nº 52 - setembro 2011

Similar documents
R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

Síntesis da programación didáctica

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

Memoria de Actividades Ceesg

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

II PLAN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE VIMIANZO ( )

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

III PLAN MUNICIPAL DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES

Concello de Baralla DENOMINACIÓN DA PRAZA/POSTO/EMPREGO: PERSOAL DE APOIO NO PAI. Concello de Baralla

Esta me. moria foi realizada por: Esta memoria foi realizada por: Mª Alcira Baleato Negreira (Traballadora social Centro de Saúde Fontiñas)

Silencio! Estase a calcular

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

PLAN DE COMUNICACIÓN DO PROGRAMA OPERATIVO DO FSE DE GALICIA

O Software Libre nas Empresas de Galicia

UNIDADES DE DESENVOLVEMENTO INFANTIL E APOIO FAMILIAR INFORME DE AVALIACIÓN

II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTREE MULLERES E HOMES CONCELLO DE CERCEDA

Sede Electrónica Concello de Cangas

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Plan Estratéxico

Primeira.- Facúltase a directora xeral da Familia para dicta-las resolucións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Procedimientos Auditivos e Instrumentais DEPARTAMENTO COORDINADOR/A DA DISCIPLINA. CURSOS 1º curso 2º curso 3º curso 4º curso.

Chega o OrientaConsello, o desembarco youtuber de Down Galicia

CIRCULAR 254 INFORMATIVA DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA MAIO / XUÑO 2015

VISIBILIZACIÓN DAS ARTISTAS. UNHA PONTE ENTRE A UNIVERSIDADE E O EIDO PROFESIONAL

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

PROTOCOLO DO COMEDOR ESCOLAR DO C.E.I.P. DE ARZÚA INTRODUCCIÓN Este protocolo é parte integrante do regulamento orgánico do centro escolar e de

TRAXECTORIAS E RETOS

DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA

BASES DO PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO VISTA REAL IV ( VILANOVA DE AROUSA )

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

RECURSOS E INSTRUMENTOS

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2011 Páx

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE REDONDELA

O pracer de xogar PROGRAMA. 20 ANIVERSARIO Asociación Galega. de Atención Temperá. 3 de xuño de 2017

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Xénero e discapacidade, unha dupla invisibilidade. Situación actual

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

A INTERVENCIÓN PEDAGÓXICA CON FAMILIAS INMIGRANTES: ESTRUTURA E AXENTES IMPLICADOS

PREESCOLAR NA CASA: DE PREPARACIÓN PARA A ESCOLA A EDUCACIÓN FAMILIAR NO MEDIO RURAL DE GALICIA (ESPAÑA)

plan estratéxico 2016 >> 2020

Cumpridos catro anos dende a constitución do Consello Galego das Mulleres procede pois o inicio do procedemento de renovación

CONCELLO DE MESIA (A CORUÑA)

CONCELLERÍA POLITICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES E SAÚDE

CENTRAL DE CARÁCTER CONSULTIVO ELECCIÓNS

PROXECTO EDUCATIVO C.P.I. PECALAMA TORDOIA

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx

I.E.S. Fernando Esquío PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Expediente: 5193/2017

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

3 Noviembre de Revista Revista Semanal. da Rede Galega de Información Xuvenil EN PORTADA / 2 / 5 / 5 / 6 / 8

A RAG suprime palabras ofensivas sobre a síndrome de Down

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016 Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde Sonia Martínez Arca Xerente

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

Cristina González Abelaira

Apertura dos centros de formación profesional á contorna local: percepción dos axentes sociais

A Fegamp pola Igualdade

Exploración do desempeño ocupacional dos nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA) no contexto escolar ordinario

Procesos preventivos e carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega ( )

vista Galega de Bloque temático ECONOMÍA, EMPRESA E MEDIO AMBIENTE Coordinadora MARÍA ROSARIO DÍAZ VÁZQUEZ

OS VIVEIROS GALEGOS COMO INSTRUMENTO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: SITUACIÓN ACTUAL E LIÑAS FUTURAS DE MELLORA

AXUDAS PARA O PLAN MADRUGA 2017

DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

Sarmiento. A aprendizaxe-servizo en perspectiva. John Dewey como referente histórico

