XXXII REUNIÓN DE ESTUDOS REGIONALES DESARROLLO DE REGIONES Y EUROREGIONES. EL DESAFÍO DEL CAMBIO RURAL

Similar documents
O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Silencio! Estase a calcular

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

DESIGUALDADE E POBREZA EN GALICIA NOS ANOS 2007 E COMO SE DISTRIBÚEN OS EFECTOS DA CRISE?

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Publicado en: Revista Galega de ciencias Sociais, 1, páxs , 2003

Problema 1. A neta de Lola

ANALIZANDO A DESIGUALDADE GLOBAL: A EVOLUCIÓN DAS DESIGUALDADES INTERNAS E ENTRE PAÍSES NO CONTEXTO DA GLOBALIZACIÓN

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

Síntesis da programación didáctica

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

A RIQUEZA E O SEU EFECTO SOBRE O CONSUMO NO CONTEXTO DA CRISE GLOBAL: O CASO DA UNIÓN ECONÓMICA E MONETARIA (UEM)

EFECTOS SOCIOECONÓMICOS DO ACTUAL PROCESO DEMOGRÁFICO EN GALICIA

Revista Galega de Economía Vol (2015)

ANÁLISE DO SECTOR TÉXTIL, CONFECCIÓN E CALZADO

EDUCACIÓN, EMPREGO E POBOACIÓN DE GALICIA

ESTUDO DA OCUPACIÓN NO MERCADO DE TRABALLO EN GALICIA. INFLUENCIA DO XÉNERO 1

Facultade de Fisioterapia

O Software Libre nas Empresas de Galicia

Revista Galega de Economía Vol (2017)

MULLERES E MERCADO DE TRABALLO: ANÁLISE DAS OCUPACIÓNS A NIVEL DE XÉNERO

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

Inmigración estranxeira e territorio en Galicia MARROCOS. Marrocos

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

A INTERFERENCIA FONÉTICA NO ESPAÑOL DA CORUÑA. A VOCAL [o] TÓNICA. Sandra Faginas Souto 1 Universidade da Coruña

CONTRASTE EMPÍRICO DO MODELO CAPM: APROXIMACIÓN A NON LINEARIDADE PARA O MERCADO ESPAÑOL DE CAPITAIS

ESTRUTURA LABORAL E DEMOGRÁFICA DE MOECHE ESTRUCTURA LABORAL Y DEMOGRÁFICA DE MOECHE DEMOGRAPHIC AND EMPLOYMENT STRUCTURE OF MOECHE

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

INCIDENCIA DO TAMAÑO SOBRE O COMPORTAMENTO FINANCEIRO DA EMPRESA. UNHA ANÁLISE EMPÍRICA CON PEMES GALEGAS 1

PROXECTO: BARÓMETRO DE XÉNERO E DESIGUALDADE. UNHA APROXIMACIÓN A MODELIZACIÓN CUANTITATIVA

Inferencia estatística

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

O INVESTIMENTO ESTRANXEIRO DIRECTO EN GALICIA. SITUACIÓN ACTUAL E ESTRATEXIAS DE FUTURO

ESTUDO SOBRE O SECTOR DOS MATADOIROS EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA

DESPOBOAMENTO E AVELLENTAMENTO: GALICIA CARA AO ANO 2020

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

VINTE ANOS DE GALICIA NA UNIÓN EUROPEA

Tradución e interpretación nos servizos públicos e asistenciais de Galicia.

AS ELECCIÓNS SINDICAIS NA ENSINANZA PÚBLICA NON UNIVERSITARIA EN GALICIA ( )

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

Carlos Cabana Lesson Transcript - Part 11

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

REVOLUCIONAN A ECONOMÍA ACTUAL. Mostra bibliográfica con motivo do 8 de marzo, Día internacional das mulleres Marzo 2017

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Clasificación dos concellos e parroquias segundo o grao de urbanización

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

A ENFERMIDADE PNEUMOCÓCICA INVASORA EN GALICIA:

Revista Galega de Economía ISSN: Universidade de Santiago de Compostela España

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

A ACCESIBILIDADE RESIDENCIAL. UNHA REVISIÓN DA LITERATURA

TENDENCIAS E PROBLEMAS DA PESCA GALEGA NO CONTEXTO MUNDIAL E COMUNITARIO 1

Diferenzas de xénero na economía experimental

DETERMINANTES SOCIOECONÓMICOS DA LINGUA: O CASO DO GALEGO

DSpace da Universidade de Santiago de Compostela

ICEDE Working Paper Series

ELABORACIÓN DUN TEST PARA ESTIMA-LO TAMAÑO DO VOCABULARIO COÑECIDO EN LINGUA GALEGA

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

O uso de construcións con verbos soporte en aprendices de español como lingua estranxeira e en falantes nativos

Factores determinantes do prezo da vivenda da cidade de Ourense. Unha aplicación econométrica baseada no método dos prezos hedónicos

AUDITORÍA, COMITÉS DE AUDITORÍA E NEUTRALIDADE NA INFORMACIÓN NARRATIVA

CAMBIO ESTRUCTURAL E EFICIENCIA PRODUCTIVA DA ECONOMÍA GALEGA

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Universidade de Santiago de Compostela. Grao en Administración e Dirección de Empresas Xuño 2015

MERCADO DE TRABALLO, FORMACIÓN E EXCLUSIÓN SOCIAL: ANÁLISE DA SITUACIÓN DA POBOACIÓN RECLUSA DE GALICIA 1

VALORACIÓN CONTINXENTE E FÚTBOL: A CUANTIFICACIÓN DA DISPOSICIÓN A PAGAR

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

UN TEST DE VOCABULARIO EN GALEGO (T-VOGAL) 1 A TEST ON VOCABULARY ITEMS WRITTEN IN GALICIAN LANGUAGE

CADERNO Nº 9 NOME: DATA: / / Funcións e gráficas. Recoñecer se unha relación entre dúas variables é función ou non.

ANÁLISE DA POBOACIÓN DEPENDENTE EN GALICIA E DETECCIÓN DAS SÚAS NECESIDADES ASISTENCIAIS

O PAPEL DA IDENTIDADE ÉTNICA E DA VITALIDADE ETNOLINGÜÍSTICA SUBXECTIVA (VES) NA CONFIGURACIÓN DA CONDUCTA LINGÜÍSTICA EN GALICIA

PATRÓNS DE DESPOBOAMENTO DO RURAL GALEGO: UNHA ANÁLISE POR COMARCAS

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Arte rupestre galaica: unha achega dende a estatística espacial e os SIX

Os alófonos de /b, d, g/ en galego

As variantes gran e grande dentro da frase nominal

Igualdade e sostibilidade. Pode a loita contra a mudanza climática reducir a desigualdade?

ESTUDIO DOS AUTÓNOMOS DE OURENSE ANO 2011

IMPACTO DA VACINACIÓN INFANTIL FRONTE Á VARICELA NA INCIDENCIA DE HERPES ZÓSTER

A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL E OS STAKEHOLDERS: UNHA ANÁLISE CLÚSTER 1

Evolución dos exames de Historia nas PAU de Galicia ( )

Revista Galega de Economía Vol (2017)

Polinomios. Obxectivos. Antes de empezar

Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia Emprego precario, vida precaria Outubro de 2017

DOAZÓN DE ÓRGANOS Factores sociais e propostas de acción

Edita. Tradución. ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP) Rúa de Madrid, 2 4, Polígono das Fontiñas Santiago de Compostela

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

DIVERSIDADE DE XÉNERO NOS CONSELLOS DE ADMINISTRACIÓN DAS SOCIEDADES DOMICILIADAS EN GALICIA

O PROCESO DE INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS: O PAPEL DOS ORGANISMOS PÚBLICOS

Revista Galega de Economía Vol (2016)

Educación Social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense)

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

APROXIMACIÓN AO PERFIL E AO COMPORTAMENTO DO TURISTA SENIOR 1

Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo 2002

FACTORES DETERMINANTES EN MODELOS ECONOMÉTRICOS REXIONAIS DE MIGRACIÓN INTERNA

O COLAPSO DO CAPITALISMO ESPAÑOL: LECCIÓNS E PREGUNTAS PARA DESPOIS DUNHA CRISE

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Acrónimo: ECOSUM Destino: Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Social.

