostas do vicerreitor de Economía e Financiamento. D. X.G.M. considera que nesta proposta de orzamentos os obxectivos son ambiciosos para os problemas económicos que hai. Fai unha valoración positiva dos orzamentos e anuncia o voto positivo. D. E.G.S. considera que o vicerreitor incorre nun lapsus cando se refire a que hai dos modificación nas liñas xerais, xa que as liñas xerais son as que se aproban no claustro e non as que entran. Pregunta polas partidas de material de oficina en Prácticas Xurídicas e Criminoloxía (50.000 e 60.000 euros). D. J.M.C.M. fai unha valoración positiva e anuncia o voto positivo. Na súa intervención pregunta pola diminución significativa respecto ao ano pasado en convocatorias de axudas propias á investigación.

D. E.C.V. cuestionase algunhas partidas como os equipamentos para os POP, a partida para Teleeducación, e as asignacións a Uninova e a Asociación Amigos da USC D. Juan José Casares Long fai algunhas apreciacións en canto a posibles erros do texto que aparecen na páxina cinco e na páxina seis. Agradece a mellora na Calidade e Análise do procedemento. Considera que non estamos a abordar o reto do EEES posto que non se ven reflectidos no presuposto xa que si se suman o orzamento da Vicerreitoría de Oferta Docente e da Vicerreitoría de Profesorado e Organización Académica non se aprecia crecemento. E realiza as seguintes preguntas: Por que aparecen os ingresos das empresas participadas e non aparecen os gastos das mesmas? A que se debe o ingreso de 1.440.000 do Central Hispano fronte a 260.000 da Fundación Caixa Galicia? No que se refire ao gasto pregunta polos 45.800 euros de persoal de alta dirección. Considera que é necesario coñecer os datos e o tipo de interese da débeda. Quere ademais información da Cátedra Santander Central-Hispano dotada con 72.000 euros. No concepto 621, Edificios e outras Construcións, pregunta por que hai unha partida orzamentaria de 3.583.000 da Vicerreitorado de Economía e Financiamento para obra nova. En relación a intervención de D. E.G.S., o vicerreitor de Economía e Financiamento explica que se refería ás modificacións da proposta para dar cabida ao cumprimento da emenda aprobada na sesión do Claustro. En relación aos gastos do Capítulo dous de Criminoloxía e Prácticas Xurídicas trátase de cartos ingresados por docencia que se gastan en gasto corrente. En relación a intervención D. J.M:C.M: indica que no capítulo seis diminuíron as convocatorias de axudas propias porque poden ser asumidas pola Xunta de Galicia. En relación a intervención de D.E.C.V. o vicerreitor indica que no capítulo 6 150.000 euros de equipamento se reparte entre os centros, e que se considerou a importancia de que a distribución deste importe fose ligado a políticas de calidade e de EEES. Os 9000 euros de Teleeducación está dentro do Plan Estratéxico das TIC en colaboración coa Conferencia de Empresarios para actividades de formación entre Empresas e Universidade. En relación a UNINOVA e UNIXEST, capítulo 4, sinala que as cantidades que se transfiren son subvencións correntes por valor de 38.000 euros; as outras transferencias de 40.000 euros son para o mantemento da Casa de Europa,e non se contemplan outras transferencias para as empresas da USC. En relación a intervención de D. Juan José Casares Long, o vicerreitor pide desculpas polos erros na redacción e indica que só se recollen as transferencias ás empresas participadas porque os ingresos non se poden recoller nos orzamentos ata que sexan firmes, e ata o de agora non se teñen producido tales beneficios non sendo ademais ese o obxecto da empresa. Polo que respecta ao que achega cada entidade financeira, Caixa Galicia e Caixa Nova explica que son achegas cuantitativamente moi distintas xa que o que ingresan son ingresos finalistas e SCH asesora UNIEMPRENDE; engade que no capítulo trece os salarios de altos directivos destínanse ao salario do xerente e ao secretario do Consello Social. Polo que respecta ao endebedamento, o vicerreitor explica que o préstamo ten interese variable con unha diferenza euribor +0.04+0.1. Sinala o vicerreitor queo banco Santander Central Hispano aporta 1.400.000 euros no convenio coa USC. En relación a última cuestión sinala o vcerreitor, que o concepto