CREATIVIDADE DA COMUNICACIÓN CULTURAL

MISION COMERCIAL A TURQUÍA 3 8 XUÑO 2018 IG

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Ferrolterra Emprende co obxecto de recoñecer e premiar a labor dos

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

COORDINACIÓN DO GRAO EN DEREITO

III MEMORIA SOCIAL CLECE

REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA QUE TIVO LUGAR EN SAN CAETANO O 24 DE NOVEMBRO DE 2016, BAIXO A PRESIDENCIA DO SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

C A D E R N O S D E L I N G U A

MEMORIA E PROXECTO -, ALICERCES PARA MANA. xxv ANIVERSARIO DE NOVA ESCOLA GALEGA

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

CENTRO DE DÍA DE MUROS: CARACTERÍSTICAS DOS SEUS USUARIOS E PAPEL DO TERAPEUTA OCUPACIONAL. NECESIDADES E PROPOSTA DE INTERVENCIÓN

BLOQUE 0: O PARLAMENTO DE GALICIA, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO. IGUALDADE.

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

MEDIACIÓN E RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Bernández Peña, Rosana Bouzo González, Sonia

Transcription:

Boletín do Ceesg nº 52 - setembro 2011 A profesión que sentes, o colexio que queremos 2001-2011 Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 F 981938274 ceesg@ceesg.org www.ceeesg.org

tema do mes Dende hai ben poucos anos ven de instaurarse o 2 de outubro como o Día Mun- dial da Educación Social. Para algunhas persoas, este feito, pode parecer algo anecdótico ou banal, pero resulta fundamental para percorrer pasos de cara a unha visibilización social da nosa profesión, que determine o que a educación social aporta a nosa sociedade, e que en definitiva, dignifique a nosa profesión e ao seo dos seus profesionais. Para conmemorar esta data, O Consejo General de Colegios Oficiales de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES), en colaboración cos Colexios Profesionais Autonómicos e as Asociacións Profesionais existentes, convoca o 1º CONCURSO ESTATAL DE PROYECTOS DE EDUCA- CIÓN SOCIAL, que leva o nome de Memorial Toni Julià en homenaxe a un dos máis importantes precursores da nosa profesión no Estado. Esta convocatoria O Día O Día Mundial Mundial da Educación da Educación Social Social consiste nun concurso de proxectos profesionais realizados por educadoras e educadores sociais e estudiantes de educación social premiándose as que se consideren máis interesantes e innovadoras e facilitando a súa futura difusión. Este Concurso é un xeito extraordinario de visibilizar boas practicas de educación social, de compartilas, de xerar coñecemento, innovación, e promover a nosa identidade como profesionais do social. Dende o Ceesg, no marco do Memorial Toni Juliá para conmemorar o Día Mundial da Educación Social, teremos un acto o vindeiro 7 de outubro onde se presentaran as experiencias que educadoras e educadores sociais están a desenvolver en Galicia. Queremos convidarvos a asistir a este acto, onde cada quen dende o seu rol, e a súa actitude, estará a facer un pouco máis de educación social, coa súa experiencia, ca súa presenza, co seu apoio, coas súas achegas e reflexións... Corren tempos onde necesitamos máis educa- ción social ca nunca para facer fronte a este período convulso, cheo de incertezas, e onde as regresións sociais son cada vez máis patentes. Por iso, resulta fundamental Este Concurso é un xeito extraodinario de visibilizar boas prácticas de educación social, de compartilas, de xerar coñecemento, innovación, e promover a nosa identidade como profesionais do social riedade e transcendencia que merecen, como pequenos hitos, na construcción e valorización da educación social. darlle a este tipo de eventos a noto- Dende cada un dos recunchos da xeografía galega, sodes moitas as persoas que estades a construír día a día a nosa profesión, cousa vosa praxe e ilusión, e dende o Ceesg estamos convencidos que este tipo de escenarios son fundamentais para dar un alento colectivo á educación social de cara a reivindicarnos e situarnos nunha realidade cada vez máis complexa que precisa máis educación social ca nunca. Área de Comunicación

web do ceesg: o meu espazo Qué fas pola educación social? Karina Mouzo Espasandín Nº de Colexiada 3324 É Educadora Social e Psicopedadoga en ASPADEX Son Educadora Social e Psicopedagoga e levo traballando dende fai uns 5 anos nunha asociación de pais de persoas con discapacidade que se chama ASPADEX. No meu traballo fago labores tanto de educadora como de psicopedagoga, en concreto as tarefas que levo a cabo son: - Elaboración de programas individualizados: avaliación e seguimento de casos. - Elaboración de proxectos, memoria outra documentación para presentar a distintos organismos. - Clases de informática: iniciación, word, Internet,... -Taller de memoria e atención por medio do visionado de noticias. - Son ademáis responsable do programa de familias e responsable de calidade, con esto último aínda estamos empezando, agora mesmo estamos coa formación, elaborando procesos... esperamos conseguir a certificación para o próxi-