Transcription:

XXXII REUNIÓN DE ESTUDOS REGIONALES DESARROLLO DE REGIONES Y EUROREGIONES. EL DESAFÍO DEL CAMBIO RURAL DESIGUALDADE E DESENVOLVEMENTO NOS PAÍSES DA UE(15). Análise empírica baseada no ECHP (1994-01) 1 Angela Troitiño Cobas Dpto Economía Cuantitativa Universidade de Santiago de Compostela e-mail: ectroiti@usc.es RESUME O obxectivo principal deste artigo é o de analizar a evolución da desigualdade na distribución persoal da renda nos países da UE(15) así como aproximarnos á relación que puidera existir entre nivel de desigualdade e nivel de renda no ámbito espacial e temporal que nos permite a base de datos manexada (ECHP, 1994-01). A variable sobre a que traballamos e concluímos resultados é a renda dispoñible equivalente dos fogares en paridades. Realizamos unha primeira aproximación calculando as porcentaxes de poboación por intervalos definidos sobre a renda media europea. Completamos dita análise calculando algúns dos índices de desigualdade de mellores propiedades (Gini, Atkinson 1 e Theil 0). Achegámonos á relación entre desigualdade e desenvolvemento tentando identificar o tipo e a intensidade da asociación, así como tratando de ver até que punto os datos apoian a hipótese de Kuznets. Observamos a existencia dunha relación negativa entre desigualdade e nivel de renda, tanto no conxunto da UE15 como nalgúns dos seus países membros. En termos xerais, os países do sur de Europa (menos desenvolvidos) amósanse como os máis desigualitarios. Non obstante, os máis desenvolvidos (aproximando o desenvolvemento polo nivel de renda media) non sempre resultan ser os menos desigualitarios, feito que evidencia a necesidade de estender a análise a outras variables (desenvolvemento do estado do benestar, modelo de crecemento económico, etc) que con toda seguridade están a xogar un papel relevante. Palabras clave: cuantificación da desigualdade, desigualdade-desenvolvemento, aplicación empírica, países UE(15). 1 Traballo nado dentro do proxecto de investigación Desigualdades interrexionais e intra-rexionais en España: o papel da diversidade estrutural e institucional na evolución das disparidades rexionais coa financiación da Secretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia (PGIDT02CSO20102PR).

1. INTRODUCCIÓN Unha cuestión que está a suscitar un grande interese no campo socioeconómico é a da relación entre desenvolvemento e desigualdade, non só en canto a cómo o crecemento económico afecta á desigualdade senón tamén no eido de cómo a desigualdade pode afectar ó crecemento. Neste traballo tentaremos achegar algunha luz sobre a relación entre nivel de desigualdade e nivel de desenvolvemento (aproximado polo nivel medio de renda) nos países da UE(15). En definitiva, trataremos de achar respostas a preguntas como as seguintes: Que países da UE posúen os maiores niveis de renda dispoñible e cales posúen os menores niveis? Cal foi a súa evolución no período 1994-01? Que países da UE son os máis igualitarios e cales os máis desigualitarios? Como evolucionou a desigualdade no período analizado? Existe relación entre nivel de renda e desigualdade a nivel dos países da UE? É esta negativa ou positiva? Compórtase do mesmo xeito en todos os países? Os microdatos cos que traballamos proceden do Panel de Fogares da UE (ECHP) 2 que, segundo a súa propia metodoloxía, ten como obxectivo xeral poñer á disposición da Comisión Europea un instrumento de observación estatística para o estudo e seguimento do nivel de vida, as condicións do mercado de traballo e a cohesión social, en relación cos requirimentos de información das políticas activas da UE nestes ámbitos e cos seus efectos para a poboación. O período temporal que abrangue o panel é dende o ano 1994 ó 2001, ámbolos dous incluídos. Compre dicir que, malia constituír na actualidade unha das mellores fontes de microdatos no ámbito da UE (quizais a mellor por estar coordinada dende o inicio polo EUROSTAT, achegando información homoxénea para os diferentes países e rexións da UE), non por iso é infalible. 3 Entre as súas debilidades, ademais dos problemas de non resposta, de atrición, de imputacións, etc que, en maior ou menor grao, afectan ás bases de datos obtidas por mostraxe, o panel non recolle os inmigrantes e fogares de inmigrantes que se constituíron a partir do ano 1994. En teoría o panel reflicte os cambios demográficos da poboación europea, manténdose representativo ó longo do tempo (1994-01); non obstante o feito de non incluír a inmigración 2 European Community Household Panel (ECHP) UDB 1994-2001, version of December 2003. 3 Avalían a fiabilidade do panel, entre outros, os traballos de Peracchi (2002), Andrés e Mercader (2001), etc.

posterior a 1994 supón deixar á marxe da mostra unha pequena parte da poboación que cada vez é máis importante en número e que posúe unhas características propias diferenciadoras. En canto á metodoloxía, a variable da que partimos é a renda dispoñible dos fogares. Agora ben, dado que esta vén dada en unidades monetarias diferentes nos distintos países, homoxeneizámola en canto ó seu poder de compra aplicando paridades de poder adquisitivo. Asemade, para conquerir unha variable que represente o ben-estar económico dos membros dos fogares, consideramos adecuado transformar as rendas dispoñibles a través dalgunha escala de equivalencias que teña en conta tanto o tamaño como as economías de escala dos fogares. Para isto aplicamos a escala de equivalencias da OCDE modificada. Así pois, a variable sobre a que traballamos e concluímos resultados é a renda dispoñible equivalente dos fogares en paridades. Isto é, rendas libres de impostos e expresadas en paridades, que teñen en conta as economías de escala e o tamaño dos fogares, polo que podemos tomalas como indicadores do poder adquisitivo dos fogares con independencia do país ó que pertenzan. Por outra parte, á hora de analizar a desigualdade na distribución da renda, realizamos unha primeira aproximación calculando as porcentaxes de poboación por intervalos de renda definidos en función da media do conxunto. Completamos dita análise calculando algúns dos índices de desigualdade de mellores propiedades. En concreto, o índice de Gini, o índice de Atkinson con coeficiente de aversión á desigualdade α =1 e o índice Theil 0. 4 Dada a existencia dun número relativamente grande de medidas que poderiamos empregar, a selección das tres citadas foi feita baseándonos fundamentalmente nas boas propiedades que cumpren. 5 Neste senso, cabe destacar que o índice de Gini é un dos máis coñecidos, que o índice de Theil permite realizar a descomposición da desigualdade en termos de grupos poboacionais, e que o índice de Atkinson posúe unha intuitiva interpretación en 4 Para o cálculo destas medidas, ademáis dos paquetes infomáticos SPSS e EXCEL, manexamos o programa DAD: A Software for Distributive Analysis / Analyse Distributive de Jean-Yves Duclos, Abdelkrim Araar and Carl Fortin. MIMAP programme, International Development Research Centre, Government of Canada, and CIRPÉE, Université Laval. Acceso gratuido dende a páxina de internet http://132.203.59.36:83/ 5 Existe unha extensa bibliografía sobre medidas de desigualdade, propiedades e ordenación de distribucións. En Troitiño (2000) realizamos unha ampla revisión da mesma, analizando as características que cumpren as medidas que aquí empregamos e que as diferencian como as de mellores propiedades.