621, Edificios e outras Construcións, hai unha partida orzamentaria en Economía e en Infraestruturas, xa que é un imperativo que o trámite de xestión de proxectos e contratación contable dependa de economía. Rematada a quenda de intervencións é sometida a votación a proposta de orzamentos 2007 presentada, coas modificacións aceptadas, foi aprobada por trinta e cinco votos a favor, dous en contra e catro abstencións. Os orzamentos correspondentes ao ano 2007 poden ser consultados neste enderezo electrónico: http://www.usc.es/xerencia/economia/orzamentos/orzamento_2007.pdf 7. Calendario Académico 2007-2008 Informa a secretaria xeral segundo a proposta achegada coa convocatoria e sinala que a proposta mantén a estrutura do calendario dos anos anteriores. O reitor intervén para solicitar que se modifique o inicio do curso académico para o día 1 de outubro. DªA.M.B.M. solicita un esforzo nos próximos cursos para adecuarnos ao Calendario Europeo. O reitor comenta as dificultades de conseguir este obxectivo nestes momentos, xa que non somos autónomos e temos que facelo conxuntamente coas universidades do SUG. Sometida a proposta a aprobación coa modificación indicada acordouse por asentimento aprobar o Calendario Académico 2007-2008. Dito calendario académico atópase en: http://www.usc.es/estaticos/goberno/consello/calendarioacademico2007-2008.pdf 8. Aprobación de concesión das retribucións por méritos adicionais ao labor docente e investigador A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica presentou a proposta informada favorablemente pola COAP o 14 de decembro de 2006. Sinalou que foi notificada pola Axencia para a Calidade do S.U.G. a relación do profesorado da USC que foron avaliados positivamente en relación cos complementos de recoñecemento do labor docente e do labor investigador na convocatoria aprobada por resolución do 16 de outubro de 2006 (DOG do 31 de outubro). A vicerreitora explica que se trata de 11 profesores en relación ao complemento ao labor docente e 10 en relación ao complemento do labor investigador. D. Juan José Casares e D.A.P.V. cuestionan o non ter acceso a esta documentación ata o momento da reunión do Consello de Goberno. A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica indica que se está a analizar cal debe ser o procedemento correcto. Sométese a aprobación do Consello de Goberno, aprobar e propoñer ao Consello Social a concesión das retribucións adicionais por méritos ao labor docente e ao labor investigador, establecidas polo Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas aos méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, aos profesores que obtiveron a estes efectos a avaliación positiva da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, de conformidade coa convocatoria

aprobada por resolución do 16 de outubro de 2006 (DOG do 31 de outubro), e que se relacionan no anexo. Sometida a proposta a votación foi aprobada por 28 votos a favor, cero en contra e seis abstencións. 9.APROBACIÓN ACORDOS DE INTERESE MUTUO DEPARTAMENTOS A vicerreitora de Calidade e Planificación presenta as propostas achegadas que foron postas a disposición dos membros do Consello de Goberno a través da web da USC. Sometida a proposta a aprobación, acordouse por asentimento aprobar os acordos de interese mutuo para impulsar a planificación dos seguintes Departamentos, segundo os documentos que foron achegados e os seus anexos. Departamento de Botánica Departamento de Xeometría e Topoloxía Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica Departamento de Fisioloxía Departamento de Didáctica da Expresión Musical Plástica e Corporal Departamento de Estatística e Investigación Operativa Departamento de Filoloxía Alemá. 10. CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA INVESTIGACIÓN ANO 2007 A vicerreitora de Investigación e Innovación presentou a proposta a disposición dos membros do Consello de Goberno. Explicou o contido das diversas convocatorias de axudas e as novidades respecto das convocatorias anteriores, e en particular, que se manteñen as axudas propias de viaxes e estadías as visitas e a axuda aberta e suprímense os contratos postdoutorais e algunhas axudas como as de reunións científicas por considerar que quedan suficientemente cubertas coas axudas da Xunta de Galicia. Entre as novidades están os contratos predoutorais. D.J.A.C.P. mostra a súa preocupación pola supresión de contratos post -doutorais e considera que se deberían analizar os resultados destas axudas. A vicerreitora sinala como argumentos a favor da supresión a existencia dunha convocatoria de contratos posdoutorais da Xunta de Galicia e o alto nivel de renuncia asociado á nosa convocatoria propia. D. X.A.A.P. manifesta a súa desconformidade con que só se financie unha axuda para viaxes de investigación por solicitante non considera procedente a distinción de ter ou non o DEA. En relación ás bolsas de premios estatais, considera que non queda claro no texto pero entende que por ser bolsa substitutoria de FPU/FPI e ter como obxectivo, polo tanto, a realización da tese de doutoramento, a normativa vixente obriga a adoptar un modelo de dous anos de bolsa e dous anos de contrato en prácticas. Por outra banda, considera pouco conveniente que na axuda aberta se exclúan expresamente as solicitudes de axudas para rematar a tese de doutoramento e as axudas para estadías de persoas que non teñan superada a etapa de formación. Considera ademais, que no programa de axudas para contratos predoutorais debera haber subvención de bolsa/contrato para estudantes que non teña o DEA.

En relación coas axudas a viaxes de investigación, a vicerreitora de Investigación e Innovación defendeu a proposta indicando que, se ben poden empezar a producirse resultados da investigación antes de ter o DEA, a demanda de axudas para asistencia a congresos e estadías soen ser nas fases finais do período de investigación. Así mesmo, considera que a contía das axudas diferenciada para estudantes de doutorado e bolseiros a decidirá a Comisión de Investigación delegada do Consello de Goberno. Por outra banda sinala que se fará o necesario para clarexar a convocatoria de bolsas de premios estatais. En relación a axuda a aberta indica que pode entenderse como un incentivo para a prolongación desta etapa. En relación a última parte da intervención de D. X.A.A.P. sobre programa de axudas para contratos predoutorais, considera que está suficientemente cuberto. D. X. G. M. mostra a súa satisfacción por manter o gasto nesta convocatoria para evitar solapamentos e considera que sería oportuno que se presentase a valoración da convocatoria anterior. Sería interesante, ademais que coa convocatoria se achegue a valoración económica correspondente. Considera que se deberían definir o obxecto da axuda aberta. A vicerreitora deu conta dos datos económicos dispoñibles e do número de bolsas e axudas cubertas así como das que quedaron desertas porque existían outras fontes de financiamento. Por último, argumentou a necesidade de manter a axuda aberta sen delimitar o seu contido a fin de poder cubrir algunhas necesidades imprevistas na convocatoria. Así mesmo, sinalou a importancia de resolver esta convocatoria específica unha vez ao ano, co fin de lograr unha maior obxectividade na resolución. Sometida a proposta a votación coas modificacións indicadas pola vicerreitora foi aprobada por vinte e sete votos a favor, un en contra e seis abstencións. Esta convocatoria pode ser consultada en: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/documentos/271_gl.pdf 11.REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA A secretaria xeral presenta a proposta de ratificación do Regulamento de Réxime Interno da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Sometida a proposta a aprobación, foi ratificado por asentimento o Regulamento de Réxime Interno da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, aprobado pola Xunta de Escola o 21 de Decembro de 2006 que conta co informe favorable da Asesoría Xurídica. Dito regulamento pode consultarse en: http://www.usc.es/gl/normativa/regulamentos/regulcentpostlou.htm 12.REGULAMENTO DE RÉXIMES INTERNO DO DEPARTAMENTO DE ESTATÍSTICA E INVESTIGACIÓN OPERATIVA A secretaria xeral presenta a proposta de ratificación do Regulamento de Réximes Interno do Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Sometida a proposta a aprobación foi ratificado por asentimento o Regulamento de Réxime Interno do Departamento de Estatística e Investigación Operativa, aprobado polo Consello de Departamento o 18 de decembro de 2006 que conta co informe favorable da Asesoría Xurídica.

Dito regulamento pode consultarse en: http://www.usc.es/gl/normativa/regulamentos/reguldeparpostlou.htm 13.PRAZAS DE PROFESORADO A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica, presentou a proposta da COAP do14 de decembro de 2006 a disposición do Consello de Goberno,sobre a solicitude de prazas presentadas por departamentos. Sometida a proposta a aprobación, acordouse por asentimento, visto o informe da Comisión de Organización Académica e Profesorado (COAP) 1.- Crear e comunicar ao Consello de Coordinación Universitaria as seguintes prazas: Profesor Titular de Universidade, con dedicación a tempo completo do Departamento de Didáctica e Organización Escolar, Área de Didáctica e Organización Escolar, con destino en Santiago de Compostela. Praza que transforma: PX0148 Catedrático de Universidade, con dedicación a tempo completo do Departamento de Historia Contemporánea e de América, Área de Historia Contemporánea, con destino en Santiago de Compostela. Praza que transforma: C00924 2.- Deixar en espera ata o ano 2007 a decisión sobre a petición de crear e convocar a seguinte praza de profesorado así como amortizar a praza vacante da LRU (L00155): a) Profesor Asociado Ciencias da Saúde LOU (P3) do Departamento de Pediatría, Área de Pediatría, con destino en Pontevedra. 14.CAMBIOS DE DEDICACIÓN PDI A vicerreitora de Profesorado e Organización Académica presenta a proposta que conta co informe favorable da COAP (14 de decembro de 2006). Explica que se trata da solicitude de cambio de dedicación a tempo parcial dun profesor da área de da Computación e Intelixencia Artificial (075) do Departamento de Electrónica e Computación D. A.P.V. considera que o informe debe ser favorable sempre que non xere unha praza nova. Sometida a proposta a votación acorda, por vinte e seis votos a favor, cero en contra e cinco abstencións, aprobar a petición do interesado, e tendo en conta o informe do Consello de Departamento de Electrónica e Computación aprobar o cambio de dedicación de tempo completo a P6 da praza que se indica, de conformidade con art. 18 dos Estatutos da USC: Profesor: Carlos Hernández Sande Departamento: Electrónica e Computación Área: Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial.

15.CONVENIOS O vicerreitor de Relacións Institucionais dá conta dos convenios dos que se solicita a aprobación ou ratificación. Sometida a proposta a aprobación, acordouse por asentimento aprobar ou ratificar os seguintes convenios. a) Convenios presentados pola Vicerreitoría de Relacións Institucionais. 1. Convenio de colaboración entre o Ministerio de Sanidade e Consumo e a USC polo que se cede o uso de aulas e dependencias universitarias para a realización das probas selectivas 2006. 2. Acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para o financiamento dos complementos retributivos autonómicos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión. 3. Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas, para crear as condicións e facilitar os medios para impulsar a adaptación ó Espazo Europeo de Educación Superior, mediante a realización de proxectos e iniciativas para tal fin. 4. Convenio de colaboración entre a Consellería de Industria e Innovación e as tres universidades galegas para o desenvolvemento do Posgrao Oficial de Turismo (Máster en Dirección e Planificación do Turismo). 5. Acordo de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e as tres universidades galegas, para o reparto do fondo de apoio á investigación do exercicio 2006. 6. Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, e a USC para a realización do proxecto de desenvolvemento das potencialidades de menores e adolescentes en situación de exclusión na localidade de Cuenca (Ecuador). 7. Convenio Marco de colaboración entre a USC e a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo da Comunidade Autónoma de Galicia - Autismo Galicia-, para o desenvolvemento de programas de voluntariado. 8. Convenio Marco de colaboración entre a USC e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down -Down Galicia-, para o desenvolvemento de programas de voluntariado. Acordo específico de intercambio de estudantes e persoal académico que celebran a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Novo México (EE.UU). b) Convenios presentados polo Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua. 1. Protocolo específico de colaboración entre a Universidade de Castilla la Mancha, a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Estudios Fiscales, para a realización do programa de doutoramento interuniversitario en Dereito Tributario Europeo.

2. Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servicio Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización da segunda edición do curso de posgrao Máster en Economía e Xestión da Saúde. Convenios de prácticas de cursos de posgrao segundo modelo tipo: 1. Convenio de colaboración entre a empresa Unirisco e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudiantes que participan no curso de posgrao - M622 Máster en Banca, Finanzas e Seguros. 2. Convenio de colaboración entre a empresa Coremain, S.L e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudiantes que participan no curso de posgrao - M620 Máster en Xestión de Recursos Humanos nas Organizacións. 3. Convenio de colaboración entre a empresa Hércules de Ediciones, S.A. e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de estudiantes que participan no curso de posgrao - M516 Máster en Edición. 4. Convenio de colaboración entre o ente público Portos de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos que participan no - M507 Máster en Linguas Estranxeiras Aplicadas á Empresa. 16. PARTICIPACIÓN NA FUNDACIÓN GALEGA PARA A SOCIEDADE DO COÑECEMENTO O vicerreitor de Economía e Financiamento dá conta da proposta ea participación na Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento. Explica que a fundación ten por obxecto o impulso, promoción e coordinación de actividades para a mellora da competitividade das empresas galegas e a súa internalización, análise de novos proxectos de investimento, a extensión e implantación de novas tecnoloxías, o desenvolvemento da sociedade da información e o impulso das redes do coñecemento e cooperación. Sometida a proposta a probación, acordouse por asentimento aprobar a proposta de que a USC participe como patrón de dita Fundación así como da proposta de Estatutos da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento e a proposta de participación económica da USC. 17. PARTICIPACIÓN NA EMPRESA COMPOSTELA MEDIA UNIVERSITAS S.L. O vicerreitor de Relacións Institucionais informa sobre a proposta de participación na empresa Compostela Media Universitas S.L. Explica que dita sociedade ten por obxecto a produción de documentais de calidade e prestixio presentado co aval científico das universidades que forman parte do grupo Compostela coa finalidade de divulgar e dar a coñecer as principais liñas de traballo e investigación das institucións de Educación Superior e o papel que xogan na sociedade. A sociedade ten o seu domicilio na Universitat Jaume I.

O capital social fixase en 12.000 euros, representado por 4 participacións sociais, de 3.000 euros cada unha delas. Dona M.I.G.R. deixa constancia da súa preocupación por se se está a duplicar un servizo que xa existe como propio na USC (SERVIMAV), un dos servizos con xornadas mal distribuídas. D. A.P.V. pregunta sobre a pertinencia de que a participación sexa a través de UNIXEST. O vicerreitor de Economía e Financiamento explica que o que ten decidido a USC é que calquera participación en calquera actividade mercantil deberá vehicularse por UNIXEST e lembra que todos os membros do Consello de Goberno forman parte da xunta xeral. Sometida a votación foi aprobada por vinte e cinco votos a favor, dous en contra e dúas abstencións a proposta de Estatutos da Compañía Mercantil Compostela Media Universitas, S.L. e a proposta de participación económica da USC. 18. INFORME SOBRE A VENDA DE DÚAS SOLICITUDES DE PATENTES PROPIEDAD DA USC A FAVOR DA EMPRESA A CONSTITUIRSE COA DENOMINACIÓN DE LABORATORIOS CIFGA, S.L. Informa a vicerreitora de Investigación e Innovación de dúas solicitudes de patentes propiedade da USC a favor da empresa a constituírse coa denominación de laboratorios CIFGA, S.L: D. X.G.M. solicita información sobre a autoría do informe e sobre que é o laboratorio CIFGA, e indica que cando sexa oportuno o dito informe debería pasar pola Comisión de Economía e a Comisión de Investigación do propio Consello de Goberno. D. A.P.V. chama a atención sobre algúns aspectos do informe e fai unha reflexión na que considera que os resultados de investigación, deberían ter outra forma de socializarse. O reitor intervén para indicar que do que se trata é de permitir que os resultados de investigación redunden na sociedade. A vicerreitora de Investigación e Innovación sinala que, cando se trate de someter dita proposta a aprobación, indicarase a autoría do informe por escrito, así como a composición da Xunta de Accionistas de Laboratorio CIFGA. Así mesmo, aclara que dito informe foi elaborado por axentes especialistas en valorización e transferencia de resultados de investigación do CITT, quen tras un largo proceso de negociación conseguiron deseñar unha proposta de acordo cos citados laboratorios. Por outro lado, a vicerreitora indica a necesidade de protexer os resultados de investigación, coa finalidade de que podan ser transmitidos convenientemente e redunden nun servizo á sociedade. Así mesmo D. X.X.G.M. propuxo que a proposta se avaliara no plano científico, mediante unha comisión de expertos, para que o Consello de Goberno tivera esta información. D. Juan José Casares Long amosa a súa preocupación polo secretismo nos resultados da investigación e realiza diversas cuestións sobre a empresa; pregunta se vai existir un contrato de aluguer dos laboratorios. A vicerreitora explica que son varias persoas con interese de constituírse como sociedade para investir en I+D, que se trata de poñer en valor algúns resultados de investigación que poidan dar lugar a patentes; engade que esta sociedade quere cubrir esta etapa intermedia de valorización dos resultados de investigación, etapa necesaria previamente á explotación da patente. En relación a este informe intervén Don Juan José Casares Long que indica que está de acordo coa labor de transferencia e mellora do tecido

industrial pero non en mesturar o público e o privado. A vicerreitora de Investigación e Innovación aclara que este traballo faino ó CiTTT e é un proceso de negociación que leva anos. Engade que a empresa asume un risco moi grande e redunda na idea da importancia de conseguir investimentos para poder superar determinadas etapas de investigación para que determinados resultados non queden en vía morta. 19. ASUNTOS ECONÓMICOS NON HAI 20. ASUNTOS DE TRÁMITE A secretaria xeral dá conta dos asuntos de trámite que se someten ao Consello de Goberno que acordou por asentimento aprobar as seguintes propostas de premios extraordinarios de fin de carreira: Proposta de premios extraordinarios de fin carreira do curso académico 2005-2006, remitidos polas respectivas facultades ou escolas: o Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais: Premio extraordinario de Licenciatura de Administración e Dirección de Empresas: Dona Romina García Chas Proposta de premios extraordinarios de fin carreira do curso académico 2004-2005, remitidos polas respectivas facultades ou escolas: o Facultade de Química: Premio extraordinario de Licenciatura en Química: D. Jorge Eduardo Regueiro Tato D. Alejandro Criado Fernández Propostas de premios extraordinarios de doutoramento do curso académico 2004-2005, remitida pola Comisión de Doutoramento: o Escola Politécnica Superior Dra. dona Inés Santé Riveira Dr. D. Ramón Alberto Díaz Varela o Facultade de Química Dra. dona Josefina Carpinteiro Botana Dra. dona María del Rosario Rodil Rodríguez

Dra. dona Amada Moreno-Cid Barinaga o Facultade de Xeografía e Historia Dr. D. Leopoldo Fernández Gasalla Dra. dona Margarita Barral Martínez Dr. D. F. Javier Louzao Martínez Dr. D. Federico López Silvestre Dra. dona María José Piñeira Mantiñán 21. ROGOS E PREGUNTAS D.X.G.M.roga que se revisen as decisións sobre a achega de documentación aos membros do Consello de Goberno. D. X.M.V.R. pregunta se existe algunha estratexia en relación ao aparcadoiro do CIBUS. O vicerreitor de Economía e Financiamento contesta que non se ten tomada ningunha decisión. D. X.A.A.P. solicita unha normativa unificada de terceiro ciclo e investigadores en formación e emprender a elaboración do Estatuto do Estudantado de Terceiro Ciclo e Investigadores en Formación. E non habendo máis asuntos que tratar, ás trece horas e trinta minutos, a Presidencia deu por rematada a sesión, da que eu, como secretaria xeral, e co visto e prace do Sr. reitor dou fe. Vº e Pr. O REITOR A SECRETARIA XERAL Senén Barro Ameneiro Isabel García-Rodeja Gayoso