ACTUACIÓNS Escrito á ONG Axuda en Acción, en relación a unha praza de Administrativo/a, que indica como requisitos e como funcións, as propias dun/dunha técnico/a de sensibilización. as xuntanzas mantidas Secretaria Xeral de Igualdade, Secretario Xeral de Política Lingüísticae Facultades de Educación: UDC, UVI, USC. Colaboración con V Televisión, o 2 de agosto, que está a elaborar unha reportaxe sobre o caso dunha nai que tivo que recurrir á Xunta de Galicia para afrontar a problemática cun fillo conflitivo, e solicitan a colaboración dun educador ou dunha educadora social que explique que facer nestes casos e como evitar chegar a esta situación. Participación, o 4 de agosto, no programa da Radio Galega Convivir en Igualdade de carácter divulgativo e contido social que se emite diariamente ás 1 9 : 0 0 h. h t t p : / / www.crtvg.es/rg/a-carta/ convivir-en-igualdadeconvivir-en-igualdade-dodia-04-08-2011-92264 Xuntanza de Fiadeiras. O novo grupo de traballo do Ceesg centrado en Igualdade reuniuse o día 4 de agosto en Oleiros para seguir traballando na súa presentación oficial e en proxectos como o I Ciclo de Cine Feminista que comezará próximo outubro, o foro do 25 de novembro ou as achegas á Lei de Familia. Reunión do Grupo de Traballo de Educación Familiar: Tivo lugar o 10 de setembro nas instalacións do Ceesg. Aboradouse: Que é un grupo de traballo do Ceesg, o Regulamento de funcionamento dos grupos de traballo: documentos que cómpre ter preparados a fin de ano, a organización e definición da comunicación no grupo de traballo así como o calendario de actuac i ó n s o u t u b r o - decembro 2011. Entre estas actuacións contemplaron a análise do marco lexislativo: Nova lei de familias e borrador de Decreto de Servizos Sociais Comunitarios, e Técnicas e instrumentos de traballo. Esta xuntaza é un paso máis para a futura creación e presentación oficial nos próximos meses deste grupo de traballo do Ceesg. Proceso de seleción No Ceesg dun/ha Educador/a Social, que traballará na sede do colexio cun contrato de interinidade por incapacidade temporal, en labores relacionadas coa comunicación, acción profesional, servizos colexiais e formación. No Colexio temos o máximo interese en apoiar ás persoas colexiadas e darlles a oportunidade de conseguir un emprego digno e de calidade no Ceesg. Recibíronse un bo número de candidaturas ata o 8 de agosto e logo de diferentes entrevistas o proceso rematou coa incorpou coa incorporación dunha colegiada o 29 de agosto. O Ceesg quere agradecer a achega de tódolas persoas que formaron parte deste proceso de selección. Reunión Comisión Avaliadora I Concurso de Proxectos de Educación Social Memorial Toni Juliá para decidir que proxectos pasaron á fase estatal. Tivo lugar o 29 de agosto e decidiuse tamén dar a máxima difusión aos proxectos presentados. Reunión da Xunta de Goberno. Algúns dos temas tratados foron: oferta de emprego do Ceesg; achegas: Lei de educación especial, Anteproxectos Lexislación Infancia MSPSI.; resposta á Asociación Enriqueta Otero en relación ao tema do síndrome de alienación parental; escrito ás deputacións e aos concellos presentando o Ceesg; Avances sobre obtención do grao dende a diplomatura; comisión avaliadora do concurso de proxectos; información VI Congreso Estatal de Educación Social e aprobación do Plan de Comunicación do Congreso en Galicia; toma de decisións sobre coas institucións: Nova reunión da Xunta de Goberno, o 2 de agosto. Nesta ocasión algúns dos principiais temas traballados foron: planificación e organización da celebración do acto do día Internacional da Educación Social (2 de outubro); proposta e aprobación de activación da xunta permanente con carácter aberto; proposta e aprobación de rotar entre as persoas da xunta de goberno a redacción de actas e a coordinación das reunións; Repaso actuacións meses de setembrooutubro: asistencia o día 13 de setembro á Facultade de Educación da UDC; actos Grupos de Traballo Fiadeiras, xuntanza grupo de traballo Familias, xuntanzas coas consellerías, cursos de formación, etc.