termos de benestar social, podendo interpretalo como a perda de benestar que provoca a desigualdade. Por exemplo, se o valor do índice de Atkinson é 0,25 indicaríanos que só co 75% da renda total, baixo unha distribución igualitaria, poderiamos acadar un benestar social idéntico ó que achega a renda actual. É dicir, o índice de Atkinson estanos a indicar a perda de benestar social debida á existencia de desigualdade. De seguido escomenzamos o noso estudo cuantificando, en primeiro lugar, os niveis medios de renda equivalente nos países da UE así como a súa evolución no período 1994-01. Seguimos coa análise da desigualdade personal na distribución da renda, da súa evolución e da relación entre desigualdade e desenvolvemento, aproximando o último polo nivel medio de renda dispoñible. 2. NIVEIS E EVOLUCIÓN DA RENDA MEDIA PARA O TOTAL DA UE15 E POR PAÍSES En primeiro lugar queremos situar os países da UE en canto ó seu grao de desenvolvemento, aproximando este polo nivel medio de renda dispoñible. Somos conscientes de que o desenvolvemento dun país implica moito máis có crecemento da súa renda per cápita; sen embargo, con vistas ó que aquí nos propoñemos tomaremos como válida esta aproximación económica. Na táboa 1 preséntanse as rendas medias dispoñibles dos países da UE para os anos do período 1994-01 así como para o conxunto da UE 6 e no gráfico 1 amósase a evolución das mesmas (ordenando os países segundo a renda media do ano 2001) 7. 6 A base de datos ECHP non achega información sobre Suecia, Finlandia e Austria para os primeiros tres, dous e un anos respectivamente. Luxemburgo conta con dúas bases de datos, a enquisa orixinal ECHP para 1994 e a ECHP baseada na enquisa nacional PSELL para 1995-01; comparando os resultados de ambas, xórdennos dúbidas sobre a súa homoxeneidade, polo que optamos por traballar só coa segunda. Tendo en conta as deficiencias anteriormente citadas -exclusión de Suecia (1994-96), Finlandia (1994-95), Austria (1994) e Luxemburgo (1994)-, cabe supoñer que a renda media da UE no ano 1994 estea subvalorada, en especial por ter excluído a Luxemburgo, país cunha renda media moi superior á media da UE. De feito, se empregamos a enquisa orixinal ECHP para Luxemburgo no ano 1994, a renda media da UE pasa de 10543 a 10724 (manténdose excluídos Suecia, Finlandia e Austria). Así mesmo, é previsible que as rendas medias da UE para os anos 1995 e 1996 estean algo sobrevaloradas debido á exclusión de Finlandia e Suecia, países cunha renda media dispoñible algo inferior á media. 7 Luxemburgo amosa niveis medios moi superiores ós restantes países polo que optamos por excluílo do gráfico co obxecto de divisar mellor (nunha maior escala) as diferenzas entre os restantes países.

Táboa 1: Renda media dispoñible equivalente en paridades, período 1994-01 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Portugal 7226 7672 7798 8237 8620 9129 9569 10565 Grecia 7460 7953 8300 8772 9396 9483 10343 10546 España 8858 8889 9191 9677 10104 10604 11789 12776 Italia 9749 10408 10490 10673 11280 11896 12662 12779 Irlanda 9512 10888 11695 11854 13406 13149 13220 14366 Finlandia 11337 11824 12109 12533 12933 13970 Suecia 11900 12324 12418 12856 14040 UE * 10543* 11685* 11862* 12408 12979 13408 14109 14979 Holanda 12038 12316 12910 13445 14285 15218 15252 15549 Francia 13087 13177 13388 13551 14453 15151 15179 16189 Reino Unido 11982 13197 12793 14296 15120 14794 15964 17272 Alemaña 13444 13371 14010 14583 14947 15398 16475 17812 Austria 14274 14178 14406 14517 15009 16353 17146 Dinamarca 12852 13835 14220 15245 15664 16439 17369 17823 Bélxica 14054 14296 14384 15241 15793 16661 16893 17785 Luxemburgo 21670** 21524 21798 23008 23223 23924 25976 27336 Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP (*) Excluíndo Suecia (1994-96), Finlandia (1994-95) e Austria (1994) e Luxemburgo (1994). (**) Empregando unha base de datos diferente (a enquisa orixinal ECHP) da empregada para o resto dos anos (adaptación da enquisa nacional PSELL). Gráfico 1: Niveis e evolución da renda media dispoñible, período 1994-01. 18000 16000 14000 12000 10000 8000 6000 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Dinamarca Alemania Bélxica Reino Unido Austria Francia Holanda UE (*) Irlanda Suecia Finlandia Italia España Portugal Grecia Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP (*) Excluíndo Suecia (1994-96), Finlandia (1994-95) e Austria (1994) e Luxemburgo (1994).

Como xa supoñiamos, os menores niveis de renda dispoñible danse nos países do sur de Europa. A pesares de que o crecemento da renda nestes países no período 1994-01 acadou as cotas máis altas da UE, no ano 2001 as rendas medias de Portugal e Grecia aínda se atopaban un 30% por debaixo da media da UE, e España e Italia un 15%. Curiosamente, algúns países do norte tamén amosan rendas medias algo inferiores ás do conxunto da UE, Finlandia e Suecia ó redor dun 6,5% e Irlanda un 4% a pesares de ter experimentado a maior taxa de crecemento anual acumulativa da Unión no período estudado. Os restantes países da UE15 gozan de niveis de renda dispoñible superiores dende un 4% a un 19% máis, agás Luxemburgo cunha renda media moi distante (un 82% superior no ano 2001). En canto á evolución no período 1994-01, Irlanda (6.1%), Portugal (5.6%), España e Reino Unido (5.4%), Grecia (5.1%) e Dinamarca (4.8%) constitúen os países que experimentaron os maiores incrementos. Os países con menores taxas foron Francia e Austria (3.1%) e Bélxica e Luxemburgo (3.4%). Así pois, en termos xerais, os países menos desenvolvidos atópanse entre os que máis incrementaron a súa renda (agás Italia) e os máis desenvolvidos (agás o Reino Unido e Dinamarca) pertencen ó grupo dos que menos medraron. Gráfico 2: Taxa media anual de crecemento da renda disponible no período 1994-01. Irlanda Portugal España ReinoUnido Grecia Dinamarca Finlandia Suecia Alemania Luxemb. Italia Holanda Bélxica Austria Francia 0 1 2 3 4 5 6 7 taxa media anual acumulativa en % (período 1994-01) Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP Seleccionando só España e o total da UE, os niveis de renda dispoñible equivalente en España son aínda claramente inferiores ós da UE, a pesares de ter aumentado o