ACTUACIÓNS Sesión-coloquio con profesionais da Educación Social da materia "Preparación ao practicum" de 3º de Educación Social. Representantes do Ceesg asistiron o 6 de setembro como convidadas á Facultade de Ciencias de Educación en Ourense. Participaron dunha charla na que falaron das saídas profesionais da Educación Social. http://ceesg.org/files/documentos/docs/o-ceesgnos-medios-07-09-2011-duvi.-diario-dauniversidad...pdf obter información sobre a nosa figura profesional para futuras contratacións; colaborar na realización no Encontro de Infancia a realizar en decembro en Lugo; continuar coa colaboración do Ceesg no Estudo da Diagnose dos Servizos Sociais na provincia de Lugo ; colaborar na formación das traballadoras e dos traballadores dos Concellos; realizar algunha publicación de interese común; promocionar a difusión da web do colexio e as súas novas na páxina da Diputación, etc. Asistencia o Foro Galego de Inmigración, do que o Ceesg forma parte, que tivo lugar o 7 de setembro en Santiago. Asistencia ás Xornadas de Acollida destinadas ao alumnado de primeiro curso das titulacións de grado que tiveron lugar o 13 de setembro na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña. O Ceesg foi invitado a participar facendo unha presentación do propio colexio. Presentación oficial do Grupo de Traballo do Ceesg Fiadeiras: O venres, 16 de setembro, na Galería Sargadelos de Santiago, tivo lugar a presentación deste grupo de traballo centrado en Igualdade. Nela falaron dos seus obxectivos e plans, e presentaron as actividades que están a organizar xa, como un ciclo de cine, un blog, e un foro que conmemorará o día internacional contra a violencia de xénero. Para este acto contaron coa presenza de Ana Iglesias Galdo, (Mentora do grupo) con música das pandereteiras de Bouba. O acto de presentación foi un éxito de asistencia, pois foron moitas que se achegaron. Dende Fiadeiras agardan poder establecer liñas de colaboración con outras entidades e asociacións do ámbito socioeducativo coas que compartimos o obxectivo de loitar contra ás discriminacións de xénero que seguen Asistencia Presentación da Carteira de Servizos Sociais de Atención ás Persoas con Dependencia da Xunta de Galicia. O 13 de setembro o Ceesg acodiu a esta presentación na que se falou de optimización de recursos, de maior oferta e de diversidade e especialización na atención. Existe un cambio de paradigma desde a autorización de centros cara a acreditación de servizos que van ser de 3 tipos: servizos comúns, específicos e asistente persoal. Reunión co Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo e representante da Área de Benestar Social, Antonio Veiga Outeiro. Representantes do Ceesg acudiron a esta reunión, o día 22 de setembro en Lugo, na que presentaron o Ceesg e a figura profesional do/a educador/a social e se estableceron posibles liñas de colaboración entre ambas as dúas entidades: Reunión da Vocalía de Comunicación do CGCEES (Consejo General de Educadoras y Educadores Sociales). A Presidenta do Ceesg, Sofía Riveiro Olveira, asistiu a esta reunión o 24 en Madrid, na que se trataron temas como a realidade das vocalías de comunicación do CGEES en cada territorio, revisión do Plan de Comunicación para 2011, o coñecemento da propia vocalía, a coordinación entre páxinas web dos diferentes colexios e asociacións. Xunta de Goberno, celebrada o 30 de setembro. Tratáronse os seguintes temas: Posicionamento sobre o Foro Galego de Inmigración; informe contable cuatrimestral; repaso acto Celebración do Día Mundial da Educación Social; constitución da Comisión para a preparación da vindeira xuntanza avaliativa da Xunta de Goberno. Nova reunión do Grupo de Traballo Fiadeiras. O grupo de traballo en igualdade do Ceesg segue moi activo e nesta ocasión reuníronse o 27 de setembro para seguir traballando nas súas próximas actividades como o seu I Ciclo de Cine Feminista que se desenvolverá nos Centros Socioculturais de Santiago.

Para ler e reflexionar... Algunhas obras que podedes atopar na biblioteca do Ceesg Educación social. Antología de textos clásicos (Mª José Quintana Cabanas) (Educación Social) Unha selección de textos clásicos encamiñada a reforzar a bagaxe teórica da Educación Social. A referencia a autores referentes no eido da educación como Pestalozzi, lévanos a reflexionar sobre da importancia da teoría como soporte fundamental do quefacer educativo. Edad adulta. Una nueva etapa para educarse (Mª Luisa de Natale) (Persoas adultas) A temática escollida nesta ocasión é a educación das persoas adultas, facendo un percorrido histórico que nos enfrente a súa problemática e aos actuais ámbitos de investigación. Nesta obra, a autora analiza o concepto de adultez atendendo ás estratexias didácticas e aos procesos de aprendizaxe propios desta etapa, dedicando un tempo ao perfil profesional das educadoras e educadores de adultos. Acción socioeducativa: modelos/ métodos/ técnicas (Karlheinz A. Geibler; Marianne Hege) Un interesante manual para pensar sobre da acción socioeducativa. En qué consiste? Dende que parámetros debería realizarse? Esta obra permítenos unha aproximación aos principais modelos de orientación e a súa metodoloxía fundamental. Atoparemos debate entorno ao psicoanálise, á teoría da comunicación, a orientación socioeducativa celebración! O 2 de outubro é a celebración do Día Mundial da Educación Social, un día que ten como obxectivo facer visible o traballo dos educadores e das educadoras sociais, e en todo o mundo se viñeron celebrando diferentes actos para conmemorar este día. O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia súmase á celebración do Día Mundial da Educación Social coa organización dun acto que se celebrará o día 7 de outubro ás 18.00 h nas instalacións do Ceesg en Santiago e que pretende facer máis visible esta profesión na sociedade galega, conxugándoo xustiza social e cun ambiente festivo. Neste acto quérese recoñecer o bo facer das educadoras e dos educadores sociais galegos, coa presentación das experiencias profesionais que se presentan á 1ª Edición do Concurso de Proxectos de Educación Social Memorial Toni Juliá (un dos principais precursores da Educación Social no estado) que organiza o Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES). Un concurso nacional, onde están clasificadas dúas experiencias galegas que mostran a capacidade de innovar, de educar e de intervir positivamente na sociedade. O programa de actividades consistirá en: Apertura e benvida ao acto Alberto Fernández de Sanmamed, Presidente do Cgcees. Sofía Riveiro Olveira, Presidenta do Ceesg. Suso Rodriguez, membro de Nova Escola Galega e docente da USC. Merenda solidaria de comercio xusto. Exposición das experiencias finalistas galegas do Concurso de Proxecto de Educación Social "Memorial Toni Julià" e entrega de premios. Actuación musical. O acto terá lugar de 18:00 a 20:00 h e dende o Ceesg queremos convidarvos a participar del.