seu poder adquisitivo a un ritmo superior ó da UE. España medrou algo máis ca UE 8 no conxunto do período, pero tal crecemento non foi uniforme, combinando unha ausencia de crecemento ó inicio (que implicou un distanciamento da UE) cun crecemento máis acelerado nos últimos anos que supón un novo proceso de acercamento ou converxencia cara a media europea. Agora ben, malia que sexa habitual empregar a renda media dun país como indicador do nivel de desenvolvemento económico do mesmo, o benestar que proporciona tal agregado non é independente da súa distribución. Tanto socialmente como en termos económicos non só importa o tamaño da tarta senón tamén cál é o reparto da mesma. Así pois, de seguido trataremos de medir cuan desigualitaria é a distribución da renda dentro de cada país e, posteriormente, achegarémonos ó estudo da relación entre ambos fenómenos. 3. NIVEIS E EVOLUCIÓN DA DESIGUADADE PARA O TOTAL DA UE15 E POR PAÍSES Nas últimas catro décadas os estudos sobre a desigualdade na distribución da renda acadaron un peso crecente na investigación económica e social. Os traballos pioneiros de Dalton (1920), Theil (1967), Atkinson (1970), Sen (1973), etc, sentaron as bases para o desenvolvemento dunha extensa bibliografía tanto teórica como empírica (Dasgupta, Sen and Starrett (1973), Rothschild and Stiglitz (1973), Kolm (1976 a, b), Ruiz-Castillo (1987), Foster and Shorrocks (1988), Chakravarty (1990), Lambert (1993), Pena Trapero (1996), Champernowne and Cowell (1998), Atkinson e Bourguignon (2000), Gradín e Del Río (2001), Bourguignon and Morrisson (2002), Smeeding and Rainwater (2002), Atkinson (2003), Moran (2004), Moisala (2004), etc). 8 A taxa media anual de crecemento da renda media dispoñible para o total da UE15 no período 1994-01 podemos valorar que estivo ó redor do 4,5%. Non é posible indicar un valor exacto dado que non dispoñemos de información para Suecia, Finlandia, Austria e Luxemburgo no ano 1994. Partindo da exclusión destes 4 países no ano 1994, a taxa media anual acumulativa da UE no período 1994-01 é igual a 5,1% (evidentemente a taxa parece estar sobrevalorada debido a que a renda media da UE suponse infravalorada no ano 1994, en especial pola exclusión de Luxemburgo). Incluíndo Luxemburgo no ano 1994 (empregando outra base de datos que achega o panel para este país), a taxa anual de crecemento da UE no período pasa a ser do 4,9%. Calculando a taxa media para o período 1995-01 (lembremos que no ano 1995 aínda non contamos cos datos de Suecia e Finlandia con rendas medias algo inferiores á media da UE), o crecemento promedio anual é do 4,2%.

Unha primeira aproximación ó estudo da desigualdade na distribución da renda, pódese obter calculando as porcentaxes de poboación por intervalos de renda. No gráfico 3 achegamos estas para o ano 2001, definindo os intervalos de renda en función da renda media dispoñible da UE15, tal que o primeiro intervalo inclúe a poboación con renda inferior ó 50% da media europea, o segundo recolle a proporción de poboación con renda entre o 50% e o 100% da media, e así sucesivamente. Os países aparecen ordenados segundo a porcentaxe de poboación que está entre o 50% e o 150% da media europea no ano 2001. Gráfico 3: Porcentaxes de poboación por intervalos de renda definidos en función da renda media europea. Ano 2001. Suecia Finlandia Holanda Dinamarca Austria Bélxica Alemania Francia Italia Irlanda UE Reino Unido España Grecia Portugal Luxemburgo (0-50) % (50-100)% (100-150)% (150 -...)% 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100% Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP. Como podemos ver, os países do sur da UE destacan polas súas maiores porcentaxes de poboación nos primeiros tramos de renda e menores nos últimos, indicativo dos seus menores niveis de renda. De feito, se definiramos unha liña de pobreza común para toda a UE 9, a % de pobres no conxunto da UE sería do 17%, figurando os países do sur xunto con Irlanda como os únicos con niveis de pobreza superiores á media, destacando Portugal cun 44% e Grecia cun 38% de poboación 9 Habitualmente as liñas de pobreza defínense como unha porcentaxe (50% ou 60%) da media ou mediana da distribución da renda dun determinado país. Sen embargo, dado que traballamos coas rendas dos diferentes países expresadas en paridades e, asemade, supoñendo que a UE ten por obxectivo non só a integración económica senón tamén social, o feito de establecer unha liña de pobreza común para toda a UE parécenos un proposta lóxica. Un artigo interesante ó respecto é o de Kangas e Ritakallio (2004). Considerando como liña de pobreza o 50% da renda media da UE, as porcentaxes de pobres en cada país (proporción de poboación que cae baixo a liña) virían dadas polo primeiro tramo das barras do gráfico 3.

baixo a liña de pobreza. No polo oposto aparece Luxemburgo, con máis da metade da súa poboación por enriba do 150% da media europea. En canto á desigualdade, cabe esperar que os países máis igualitarios posúan menores proporcións de poboación nos intervalos extremos e maiores nos centrais. Así pois, se observamos as porcentaxes de poboación con renda entre o 50% e o 150% da media europea, vemos como son os países nórdicos seguidos dos de centroeuropa os que posúen as maiores porcentaxes de poboación nos intervalos centrais e, en especial, Suecia e Finlandia. Pola contra, son os países do sur seguidos polo Reino Unido e Irlanda os que presentan as menores porcentaxes. Luxemburgo constitúe un caso aparte polo seu alto nivel de renda. Resulta pois que, do conxunto de países que teñen rendas medias inferiores ó conxunto da UE, os países do sur destacan pola súa baixa participación nos intervalos centrais (signo da súa alta desigualdade), na mentres que os do norte sitúanse no polo oposto (indicativo da súa baixa desigualdade). Para afondar máis na análise da desigualdade, calculamos algunhas das medidas máis coñecidas e de mellores propiedades; en concreto, o índice de Gini, o índice de Atkinson con parámetro de aversión á desigualdade α =1 e o Theil 0. Táboa 2: Índices de desigualdade para o total da UE 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Gini 0.345* 0.341* 0.328* 0.317 0.315 0.316 0.310 0.310 Atk. 1 0.210* 0.203* 0.188* 0.183 0.177 0.163 0.160 0.168 Theil 0 0.236* 0.223* 0.205* 0.191 0.187 0.186 0.178 0.178 (*) Excluíndo Suecia (1994-96), Finlandia (1994-95), Austria (1994) e Luxemburgo (1994). Fonte: elaboración propia a partir do ECHP Os resultados presentados na táboa 2 indícannos, con pequenas diferenzas en función do índice utilizado, unha diminución da desigualdade comparando o final do período co inicio, se ben a tendencia á baixa foi máis clara na primeira metade ca na segunda. 10 10 Dado que os datos para a primeira metade do período non son totalmente homoxéneos (non se inclúen os mesmos países en todos os anos), realizamos tamén a estimación dos índices tendo en conta só os 11 países dos que dispoñemos de información para todos os anos. Os índices estimados a partir dos 11 países non distan moito dos estimados tendo en conta todos os países dispoñibles. Así, por exemplo, se comparamos os índices calculados para a UE15 cos correspondentes á UE(11) en cada ano do período 1997-01 (período no que dispoñemos de información para todos os países), as diferenzas

O índice Theil 0 cumpre a propiedade de ser descompoñible aditivamente polo que nos permite illar qué parte da desigualdade total da UE se debe á desigualdade existente dentro dos países e qué parte se debe á desigualdade entre eles. Dos correspondentes cálculos, podemos concluír que a desigualdade entre países supón ó redor dun 14% da desigualdade total, manténdose bastante estable ó longo do período. 11 No gráfico 3 podemos ver tanto os niveis como a evolución no tempo de ámbalas dúas compoñentes. En xeral, a desigualdade dentro dos países compórtase de xeito similar á desigualdade total, isto é, diminúe ó longo do período con maior intensidade ó principio. A desigualdade entre países non parece experimentar cambios moi significativos, amosando un lixeiro aumento no ano 1995 e posteriormente unha suave diminución. Gráfico 4: Evolución da desigualdade inter e intra países (Theil 0) Total UE 0.24 intra países 0.20 inter países 0.16 0.12 0.08 0.04 inter países 0.04 0.00 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 0.02 1994 1996 1998 2000 UE: excluíndo Suecia (1994-96), Finlandia (1994-95), Austria (1994) e Luxemburgo (1994). Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP Por países, malia as diferenzas que loxicamente presentan os tres índices seleccionados, en xeral, todos eles clasifican os países do sur como os máis desigualitarios (case sempre con niveis superiores ós do conxunto da UE, agás Italia), seguidos do Reino Unido e Irlanda. Os restantes países presentan niveis de desigualdade inferiores ós do total da UE, destacando os nórdicos (Dinamarca, maiores danse no ano 1997, sendo os índices de Atkinson 1 e Theil 0 da UE15 un 5% inferiores ós da UE(11) e o índice de Gini un 2% inferior. As diferenzas nos restantes anos son menores. A diminución da desigualdade na UE(11) entre 1994 e 1997 é significativa a un nivel de confianza do 95%. E, dado que, o comportamento da desigualdade nos países excluídos non foi máis á alza do que nos anos posteriores, cabe esperar que no conxunto a UE15 a desigualdade tamén experimentara un comportamento á baixa. Na segunda metade do período, a diminución da desigualdade para a UE15 non é significativa (agás segundo o índice Atkinson 1). 11 Esta porcentaje redúcese ó 10% se excluímos os países para os que non dispoñemos de información para algún ano (Suecia, Finlandia, Austria e Luxemburgo).

Finlandia e Suecia) como os máis igualitarios. No gráfico 5 podemos ver a evolución dos niveis de desigualdade medidos a través do índice Atkinson 1. Gráfico 5: Evolución da desigualdade segundo o índice Atkinson 1. Período 1994-01 0,23 0,20 0,17 0,14 0,11 0,08 0,05 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Portugal España Grecia UE(*) Reino Unido Italia Irlanda Bélgica Francia Holanda Luxemburgo Alemania Suecia Austria Finlandia Dinamarca (*) Excluíndo Suecia (1994-96), Finlandia (1994-95), Austria (1994) e Luxemburgo (1994). Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP Para facernos unha idea intuitiva do significado das diferenzas nos niveis de desigualdade entre os países nórdicos e os do sur de Europa podemos botar man da interpretación que en termos de benestar social ten o índice de Atkinson. Así, no ano 2001, na mentres que nos países do sur así como no Reino Unido a perda de benestar debida á desigualdade se cifra en máis do 15% (ata un 21% en Portugal) é dicir, se a renda estivera distribuída igualitariamente sería posible acadar un nivel de benestar similar ó actual só co 85% (ou menos) da renda total-, nos países nórdicos a perda de benestar debida á desigualdade é do 10% ou inferior. En canto á evolución temporal, a maioría dos países tenderon a diminuir a súa desigualdade, malia que non de forma homoxénea ó longo do tempo senón combinando continuas baixadas e subidas que, nos diferentes países, nen se diron ó mesmo tempo nen coa mesma intensidade. En resume, comparando os niveis de desigualdade de principios e finais do período, os tres índices analizados conclúen que Alemaña, Italia, Francia, Grecia e Austria diminuíron a súa desigualdade. A conclusión non é unánime para Irlanda, Portugal e Reino Unido os cales reduciron a súa desigualdade segundo algún destes índices, mentres que segundo outros non

presentan cambios significativos. Por outra parte, Suecia e Finlandia experimentaron os maiores incrementos; non obstante, a pesares de ter aumentado a súa desigualdade, a finais do período seguen a ser os países máis igualitarios. Os cambios non foron significativos en Luxemburgo, Dinamarca, Holanda e España. En termos xerais, as diminucións máis claras tiveron lugar a mediados dos anos noventa, sendo algúns dos países de centroeuropa e a maioría dos países do sur os que experimentaron as maiores caídas. España constituíu unha excepción a este comportamento, incrementando a súa desigualdade na primeira metade do período e tendendo a diminuíla na segunda, cun resultado neto de tendencia á baixa sen que esta resultase estatisticamente significativa. 4. DESIGUALDADE E DESENVOLVEMENTO NOS PAÍSES DA UE Aproximando o desenvolvemento pola renda media equivalente e medindo a desigualdade a través de calquera dos índices sinalados, observamos que ambos fenómenos se relacionan de forma negativa. Táboa 3: Correlación entre renda media equivalente e desigualdade nos países da UE. COEF. DE PEARSON 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Gini -,716(*) -,732(**) -,661(*) -,559(*) -,524(*) -0,478-0,472-0,499 Atk. 1 -,656(*) -,778(**) -,713(**) -,628(*) -,600(*) -,564(*) -,547(*) -,575(*) Theil 0 -,667(*) -,782(**) -,720(**) -,633(*) -,608(*) -,571(*) -,551(*) -,576(*) COEF. TAU-b DE KENDALL Gini -,564(*) -,675(**) -,714(**) -,505(**) -0,371 -,452(*) -,390(*) -,429(*) Atk.1-0,455 -,667(**) -,670(**) -,505(**) -,429(*) -,448(*) -,467(*) -,410(*) Theil 0 -,477(*) -,667(**) -,670(**) -,505(**) -,429(*) -,448(*) -,478(*) -,421(*) COEF. RHO DE SPEARMAN Gini -,682(*) -,821(**) -,789(**) -,657(**) -0,5 -,565(*) -,514(*) -,561(*) Atk.1-0,536 -,824(**) -,745(**) -,671(**) -,568(*) -,586(*) -,629(*) -,571(*) Theil 0-0,556 -,824(**) -,745(**) -,671(**) -,568(*) -,586(*) -,634(*) -,581(*) ** Correlación significativa ao nivel 0,01 (bilateral). * Correlación significativa ao nivel 0,05 (bilateral). Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP Como podemos ver na táboa 3, o coeficiente de correlación de Pearson, así como os coeficientes de correlación por rangos de Kendall e Spearman, achegan niveis

significativos medio-altos de correlación negativa, o que nos está a indicar que, polo menos dentro da UE e no período analizado, os países máis desenvolvidos achegan menores niveis de desigualdade mentres que os menos desenvolvidos amósanse como os máis desigualitarios. A intensidade da relación é algo máis forte a mediados dos anos noventa, diminuíndo suavemente cara finais da década. Constatada a existencia dunha relación negativa entre desigualdade e nivel de renda, cabe preguntarse se dita relación se da nun só sentido ou en ambos os dous. É o nivel de desenvolvemento económico o que condiciona a forma máis ou menos desigualitaria na que se distribúe a renda? É a desigualdade a que pode estar a condicionar o nivel de desenvolvemento? Condiciónanse mutuamente? Qué factores determinan os niveis e tendencias da desigualdade na distribución da renda? De qué xeito as desigualdades na renda inflúen sobre o desenvolvemento económico?, etc. Constitúen estas cuestións que, malia ser propostas fai xa medio século (Kuznets, 1955) e ter subscitado na actualidade unha extensa bibliografía ó respecto (Aghion e Williamson (2000), Bourguignon e Morrisson (2002), Atkinson (2003), Wade (2004), Cornia (2004), etc), aínda non conqueriron unha resposta axeitada. Dende o noso punto de vista, desigualdade e desenvolvemento inflúense mutuamente, pero tal relación é complexa e non doada de illar de moitas outras variables como as políticas económicas e sociais aplicadas, o desenvolvemento do estado do benestar, a cualificación do capital humano, o intercambio comercial, etc. Neste traballo, máis que entrar no debate teórico, trataremos de achegar algunha información empírica ao respecto analizando o comportamento conxunto da renda media e a desigualdade nos países da UE. No gráfico 6 obsérvase, a través da nube de puntos, a relación negativa entre nivel de renda e desigualdade (medida a través do índice Theil 0) para o ano 2001, se ben tamén se fai evidente que esta non é perfecta. Tratando de modelizar dita relación, a función paramétrica que mellor se lle axusta é unha función cuadrática (forma de U) cunha bondade do axuste que, sen ser desprezable, non é alta. 12 Fixándonos na posición que ocupan os países, observamos que os únicos con niveis de renda inferiores e de desigualdade superiores ós da UE son Portugal, Grecia e España. Todos os demais teñen niveis de desigualdade inferiores ós da UE, pero non todos desfrutan de rendas medias superiores. Italia, cun nivel de renda similar 12 Excluíndo Luxemburgo, o modelo cuadrático segue a ser o de maior bondade, acadando esta case que o mesmo valor.

ó de España amósase máis igualitaria. Suecia e Finlandia, con niveles de renda pouco maiores ó español e aínda inferiores ós da UE, caracterízanse polo seu baixo nivel de desigualdade. Xa con niveles de renda superiores á UE, Reino Unido preséntase como o país máis desigualitario e Dinamarca como o máis igualitario. Entre ambos, sitúanse en xeral os países de Centroeuropa. Un gao de desigualdade similar ós anteriores e unha renda media moi superior definen a posición de Luxemburgo. Gráfico 6: Diagrama de dispersión e axuste cuadrático do índice Theil 0 sobre o nivel medio de renda. Ano 2001. 0,24 0,22 Portugal R2=0.546 0,20 España Theil 0, ano 2001 0,18 0,16 0,14 Grecia Italia UE Reino Unido Irlanda Francia Bélxica 0,12 0,10 Holanda Suecia Finlandia Austria Alemania Luxemburgo 0,08 Dinamarca 9000 12000 15000 18000 21000 24000 27000 30000 Renda media equivalente en paridades, ano 2001 Fonte: elaboración propia a partir do ECHP As representacións para cada un dos anos do período 1994-01, sen ser moi diferentes, si presentan algúns cambios, feito indicativo do distinto comportamento que tiveron os diversos países nos anos analizados. Estudamos a relación entre renda e desigualdade en cada país no período 1994-01 calculando inicialmente os coeficientes de correlación de Pearson. Obtemos relacións significativas de intensidade bastante alta e signo negativo tanto no total da UE como en Alemaña, España, Grecia, Italia e Portugal (neste último agás segundo o índice de Gini). A correlación tamén é significativa e forte para Finlandia, pero neste caso é de signo positivo (o nivel de desigualdade aumenta coa renda media). Os restantes países achegan coeficientes non significativos, negativos en xeral, agás Suecia e Luxemburgo.

Táboa 4: Correlación de Pearson entre renda media e desigualdade, por países, no período 1994-01. UE Alemaña Austria Bélxica Dinamarca España Finlandia Francia Gini -,90(**) -,72(*) -0,64-0,17-0,54 -,78(*),91(*) -0,59 Atk.1 -,92(**) -,77(*) -0,56-0,45-0,44 -,71(*),91(*) -0,61 Theil -,92(**) -,76(*) -0,56-0,44-0,45 -,71(*),91(*) -0,60 Grecia Holanda Irlanda Italia Luxemb. Portugal Reino Unido Suecia Gini -,86(**) -0,61-0,51 -,92(**) 0,50-0,50-0,44 0,80 Atk.1 -,86(**) -0,57-0,37 -,93(**) 0,46 -,74(*) -0,54 0,69 Theil -,85(**) -0,57-0,36 -,93(**) 0,47 -,73(*) -0,54 0,69 (**) Correlación significativa ó nivel 0.01 (*) Correlación significativa ó nivel 0.05 Malia que a relación lineal observada entre desigualdade e renda media no conxunto da UE así como en Alemaña e nos países mediterráneos é alta e significativa, trataremos de ver se a intensidade da relación aínda é maior se temos en conta outro tipo de relación que non sexa a lineal. Para isto, representamos os diagramas de dispersión que nos amosan a evolución conxunta da desigualdade e renda media para cada país ó longo do período analizado e tratamos de ver se é posible atopar algún tipo de función que axuste adecuadamente o comportamento da desigualdade en función do nivel medio de renda. Escomenzando coa UE no seu conxunto, o gráfico 7 amósanos como a relación entre desigualdade e renda media é case perfecta a través dunha función cuadrática. 13 O axuste cuadrático posúe unha bondade moi alta (R2=0.934) indicándonos que para o total da UE na medida que a renda media se foi incrementando ó longo do período 1994-2001 a desigualdade foi diminuíndo. Fixémonos que a diminución da desigualdade é moito maior na primeira metade do período ca na segunda, observándose no último ano un repunte da desigualdade que podería ser indicio dun cambio de tendencia. 14 13 Empregando como indicador o índice de Theil. Con calquera dos outros índices, os resultados son esencialmente os mesmos (os mellores modelos a axustar son o modelo cuadrático ou o cúbico, e a bondade do axuste ó redor do 90%). 14 Lembremos que nos tres primeiros anos non dispoñemos da totalidade dos 15 países da UE.

Gráfico 7: Evolución conxunta da desigualdade e renda media ó longo do período 1994-01 para o conxunto da UE. Theil 0 0,24 1994 Axuste cuadrático, R2=0,934, UE(15) 0,23 0,22 1995 Observada Cuadrático 0,21 0,20 1996 0,19 1997 1998 1999 0,18 2000 2001 0,17 10000 11000 12000 13000 14000 15000 Renda media equivalente Fonte: elaboración propia a partir do ECHP Analizando individualmente cada país, na maioría dos casos o axuste cuadrático supera ó lineal. Ademais, naqueles países para os que o coeficiente de correlación de Pearson non era significativo, tampouco se observa a existencia doutro tipo de relación distinta á lineal que si o sexa. Así pois, os países que amosan unha relación significativa na evolución temporal da desigualdade e o nivel de renda son: i) Alemaña (axuste cuadrático, R2=0.925) e Italia (axuste cuadrático, R2=0.926) con relacións cuadráticas moi similares á da UE ii) Portugal (axuste cuadrático, R2=0.830), Grecia (axuste exponencial, R2=0.746) e España (axuste exponencial, R2=0.524) e iii) Finlandia (axuste cuadrático, R2=0.838). 15 En todos eles é posible rexeitar a hipótese de independencia entre o nivel de renda e a desigualdade ó nivel de significación 0.01 ou como moito ó nivel 0.05. Así mesmo, malia que a bondade da regresión non indica o signo positivo ou negativo da relación, o crecemento ou decrecemento da función si amosa o signo da asociación, polo que baseándonos na representación podemos concluír, ó igual que a través do coeficiente de Pearson, que a relación entre desiguadade e nivel de renda é negativa en Alemaña, Italia, Portugal, Grecia e España e positiva en Finlandia. 15 No relativo a Grecia, España e Finlandia, se ben os axustes que se sinalan son os que achegan un R 2 máis alto, hai que dicir que outro axustes (entre eles o lineal) son case igual de bos.

Tamén presenta unha relación positiva Suecia (axuste cuadrático, R 2 =0.910), malia que neste caso só podemos rexeitar a independencia ó nivel de significación do 10%. Para este nivel, tamén Francia (axuste exponencial, R 2 =0.413) amosaría unha relación negativa. En canto ó resto dos países, malia que estatisticamente non se pode rexeitar a hipótese de independencia a niveis de significación usuais, na maioría deles si se pode observar graficamente unha relación negativa feble (ver gráfico A1 do anexo). Gráfico 8: Evolución conxunta da desigualdade e renda media nalgúns países da UE para o período 1994-01. Axustes de funcións. Theil 0 0,20 0,18 0,16 0,14 0,12 0,10 1994 1995 1997 1996 axuste cuadrático, R2=0.925 1998 ALEMANIA 1999 2000 2001 Theil 0 0,25 0,24 0,23 0,22 0,21 0,20 0,19 1994 1995 1996 axuste exponencial, R2=0.524 1997 ESPAÑA 1998 1999 2001 2000 13000 14000 15000 16000 17000 18000 renda media dispoñible 9000 10000 11000 12000 13000 renda media dispoñible Theil 0 0,29 0,28 0,27 0,26 0,25 0,24 0,23 0,22 1994 1996 1995 axuste cuadrático, R2=0.83 PORTUGAL 1997 1998 1999 2000 2001 Theil 0 0,24 0,23 0,22 0,21 0,20 0,19 0,18 0,17 0,16 1994 axuste cuadrático R2=0.926 1995 ITALIA 1996 1997 1998 1999 2000 2001 7000 8000 9000 10000 11000 renda media dispoñible 10000 11000 12000 13000 renda media dispoñible

0,27 0,26 0,25 axuste exponencial, R2=0.746 GRECIA 1994 0,115 0,11 2000 2001 Theil 0 0,24 0,23 0,22 0,21 0,20 0,19 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 Theil 0 0,105 0,10 0,095 0,09 1997 1998 1999 SUECIA axuste cuadrático, R2=0.91 7000 8000 9000 10000 11000 renda media dispoñible 12000 12500 13000 13500 14000 renda media dispoñible 0,11 axuste cuadrático, R2=0.838 FINLANDIA 2001 0,24 1994 axuste exponencial, R2=0.413 FRANCIA 0,105 0,22 Theil 0 0,10 0,095 0,09 0,085 1996 1997 1998 1999 2000 Theil 0 0,20 0,18 0,16 0,14 0,12 1995 1997 1996 1998 1999 2000 2001 11000 11500 12000 12500 13000 13500 14000 renda media dispoñible 13000 14000 15000 16000 renda media dispoñible Fonte: elaboración propia a partir do ECHP En xeral podemos ver que o modelo que acada unha maior bondade do axuste é o cuadrático, seguido do exponencial. En calquera dos casos, podemos atopar unha certa semellanza coa hipótese de Kuznets da U invertida. Kuznets (1955) postulaba un incremento da desigualdade nas primeiras fases do desenvolvemento dun país e, posteriormente (acadada certa madurez no desenvolvemento), a desigualdade tendería a diminuír. Observado o comportamento dos países europeos, podería semellar que nos atopamos a niveis medio-altos de desenvolvemento e que os modelos cuadráticos e exponenciais obtidos constitúen a cola superior da U invertida de Kuznets. Agora ben, o repunte da desigualdade que algúns países están a amosar ó final do período tamén podería estar a indicar un novo comportamento da desigualdade ante etapas máis avanzadas do desenvolvemento. 18

En todo caso, realizada esta primeira aproximación descritiva da relación entre desigualdade e nivel de desenvolvemento, novas cuestións piden ser estudadas. Por exemplo, por qué os países do norte de Europa como Finlandia e Suecia, contando cunha renda media dispoñible menor co Reino Unido ou outros países de Centroeuropa, teñen unha distribución da renda moito máis igualitaria? Por qué foron os países máis igualitarios os que sufriron os maiores incrementos da desigualdade? Qué papel xoga o modelo económico de crecemento de cada país sobre o comportamento da desigualdade? Qué papel xoga o nivel de desenvolvemento do Estado do Benestar? Etc. Estas e outras cuestións forman parte de campos de discusión abertos na actualidade sobre o que é preciso seguir a estudar. 5. CONCLUSIÓNS Como xa supoñiamos, os menores niveis de renda dispoñible danse nos países do sur de Europa. A pesares de que o crecemento da renda nestes países no período 1994-01 acadou as cotas máis altas da UE, no ano 2001 as rendas medias de Portugal e Grecia aínda se atopaban un 30% por debaixo da media da UE, e España e Italia un 15%. Curiosamente, algúns países do norte tamén amosan rendas medias algo inferiores ás do conxunto da UE, Finlandia e Suecia ó redor dun 6,5% e Irlanda un 4% (a pesares de ter experimentado a maior taxa de crecemento anual acumulativa da Unión no período estudado). Os restantes países gozan de niveis de renda dispoñible superiores dende un 4% a un 19% máis ca media da UE15, agás Luxemburgo cunha renda media moi distante (un 82% superior no ano 2001). Definindo unha liña de pobreza común para toda a UE igual á metade da súa renda media dispoñible no ano 2001, son os países do sur, xunto con Irlanda, os únicos que amosan niveis de pobreza superiores ós da UE (17%), destacando Portugal cun 44% e Grecia cun 38%. España tería un 26% da súa poboación por debaixo da liña de pobreza europea. Os índices de desigualdade clasifican os países do sur de Europa como os máis desigualitarios (case sempre con niveis superiores ós do conxunto da UE, agás Italia), seguidos do Reino Unido e Irlanda. Os restantes países amosan niveis de desigualdade inferiores ós do conxunto, destacando os nórdicos (Dinamarca, Finlandia e Suecia) como os máis igualitarios, a pesar de ter sido os que experimentaron os incrementos da desigualdade máis claros do período 1994-01. 19

En canto á relación entre os niveis de desigualdade e desenvolvemento (aproximado pola renda media dispoñible) observamos a existencia dunha relación negativa e estatisticamente significativa no conxunto da UE. Isto indícanos que os países menos desenvolvidos tenden a ter maiores niveis de desigualdade cós que amosan maiores niveis de renda media. Analizando a evolución conxunta da desigualdade e renda media para o total da UE e, máis en concreto, o comportamento da primeira en función da segunda, o axuste cuadrático achega unha alta bondade (R 2 =0.934), indicándonos que no conxunto da UE a desigualdade foi diminuíndo na medida que a renda media foi aumentando, con menor intensidade na segunda metade do período analizado e, incluso, cun suave repunte da desigualdade cara ó final do mesmo que podería estar apuntando un cambio de comportamento. Tomando cada país de forma individual, poderiamos clasificar os mesmos en tres grupos atendendo ó comportamento da desigualdade en función do nivel de renda. Un primeiro grupo recolle os países que presentan unha relación negativa entre ambas, estatisticamente significativa. A el pertencen os países de menor renda e maior desigualdade, isto é, Portugal, Grecia, Italia e, en menor medida, España que viron diminuír a súa desigualdade na medida que se incrementaba a súa renda. A forma máis habitual de relación entre ambos fenómenos é a cuadrática ou a exponencial, caracterizándose por unha diminución da desigualdade máis pronunciada cando a renda media é máis baixa (primeiros anos do período) e por un freo á diminución (ou incluso un repunte da mesma) cando as rendas son máis altas (últimos anos do período). Tamén se inclúe neste grupo Alemaña e Francia que, malia non formar parte dos países con maior desigualdade e menor renda, si amosan unha relación negativa e estatisticamente significativa entre desigualdade e renda. Un segundo grupo, menos numeroso, é o constituído por Finlandia e Suecia, países que parten de niveis de desigualdade moi baixos e para os que a desigualdade aumenta ó aumentar a renda. No derradeiro grupo incluiriamos os restantes países, que malia presentar coeficientes de correlación negativos, estes non son estatisticamente significativos. Por último, sinalar a necesidade de ampliar o estudo cara a análise doutras variables (desenvolvemento do estado do benestar, desemprego e relacións comerciais, etc) que, de seguro, se relacionan tanto coa desigualdade como co desenvolvemento. Outro punto pendente de estudar é o relativo á sensibilidade dos resultados obtidos á non inclusión da inmigración dentro da mostra do ECHP a partir de 1994. 20

BIBLIOGRAFÍA AGHION, P. e WILLIAMSON, J.G. (2000): Growth, Inequality and Globalitation. Theory, History and Policy. Cambridge University Press. Cambridge. ANDRÉS, L. and MERCADER, M. (2001): Sobre la fiabilidad de los datos de renta en el Panel de Hogares de la Unión Europea (PHOGUE, 1994), Estadística Española, vol43, nº 148, 241-280. ATKINSON, A.B. (1970): On the measurement of inequality, Journal of Economic Theory, vol.2, 244-263., (2003): Income Inequality in OECD Countries: Data and Explanations, CESifo Working paper nº 881. ATKINSON, A.B. and BOURGUIGNON, F. (eds) (2000): Handbook of Income Distribution, North Holland, Amsterdam. BOURGUIGNON, F. and MORRISSON, C. (2002) Inequality among World Citizens: 1820-1992, American Economic Review, vol 92, nº 4, p.727-744. CHAKRAVARTY, S.R. (1990): Ethical social index numbers, Springer-Verlag, Heidelberg, New York, London, Paris, Tokyo, Hong Kong. CHAMPERNOWNE, D.G. and COWELL, F.A.. (1998): Economic Inequality and Income Distribution, Cambridge University Press, United Kingdom. CORNIA, G.A. (ed.) (2004): Inequality, growth, and poverty in an era of liberalization and globalization. Oxford University Press. Oxford. DALTON, H. (1920): The measurement of the inequality of incomes, Economic Journal, nº 30, 348-361. DASGUPTA, P., SEN, A. and STARRETT, D. (1973): Notes on the measurement of inequality, Journal of Economic Theory, nº 6, 180-187. DUCLOS, J-Y and ARAAR, A. (2004): Poverty and Equity: Measurement, Policy and Estimation with DAD, Université Laval. Documents and theoretical Manuals, http://132.203.59.36:83/ EUROSTAT (2003): European Community Household Panel (ECHP) UDB 1994-2001, version of December 2003. FOSTER, J.E. and SHORROCKS, A.F. (1988): Inequality and Poverty orderings, European Economic Review, nº 32, 654-662. GRADÍN, C, e DEL RÍO, C. (2001): Desigualdad, Pobreza y Polarización en la Distribución de la Renta en Galicia. Monografía nº 11. Instituto de Estudos Económicos de Galicia-Pedro Barrié de la Maza. A Coruña. 21

KANGAS, O. and RITAKALLIO, V-M. (2004): Relative to What? Cross-national Picture of European Poverty Measured by Regional, National and European standards, Luxembourg Income Study, Working paper nº 384. KOLM, S-C. (1976a): Unequal Inequalities I, Journal of Economic Theory, vol. 12, 416-442., (1976b): Unequal Inequalities II, Journal of Economic Theory, nº 13, 82-111. KUZNETS, S. (1955): Economic growth and income inequality. The American Economic Review, vol. XLV, nº 1, 1-28. LAMBERT, P.J. (1993): The Distribution and Redistribution of Income. A Mathematical Analysis, Second edition, Manchester University Press, Manchester and New York, 1993. MOISALA, J. (2004): Earnings in Europe. A Comparative Study on Wage and Income Disparities in the European Union, Labour Institute for Economic Research, Discussion papers nº 202. MORAN, T.P. (2004): Bootstrapping the LIS: Statistical Inference and Patterns of Inequality in the Global North, Luxembourg Income Study (LIS), Working paper nº 378. PENA TRAPERO, B. (dir.) (1996): Distribución personal de la renta en España. Pirámide. Madrid. PERACCHI, F. (2002): The European Community Household Panel: A review, Empirical Economics, vol 27, 63-90. ROTHSCHILD, M. and STIGLITZ, J.E. (1973): Some further results on the measurement of inequality, Journal of Economic Theory, nº 6, 188-204. RUIZ-CASTILLO, J. (1987): La medición de la pobreza y de la desigualdad en España, 1980-81. Estudos Económicos, nº 42. Banco de España. SEN, A. (1973) : On economic inequality, Oxford University Press, Oxford., (1992): Inequality re-examined, Oxford University Press, Oxford. SMEEDING, T.M. and RAINWATER, L. (2002): Comparing Living Standards across Nations: Real Incomes at the Top, the Bottom and the Middle, Social Policy Research Centre (SPRC), Discussion paper nº 120. THEIL, H. (1967): Economics and Information Theory, North-Holland Publishing Company, Amsterdam. TROITIÑO, A. (2000): A Medición da Desigualdade. Análise da Situación Galega no marco do Estado das Autonomías, Doctoral Thesis, Department of Publications and Scientific Exchange of the University of Santiago de Compostela, Spain. WADE, R.H. (2004): Is Globalization Reducing Poverty and Inequality? World Development, vol. 32, nº 4, 567-589. 22

ANEXO Gráficos A1: Diagramas de dispersión da desigualdade e renda media por países. Período 1994-01 (agás Austria, 1995-01) 0,135 95 AUSTRIA 0,20 IRLANDA 98 T0_Austria 0,13 0,125 0,12 0,115 0,11 0,105 96 97 98 99 00 14000 15000 16000 17000 renda_austria 01 T0_Irlanda 0,19 0,18 0,17 0,16 0,15 0,14 94 95 96 97 99 00 10000 12000 14000 renda_irlanda 01 0,17 94 95 BÉLXICA 0,18 94 LUXEMBURGO T0_Belxica 0,16 0,15 0,14 96 97 98 99 00 01 14000 15000 16000 17000 18000 renda_bélxica T0_Luxemburgo 0,16 0,14 0,12 0,10 99 95 98 96 97 00 01 22000 24000 26000 28000 renda_luxemburgo T0_Dinamarca 0,095 0,09 0,085 0,08 0,075 0,07 94 95 96 DINAMARCA 97 98 99 00 01 12000 14000 16000 18000 renda_dinamarca T0_Reino Unido 0,21 0,20 0,19 0,18 0,17 0,16 94 96 95 REINO UNIDO 97 99 00 98 01 10000 12000 14000 16000 18000 renda_ Reino Unido 0,18 HO LANDA T0_Holanda 0,17 0,16 0,15 0,14 0,13 0,12 0,11 94 95 96 97 98 99 01 00 Fonte: elaboración propia a partir do ECHP 12000 13000 14000 15000 16000 renda_holanda 23

24