formación 3, 4 e 5 de maio - Valencia, 2012 Novas visións para a educación social: experiencias e retos de futuro Comeza a conta atrás para a cita que todas e todos teremos coa nosa profesión en maio de 2012. Dende hai uns días xa está operativa a web do Congreso, que se irá completando a medida que se avance na súa organización, e onde se recollerá información sobre contidos, novas, concursos... Tamén se pode participar a través dun foro, afiliarse a boletíns electrónicos... Neste momento está aberto o concurso Eu irei a Valencia 2012, que ten como premio a inscrición gratuíta no congreso. É moi doado participar e podedes facelo ata o día 30 de novembro. http://www.congresoeducacionsocial.org Novas dos boletíns AXUDAS E SUBVENCIÓNS Ministerio de Interior: Resolución do 6 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado de Seguridade, pola que se convoca subvención para a colaboración na execución e seguimento das medidas alternativas á pena privativa de liberdade e determinados programas de atención social. BOE 04/08/11 Xefatura de Estado: Axudas para persoas que esgoten a súa protección por desemprego. Prórroga do programa de recualificación profesional (Programa Prepara) BOE 30/08/2011. Concello de Pontevedra: Bases e convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan accións no eido da cultura no ano 2011. (BOP Pontevedra 02/09/11). Consellería de Traballo e Benestar:Subvencións a entidades de iniciativa social para o mantemento de determinados centros de inclusión social e emerxencia social. (DOG 07/09/2011) EMPREGO Concello de Soutomaior (Pontevedra): Técnico de dinamización socio-cultural. Oferta de emprego público 2011. Pendente de publicación. (BOE 05/08/2011). Concello de O Barco de Valedoras (Ourense): Animador/a socioducativo. Bases e convocatoria (BOE 03/10/2011). PREMIOS Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade: Sal a escena contra a discriminación 2011. Concurso de teatro, monólogos, cortos e música. http://www.salaescena.es/cms2011/ EMPREGO Educador/a Social: Necesítase docente para impartir curso de ética en actuacións diarias, na intervención con persoas con discapacidade. Formación de posgrao relacionada coa discapacidade. Altos coñecementos sobre a ética no seo da organización socio-sanitaria e, concretamente, na atención á discapacidade. Dinamizador/a: Desenvolverá a actividade en centros das seguintes poboacións: Santa Comba, Carballo,Santiago de Compostela e Verín imprescindible non ter problema no traslado ás poboacións mencionadas. Requírese experiencia en traballo con Maiores dentro do marco do envellecemento activo. Monitor/a de tempo libre para Fogar Infantil: Solicitase persoal especializado nas seguintes actividades: música, danza, acuáticas, animación á lectura, deportivas, creativas, culturais. Monitor/a de tempo libre para ludoteca: Desenvolverá as súas tarefas de animación nun centro comercial de Pontevedra. LEXISLACIÓN Xefatura de Estado: Lei 26/2011, da 1 de agosto, de adaptación normativa á Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. BOE 02/08/11 Ministerio de Traballo e Inmigración: Resolución de 30 de agosto de 2011, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se determina a forma e plazos de presentación de solicitudes e de tramitación para a concesión de axudas económicas de acompañamento pola participación no programa de recualificación profesional das persoas que agoten a súa protección por desemprego, establecidas no Real Decreto-lei 1/2011, de 11 de febreiro, e prorrogadas polo Real Decretolei 10/2011, de 26 de agosto. BOE 31/08/11. Ministerio da Presidencia: Real Decreto 1096/2011, do 22 de xullo, polo que se complementa o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, mediante o establecemento de nove cualificacións profesionais da familia profesional Servicios Socioculturais e á Comunidade. BOE 31/08/11. Ministerio de Traballo e Inmigración: Resolución de 31 de agosto de 2011, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se determina o réxime transitorio da utilización dos contratos para a formación nos programas de Escolas Taller, Casas de Oficio e Talleres de Emprego, en desenvolvemento do establecido no Real Decreto-lei 10/2011, do 26 de agosto, de medidas urxentes para a promoción do emprego dos mozos, o fomento da estabilidade no emprego e o mantemento do programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego. BOE 03/09/11. Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade: Orde SPI/2293/2011, do 11 de xullo, pola que se convoca o procedemento para a concesión do distintivo «Igualdade na empresa» correspondente ao ano 2011, e se establecen as súas bases reguladoras. BOE 22/08/11 Educador/a Social-Animador/a Sociocultural: Para traballar en Residencia Geriátrica Salvatierra. A persoa seleccionada entrará a formar parte do equipo multidisciplinar do Centro, requírese gran capacidade de traballo en equipo e de iniciativa, persoa activa, emprendedora, con capacidade empática e absoluto interese profesional polo traballo en xeriatría. Docente para impartir curso xestión do tempo: Búscase unha persoa cunha experiencia mínima de 3 anos na temática do curso. Os temas a abordar son: liderazgo persoal, responsabilidade compartida, coordinación de tarefas, comunicación eficaz, xestión do tempo e traballo en equipo. Formador/a: Búscase unha persoa cunha experiencia mínima de 3 anos nos seguintes temas: liderazgo persoal, responsabilidade compartida, coordinación de tarefas, comunicación eficaz, xestión do tempo e traballo en equipo. Estas son algunhas das ofertas de emprego que se publicaron este mes na nosa web. Para ver a información completa, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg