Linux para seres humanos

Size: px
Start display at page:

Download "Linux para seres humanos"

Transcription

1 - Ubuntu Linux para seres humanos ASI 1 Curso 2007/08 15/10/2007 Páxina 1 de 10

2 Ubuntu Linux para seres humanos! Índice Ubuntu Linux para seres humanos! Sobre o nome Software libre A diferenza O escritorio Datos da versión Respaldo e Soporte Qué é Linux? Qué é GNU? Esta sección é unha introdución a Ubuntu. Explica a filosofía e as raíces de Ubuntu, prové información sobre como contribuir con Ubuntu e mostra como conseguir axuda. Grazas polo seu interese en Ubuntu 7.04 Feisty Fawn lanzado en abril de Ubuntu é un sistema opertaivo de código totalmente aberto, construído arredor do núcleo Linux. A comunidade de Ubuntu está construída arredor dos ideais descritos na Filosofía Ubuntu: que o software debe estar dispoñible gratuitamente, que as ferramentas de software deben ser usadas polas persoas no seu idioma local e a pesar de calquer dificultade, e que a xente debe ter a liberdade de personalizare modificar o software de calquer forma que vexan necesario. Por esas razóns: * Ubuntu sempre será gratuito, e non hai cargo adicional pola "edición empresarial", facemos que o mellor do noso traballo estea dispoñible para todos baixo os mesmos termos de gratuidade. * Ubuntu inclúe o mellor en infraestrutura de traducións e acesibilidade que a comunidade de software libre é capaz de ofrecer, para facer Ubuntu usable para tantas persoas como sexa posible. * Ubuntu é publicada de maneira regular e predecible; publícase unha nova versión cada seis meses. Pode usar a versión estable actual ou a versión en desenvolvemento. Cada versión é mantida polo menos 18 meses. * Ubuntu está totalmente comprometido cos principios do desenvolvemento de software libre; animamos á xente a usar o software libre, merollalo e promovelo. Páxina 2 de 10

3 Descubra máis no sitio web de Ubuntu. Sobre o nome Ubuntu é unha ideoloxía ética Surafricana que se centra na lealdade da xente e as relacións cos outros. A verba ven das linguaxes Zulu e Xhosa. Ubuntu (pronunciada "oo BOON too") é visto coma un concepto tradicional Africano, considérase coma un dos principios fundadores da nova república de Surafrica e está relacionada coa idea dun renacemento africano. Unha tradución a grandes rasgos do principio de Ubuntu é "humanidade cara os outros". Outra tradución podería ser: "a crenza nun vínculo universal de convivencia que conecta a toda a humanidade". "Unha persoa con ubuntu está aberta e dispoñible para outros, aclarando a outros, non se sinte ameazada pola habilidade e bondade de outros, ten unha seguridade propia que ven da certeza de que el ou ela provén dun gran todo e é diminuída cando outros son humillados ou diminuídos, cando outros son torturados ou oprimidos." Arcebispo Desmond Tutu Sendo unha plataforma baseada en Linux, o sistema operativo Ubuntu trae o espírito de ubuntu ao mundo do software. Páxina 3 de 10

4 Software libre O proxecto Ubuntu está totalmente comprometido cos principios do desenvolvemento do software libre; anímase ás persoas a usalo, melloralo e distribuílo "Software libre" non significa que non teña que pagar por el (a pesar de que Ubuntu tamén está comprometido en ser gratuíto); significa que debería ser capaz de usar o software de calquera forma que desexe: o código que constitúe o software libre está dispoñible para que calquera o descargue, modifique, amañe e use de calquera maneira. Alén de beneficios ideolóxicos, esta liberdade tamén ten vantaxes técnicas: cando se desenvolven os programas, o traballo duro doutros pódese utilizar e construír sobre el. Co software propietario iso non pode acontecer e cando se desenvolven os programas, hai que comezar da nada. Por esta razón o desenvolvemento de software libre é rápido, eficiente e excitante! Pode atopar máis información sobre o software libre e sobre a súa filosofía ideolóxica e técnica no sitio web de GNU. Páxina 4 de 10

5 A diferenza Hai moitos sistemas operativos baseados en Linux: Debian, SuSE, Gentoo, RedHat e Mandriva son algúns exemplos. Ubuntu é outro competidor no que é un mundo de por si altamente competitivo. que é o que fai a Ubuntu diferente? Baseado en Debian, unha das distribucións maís amplamente aclamadas, tecnolóxicamente avanzada, e mellor soportada, Ubuntu pretende crear unha distribución que proporcione un sistema Linux coherente e actualizado para os computadores de escritorio e servidores. Ubuntu inclúe un gran número de paquetes coidadosamente seleccionados da distribución Debian e mantén o seu potente sistema de manexo de paquetes que permite unha instalación de programas fácil e unha desinstalación limpa. A diferenza da maioría de distribucións que veñen cunha grande cantidade de software que pode ser ou non de utilidade, a lista de paquetes de Ubuntu redúcese a unha cantidade de aplicacións importantes de grande calidade. Centrándose na calidade, Ubuntu proporciona un entorno de computación robusto e de grande funcionalidade que é apropiado para o uso tanto en entornos domésticos coma comerciais. O proxecto tomou o tempo requerido para centrarse nos detalles máis pequenos e é capaz de publicar unha versión contendo o último e mellor do software actual cada 6 meses. Ubuntu está dispoñible para arquitecturas i386 (386/486/Pentium(II/III/IV) e Athlon/Duron/Sempron), AMD64 (Athlon64, Opteron, e novos procesadores Intel de 64 bits), e PowerPC (ibook/powerbook, G4 e G5). Páxina 5 de 10

6 O escritorio O ambiente de traballo por omisión en Ubuntu é o GNOME, unha suite líder en ambientes de traballo UNIX/Linux e en plataformas de desenvolvemento. Outro escritorio lider en UNIX e Linux é KDE. O proxecto Kubuntu ofrece aos usuarios de Ubuntu unha elección alternativa ao entorno de escritorio por defecto GNOME. Grazas aos esforzos do equipo de Kubuntu, os usuarios de Ubuntu poden agora instalar e usar fácilmente o escritorio KDE nos seus sistemas. Para obter unha instalación funcional de Kubuntu nunha instalación Ubuntu, instale o paquete kubuntu desktop. Unha vez que kubuntu desktop estea instalado, vostede poderá elixir entre usar o entorno de escritorio Gnome ou KDE. Páxina 6 de 10

7 Datos da versión O esquema de numeración de Ubuntu baséase na data na que se lanza unha versión da distribución. O número de versión reflexa o ano e mes do lanzamento máis que a versión actual do software. A noso primeiro lanzamento (Warty Warthog) foi en outubro de 2004, polo que a súa versión foi a Esta versión (Feisty Fawn) foi lanzada en abril de 2007, polo que o seu número de versión é o Páxina 7 de 10

8 Respaldo e Soporte Ubuntu mantense grazas a unha comunidade en rápido crecemento. O proxecto está patrocinado por Canonical Ltd., unha compañía fundada por Mark Shuttleworth. Canonical emprega aos desenvolvedores principais de Ubuntu e ofrece soporte e servizos de consultoría sobre Ubuntu. Canonical Ltd. patrocina tamén outros proxectos de software de código aberto, dos que se pode atopar máis información no sitio de Canonical. Páxina 8 de 10

9 Qué é Linux? O kernel Linux, que se pronuncia 'linnuks' é o corazón do sistema operativo Ubuntu. Un kernel é unha parte importante dun sistema operativo, proporcionando unha ponte de comunicación entre o hardware e o software. Linux naceu en 1991 grazas a un estudante finlandés chamado Linus Torvalds. Por aquel entón só funcionaba en sistemas i386, e era esencialmente un clon, creado de xeito independente, do núcleo de UNIX, pensado para aproveitar á, entón, recentemente creada arquitectura i386. Hoxe en día, grazas a un substancial aumento no esforzo de desenvolvemento por parte de persoas de todo o mundo, Linux funciona prácticamente en calquera arquitectura moderna. O núcleo Linux gañou unha importancia tanto ideolóxica como técnica. Existe unha comunidade enteira de persoas que cren nos ideais do software libre e invisten o seu tempo en axudar a facer que a tecnoloxía de código aberto chegue a ser o mellor posible. A xente nesta comunidade dálle cabida a iniciativas como Ubuntu, comités de estándares que lle dan forma ao desenvolvemento de Internet, organizacións como a Fundación Mozilla, responsables da creación de Mozilla Firefox, e outros tantos proxectos de software dos cales, de certo, puido vostede beneficiarse. O espírito do código libre, de xeito común atribuído a Linux, inflúe a desenvolvedores de software e usuarios en todas partes a formar comunidades que teñan metas colectivas. Páxina 9 de 10

10 Qué é GNU? O Proxecto GNU, lanzouse en 1984 para desenvolver un sistema operativo completo tipo UNIX, composto enteiramente de software libre: o sistema GNU. Hoxe en día úsanse amplamente diversas variantes do sistema operativo GNU, que utiliza o núcleo Linux. O proxecto GNU está fortemente unido á filosofía do software libre, que é central nos proxectos que derivan del, como Ubuntu. O concepto do software libre explícase en Section Software libre. Páxina 10 de 10

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Acceso web ó correo Exchange (OWA) Acceso web ó correo Exchange (OWA) Uso do acceso web ó correo de Exchange (Outlook Web Access, OWA) Contenido Uso do acceso web ó correo para usuarios do servidor Exchange Entorno da interfaz web (OWA)

More information

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración. GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2 Platega vén de actualizarse da versión de Moodle 1.8.6 á 2.6. Como a exportación e importación de cursos entre estas dúas versións non é 100% compatible, esta

More information

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT? COMO XOGAR A KAHOOT Dentro das novidades desta edición propoñémosche unha aplicación que che axudará a conectar máis cos alumnos e facilitar o coñecemento do tema deste ano. Se vas xogar por primeira vez,

More information

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA 2008 O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA FICHA TÉCNICA Universo: 8.652 pequenas e medianas empresas, 710 empresas informáticas, 588 centros de ensino e 117

More information

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta. Algún dos integrantes da mesa redonda sobre software libre en Galicia: Miguel Branco, Roberto Brenlla e Francisco Botana. Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta. Obradoiro para coñecer e introducirnos

More information

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax Día do libro 2009 Coa mostra das diferentes actividades realizadas ao longo deste mes do libro e a entrega de agasallos a todo o alumnado, en especial a o que tivo unha aportación destacada nestas actividades

More information

Síntesis da programación didáctica

Síntesis da programación didáctica Síntesis da programación didáctica o Contidos 1º Trimestre - REVIEW GRAMMAR 1º BACH - UNIT 4: ON THE BALL Modals. Modal perfects. Vocabulary: Words from the text. Word families. Sport. Expressions taken

More information

Silencio! Estase a calcular

Silencio! Estase a calcular Silencio! Estase a calcular 1. Introdución 2. Obxectivos 3. Concepto e consideracións previas. Ruído. Decibelio (db) Sonómetro. Contaminación acústica. 3. Concepto e consideracións previas. That quiz:

More information

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects

Blink: SIP conferencing done right Saúl Ibarra Corretgé AG Projects Saúl Ibarra Corretgé Yo @saghul Con SIP y VoIP desde el 2005 Vivo en la mejor ciudad del mundo después de Bilbo: Amsterdam Me encanta cualquier cosa que hable SIP Si está escrita en Python mejor :-) Infraestructuras

More information

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET

MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET Read Online and Download Ebook MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS TEMPORAIS (PORTUGUESE EDITION) BY L Y JP GARNIER MALET DOWNLOAD EBOOK : MUDE SEU FUTURO ATRAVES DAS ABERTURAS Click link bellow and

More information

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador 1. Family dinner Soa unha música futurista. Narrador e Narradora: Aquí estamos, here we are, en Galicia, in Galicia, no ano 2050, in the year 2050, e temos unha historia que contarvos, and we have a story

More information

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO 2017 Aula CeMIT de Cuntis APRENDE A USAR O SMARTPHONE Días: 2, 3, 6, 14, 16, 17, 21 e 23 de novembro Horario: 12:00h a 14:00h Nº de Prazas:

More information

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow Name: Surname: Remember: the TEMPO is the speed of the music. Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow Accelerando (acc.) = speed up (cada vez más rápido).

More information

Problema 1. A neta de Lola

Problema 1. A neta de Lola Problema 1 A neta de Lola A neta de Lola da Barreira estuda 6º de Educación Primaria na Escola da Grela. A súa mestra díxolle que escribira todos os números maiores ca cen e menores ca catrocentos, sempre

More information

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa: Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa: Para acceder á xestión do currículum de cada etapa (introducir áreas de LE de primaria, ou as de ESO e Bacharelato) que emprega prográmame, deberás ter un acceso

More information

Metodoloxía copyleft en educación

Metodoloxía copyleft en educación Metodoloxía copyleft en educación Xosé Luis Barreiro Cebey (xoseluis@edu.xunta.es) Pablo Nimo Liboreiro (pablonimo@edu.xunta.es) Que son as licenzas de autor? Algún concepto previo, as obras orixinais

More information

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia MU Manual de usuario CENDES Centro de descargas da Xunta de Galicia CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE Este documento é propiedade da Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar

More information

Creando Software Libre

Creando Software Libre Creando Software Libre Creando Software Libre Como levar a cabo con éxito un proxecto de software libre Karl Fogel Tradución ao galego coordenada pola asociación GHANDALF Título orixinal: Producing Open

More information

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast) Exercises. 1. Write sentences using a comparative form a) Japanese/English (difficult).. b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast) d) A small village/ New

More information

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos 92 Galicia 21 Guest article A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos Universidade de Santiago de Compostela Nun recente artigo en Slate, Virginia Eubanks puña sobre a

More information

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño Se (If) Rudyard Kipling Tradución de Miguel Anxo Mouriño IF -- SE NOTA DO TRADUTOR Para facer a versión deste famoso poema de RudyardKipling impúxenme a obriga de respectar algunhas das características

More information

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación

marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación marcoeuropeocomún de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación 2005 Xunta de Galicia, Secretaría

More information

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX Marzo 2013 CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN NOME DO DOCUMENTO: COD. DO DOCUMENTO: Guia_control_horario_funcionarios ELABORADO POR: VALIDADO

More information

Componentes físicos dun ordenador

Componentes físicos dun ordenador Componentes físicos dun ordenador Repasemos algúns conceptos importantes: - Dónde se leva a cabo o procesamento dos datos nun ordenador? Na Unidade Central de Procesamento (CPU) - Qué unidades conforman

More information

Recursos para a lingua

Recursos para a lingua Recursos para a lingua, por que? O traballo nun servizo de normalización adoita ter moitas frontes abertas: respondemos consultas puntuais a respecto de termos concretos, corrixirmos un documento cuxa

More information

Sede Electrónica Concello de Cangas

Sede Electrónica Concello de Cangas Sede Electrónica Concello de Cangas Cumpra con toda a lexislación Lei 11/2017, de 22 de xuño, de Acceso Electrónico da Cidadanía aos Servizos Públicos. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo

More information

A CULTURA CIENTÍFICA. ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E DE INTEGRACIÓN

A CULTURA CIENTÍFICA. ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E DE INTEGRACIÓN galegos, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega. doi:10.17075/tucmeg.2015. A CULTURA CIENTÍFICA. ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E DE INTEGRACIÓN Xurxo Mariño Alfonso Universidade da Coruña / Consello

More information

Das orixes do marketing á súa orientación social

Das orixes do marketing á súa orientación social Das orixes do marketing á súa orientación social José Sixto Garcia Índice 1. Consideracións introdutorias 2 2. Antecedentes na aparición do marketing 3 2.1. Xurdimento da actividade e posterior asentamento

More information

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS Fondo de Acción Social Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS Fondo de Acción Social 2 Táboa de contidos Introducción 3 Moi importarse 4 Pasos a seguir para a presentación de solicitudes

More information

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S  Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,... WWW.VIGOSÓNICO.ORG VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Un espazo para a túa creatividade PARA GRUPOS Calquera estilo musical: rock, rap, clásica, jazz, latina,... SOLISTAS Calquera proposta

More information

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos 02 Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos 0OINFORMACIÓN PARA O DOCENTE 02 Climántica desenvolve estes obradoiros en aulas de centros educativos. Pode

More information

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC Contido 1. Rexistro e acceso... 1 1.1. Rexistro novos usuarios... 1 1.2 Autorización para autoarquivar...

More information

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol

ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS. Concha Varela Orol ACCESO LIBRE Ó COÑECEMENTO? POLÍTICAS NEOLIBERAIS NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS GALEGAS Concha Varela Orol A COMUNICACIÓN CIENTÍFICA NUN MUNDO GLOBALIZADO Dende a difusión da imprenta o coñecemento científico

More information

O Software Libre nas Empresas de Galicia

O Software Libre nas Empresas de Galicia SI O Software Libre nas Empresas de Galicia EDICIÓN 216. RESUMO EXECUTIVO 1 Í N D I C E Presentación Principais resultados I. Posición global II. Tipoloxías de Software Libre III. Motivos para non empregar

More information

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos 1 2 3 Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos Edición a cargo de Xesús M. Mosquera Carregal e Sara Pino Ramos A Coruña 2009 Servizo de Normalización Lingüística Servizo de Publicacións

More information

Diseno organizativo/ Organizational Design: Estructura y procesos/ Structure and Processes (Spanish Edition)

Diseno organizativo/ Organizational Design: Estructura y procesos/ Structure and Processes (Spanish Edition) Diseno organizativo/ Organizational Design: Estructura y procesos/ Structure and Processes (Spanish Edition) Juan Jose Gilli Click here if your download doesn"t start automatically Diseno organizativo/

More information

Curso: Creación de Páxinas Web Persoais. novembro 2005

Curso: Creación de Páxinas Web Persoais. novembro 2005 Curso: Creación de Páxinas Web Persoais novembro 2005 Índice de contidos 1 Obxectivos... 3 2 Entidades Participantes... 3 3 Duración, datas e lugares de celebración... 3 4 Horarios... 3 5 Límite de prazas...

More information

ProSpanish. Vocabulary Course. made easy by ProSpanish. ProSpanish

ProSpanish. Vocabulary Course. made easy by ProSpanish. ProSpanish ProSpanish Vocabulary Course made easy by ProSpanish First published 2017 London UK ProSpanish Martin Theis, 2017 3 rd party sale and distribution is strictly forbidden without the author s permission.

More information

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER Índice de contido 1.- Creando unha conta en Glogster...3 2.- Creando un póster...5 2.1.- Escollendo o modelo...5 2.2.- Creando un póster...7 2.2.1.- Elementos de texto...8

More information

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia EBIBLIO GALICIA Xunta de Galicia Como podo tomar libros electrónicos ou audiolibros en préstamo? Inicio sesión Dende o teu ordenador persoal (PC ou Mac) ou dispositivo móbil (teléfono, tableta etc.), pulsa

More information

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego

viveiros en Galicia de empresa O papel dos económica e xeración de emprego viveiros O papel dos de empresa en Galicia c o m o axe n t e s d e p ro m o c i ó n económica e xeración de emprego O papel dos viveiros de empresa en Galicia como axentes de promoción económica e xeración

More information

Rede galega de TC. A Internet como un local social. Proxecto InTIC Tecnoloxía galega para acceder á tecnoloxía

Rede galega de TC. A Internet como un local social. Proxecto InTIC Tecnoloxía galega para acceder á tecnoloxía revista de novas tecnolóxicas de Galicia_ número 72, xullo agosto 2009 www.codigocero.com Rede galega de TC A Internet como un local social Proxecto InTIC Tecnoloxía galega para acceder á tecnoloxía Informe

More information

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (www.globeatnight.org/5-steps.php)

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (www.globeatnight.org/5-steps.php) Guía de Actividades: Introdución Grazas por participar nesta campaña global de medida da contaminación lumínica mediante a observación das estrelas máis febles que podes albiscar. Localizando e observando

More information

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS PLANS DE

More information

2012 Molly Martin, MD. All rights reserved. docmolly.com

2012 Molly Martin, MD. All rights reserved. docmolly.com The Small, Yet Mighty Word, lo. LO as a direct-object pronoun, meaning "it" when referring to things and concepts or "him" when referring to people. Lo veo. (I see him.) Lo quieres? (Do you love him?)

More information

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais

LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais LibrePlan Audiovisual: Sistema de planificación e control de desvíos de producións audiovisuais Memoria Xustificativa Anualidade 2011 19C. MEMORIA DESCRIPTIVA REALIZACIÓN INVERSIÓNS Procedemento Administrativo

More information

Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa. Oficina de Software Libre AMTEGA

Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa. Oficina de Software Libre AMTEGA Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa AMTEGA Oficina de Software Libre software.libre@xunta.gal Como establecer e como usar unha licenza

More information

Facultade de Fisioterapia

Facultade de Fisioterapia Normas e Avaliación do Traballo de Fin de Grao Curso 2017-2018 Co fin de acadar unha carga de traballo semellante nos Traballos de Fin de Grao (TFG) que deben facer o alumnado ao ser estes titorizados

More information

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF

SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS PDF Read Online and Download Ebook SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK STEPHENS DOWNLOAD EBOOK : SECUENCIAS DE YOGA (SPANISH EDITION) BY MARK Click link bellow and free register to download ebook:

More information

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC 2016 Táboa de contidos 1. Rexistro e acceso... 1 1.1. Rexistro novos usuarios... 1 1.2 Autorización para autoarquivar... 2 1.3 Acceso...

More information

27 Técnicas de persuasión: Estrategias para convencer y ganar aliados (Spanish Edition)

27 Técnicas de persuasión: Estrategias para convencer y ganar aliados (Spanish Edition) 27 Técnicas de persuasión: Estrategias para convencer y ganar aliados (Spanish Edition) Chris St. Hilaire Click here if your download doesn"t start automatically 27 Técnicas de persuasión: Estrategias

More information

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional Miguel Ángel Zabalza Universidade de Santiago de Compostela Colección Formación e Innovación Educativa na Universidade

More information

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN NOME DO DOCUMENTO: VERSIÓN: 1.0 COD. DO DOCUMENTO: ELABORADO POR: Xerencia MATI-AMTEGA DATA: 28/02/18 VALIDADO POR: IGVS DATA: 28/02/18 APROBADO POR: DATA: CLÁUSULA DE

More information

Vigil at Goldfish Pond Lynn MA June 19, 2016 Poem by Rosemie Leyre. I grieve We grieve

Vigil at Goldfish Pond Lynn MA June 19, 2016 Poem by Rosemie Leyre. I grieve We grieve Vigil at Goldfish Pond Lynn MA June 19, 2016 Poem by Rosemie Leyre I grieve We grieve People are like seeds: They ripen in the sun. I weep for flowers crushed before the morning of their bloom I weep for

More information

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition)

Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition) Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition) Maureen Johnson Click here if your download doesn"t start automatically Trece sobres azules (Maeva Young) (Spanish Edition) Maureen Johnson Trece sobres

More information

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA

ANIMAR-T / LAIA, APRENDIZ DE MAGA ANIMAR-T 653288267 / 677714319 LAIA, APRENDIZ DE MAGA W W W. A N I M A R - T. C O M c o n t r a t a c i o n @ a n i m a r - t. e s 1 índice Breve historia da compañía PÁXINA 2 Descrición e Sipnose PÁXINA

More information

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho

DESFOCADOS. a distração programada da internet em N. Carr. Joana Rocha. Congresso de Cibercultura Universidade do Minho DESFOCADOS a distração programada da internet em N. Carr Congresso de Cibercultura Universidade do Minho - 2016 Joana Rocha Nicholas Carr Tecnologias Every technology is an expression of human will N.

More information

COAG ESTUDIO APLICACIÓN PARA O VISADO DIXITAL - MANUAL DE INSTALACIÓN E USO

COAG ESTUDIO APLICACIÓN PARA O VISADO DIXITAL - MANUAL DE INSTALACIÓN E USO COAG ESTUDIO APLICACIÓN PARA O VISADO DIXITAL - MANUAL DE INSTALACIÓN E USO 1 Contido 0. INTRODUCIÓN... 3 1. REQUIRIMENTOS DA APLICACIÓN... 3 2 DIFERENZAS CO VISADO FÍSICO... 4 3. ADQUISICIÓN E ALTA...

More information

Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas

Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas MailMan é un programa baseado no Web que permite a Universidade usar o correo de forma efectiva para cursos, comunicados de departamentos ou a interacción

More information

ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC

ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC Artigo 1. Ámbito de aplicación As presentes normas de uso do web da Universidade de Santiago de Compostela (USC) son de obrigado cumprimento

More information

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO

MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO MEMORIA COMITÉS DE ÉTICA DA INVESTIGACIÓN DE GALICIA PERÍODO 1996-2015 ÍNDICE 1. Antecedentes.. 1 2. Composición.. 3 3. Actividade 3.1. Actividade global.. 4 3.2. Actividade: Ensaios clínicos con medicamentos...

More information

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar

CRÉDITOS Edita: Dirección Xeral de Traballo e Economía Social Conselleria de Traballo e Benestar O BOLETÍN DO OBSERVATORIO GALEGO DA RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL Conselleria de Traballo e Benestar - Nº 3-2015 Contido: Estratexia de inclusión social Programa Start Up, Stand Up! Guía de boas

More information

Disciplinas espirituales para la vida cristiana (Spanish Edition)

Disciplinas espirituales para la vida cristiana (Spanish Edition) Disciplinas espirituales para la vida cristiana (Spanish Edition) Click here if your download doesn"t start automatically Disciplinas espirituales para la vida cristiana (Spanish Edition) Disciplinas espirituales

More information

manual técnico de comunicación efectiva

manual técnico de comunicación efectiva manual técnico de comunicación efectiva sobre residuos para entidades LOCAISS 2 Manual Técnico de Comunicación Efectiva Sobre Residuos para Entidades Locais LIMIAR 1. PRESENTACIÓN DO MANUAL...4 2. AS CLAVES

More information

Organización de Empresas (Spanish Edition)

Organización de Empresas (Spanish Edition) Organización de Empresas (Spanish Edition) Benjamin Franklin Click here if your download doesn"t start automatically Organización de Empresas (Spanish Edition) Benjamin Franklin Organización de Empresas

More information

Manual de inicio software libre

Manual de inicio software libre Manual de inicio software libre - 2 - Índice de contenido Introdución ao paquete ofimático OpenOffice...5 Instalación de OpenOffice.org... 6 Windows 95/98/ME e XP monousuario...6 Windows 2000 Profisional

More information

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES PUBLICACIÓN DAS BASES BASES REGULADORAS XERAIS http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/21/2018_0000002149.pdf

More information

Igualdade e sostibilidade. Pode a loita contra a mudanza climática reducir a desigualdade?

Igualdade e sostibilidade. Pode a loita contra a mudanza climática reducir a desigualdade? RIPS, ISSN 1577-239X. Vol. 17, núm. 1, 2018, 9-26 Igualdade e sostibilidade. Pode a loita contra a mudanza climática reducir a desigualdade? Alberto José Franco Barrera 1 UNIVERSIDADE DA REPÚBLICA ORIENTAL

More information

action 8/ 8A action 15 / 15A action 12 / 12A action 118A action 218 / 218A action M12 / M12A action 215 / 215A action 18 / 18A

action 8/ 8A action 15 / 15A action 12 / 12A action 118A action 218 / 218A action M12 / M12A action 215 / 215A action 18 / 18A action series La Serie Action hereda la excepcional calidad de sonido y la sólida construcción que han hecho de los sistemas profesionales D.A.S. un estándar internacional en el refuerzo de sonido. Diseñado

More information

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP

Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras FEMP 2014-2020 Guía para a elaboración das Estratexias de desenvolvemento local das zonas pesqueiras. Recoñecemento

More information

ESCOLA ESTADUAL DR. JOSÉ MARQUES DE OLIVEIRA - ANO 2016 TRABALHO DE ESTUDOS INDEPENDENTES

ESCOLA ESTADUAL DR. JOSÉ MARQUES DE OLIVEIRA - ANO 2016 TRABALHO DE ESTUDOS INDEPENDENTES ESCOLA ESTADUAL DR. JOSÉ MARQUES DE OLIVEIRA - ANO 2016 Nome Nº Turma 1º 10 Data Nota Disciplina Inglês Prof. Mayra Abrahão Valor TRABALHO DE ESTUDOS INDEPENDENTES 1) TRADUZA a) Can Mary speak French?

More information

Boloña. Unha nova folla de ruta

Boloña. Unha nova folla de ruta 16 Boloña. Unha nova folla de ruta Boloña foi, no seu inicio, unha declaración ben intencionada dos responsables educativos da nova Europa, que unicamente intentaban marcar liñas xerais de desenvolvemento

More information

Emprender: Ti podes! Módulo 1

Emprender: Ti podes! Módulo 1 Emprender: Ti podes! Módulo 1 Módulo 1 SESIÓN 1 EMPRENDER: CUESTIÓN DE PROBLEMAS E CAPACIDADES Poderás atopar todos os materiais do Módulo 1 en: http://www.educaixa.com/kitcaixa-jovenes-emprendedores-online/modulo1

More information

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA XUNTA DE GALICIA E UNIÓN EUROPEA 2. QUE OFRECE UN AULA DIXITAL? As aulas dixitais están equipadas para ofrecer aos/as alumnos/as unha experiencia educativa adaptada ás necesidades

More information

Guia de Nutrição Clínica no Adulto (Guias de Medicina Ambulatorial e Hospitalar da Unifesp- EPM) (Portuguese Edition)

Guia de Nutrição Clínica no Adulto (Guias de Medicina Ambulatorial e Hospitalar da Unifesp- EPM) (Portuguese Edition) Guia de Nutrição Clínica no Adulto (Guias de Medicina Ambulatorial e Hospitalar da Unifesp- EPM) (Portuguese Edition) Lilian (coord.) Cuppari Click here if your download doesn"t start automatically Guia

More information

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do ) 2242 Luns 2 xullo 2007 Suplemento núm. 17 As disposicións contidas no artigo 6.1, na sección 2.ª do capítulo III do título II e no capítulo II do título III, salvo o establecido no parágrafo segundo do

More information

THEY BOTH MEAN FOR, BUT SO MUCH MORE! You cannot use them interchangeably, you have the learn the rules, when to use PARA, when to use POR!

THEY BOTH MEAN FOR, BUT SO MUCH MORE! You cannot use them interchangeably, you have the learn the rules, when to use PARA, when to use POR! THEY BOTH MEAN FOR, BUT SO MUCH MORE! You cannot use them interchangeably, you have the learn the rules, when to use PARA, when to use POR! POR: through or by: through the park by, by means of: by boat

More information

administración cidadanía. VOL.6_nº1_2011_ Revista da Escola Galega de Administración Pública.

administración cidadanía. VOL.6_nº1_2011_ Revista da Escola Galega de Administración Pública. VOL.6_nº1_2011_ Revista da Escola Galega de Administración Pública. administración cidadanía. Sumario 01_J. H. H. WEILER (Universidade de Nova York), «Reflexión sobre os valores (de Europa)»._02_M.ª BELÉN

More information

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres

Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres Teaching English through music: A report of a practicum based on musical genres 76 Introduction This is a report of an English II Disciplinary Practicum project that happened at the Florinda Tubino Sampaio

More information

CADERNOS DE PSICOLOXÍA. SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos

CADERNOS DE PSICOLOXÍA. SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos CADERNOS DE PSICOLOXÍA SETEMBRO 2017 Número especial dedicado á Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos EDITORIAL: A PSICOLOXÍA AO SERVIZO DO TRABALLO A ORIENTACIÓN PROFESIONAL

More information

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA

A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA A OUTRA CRISE: ENERXÍA, CAMBIO CLIMÁTICO E ECONOMÍA Xavier Labandeira Economics for Energy e Rede, Universidade de Vigo CLUB FARO DE VIGO 26 de novembro de 2013 Sandy, camiño de Nova Iorque: 29 outubro

More information

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA *

OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA * OBSERVACIÓNS SOBRE AS ACTITUDES E OS COMPORTAMENTOS RELATIVOS ÓS CAMBIOS DE CÓDIGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA * 1. Introducción JAINE E. BESWICK Universidade de Bristol Neste traballo pretendemos estudia-las

More information

CONCEPCIÓNS ALTERNATIVAS SOBRE OS CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS Miguel Ángel Yebra Ferro, Manuel Vidal López e Pedro Membiela Iglesia

CONCEPCIÓNS ALTERNATIVAS SOBRE OS CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS Miguel Ángel Yebra Ferro, Manuel Vidal López e Pedro Membiela Iglesia CONCEPCIÓNS ALTERNATIVAS SOBRE OS CAMBIOS FÍSICOS E QUÍMICOS Miguel Ángel Yebra Ferro, Manuel Vidal López e Pedro Membiela Iglesia Facultade de Ciencias da Educación de Ourense. Emails: yebrama@edu.xunta.es,

More information

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS

UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS UNHA ANÁLISE DA INDEPENDENCIA NA AUDITORÍA DE CONTAS ANA MARÍA MARTÍNEZ-PINA GARCÍA Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas (ICAC) RECIBIDO: 5 de marzo de 2013 / ACEPTADO: 4 de abril de 2013 Resumo:

More information

Important Dates. October 19th, 2016

Important Dates. October 19th, 2016 Maya Angelou News and Updates To find lunch and breakfast menus click here. To apply for free and reduced meals click here for the application. If you want to receive text reminders of events going on

More information

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza Carlos Servando MEMORIAL 2015 SALVAMENTO DEPORTIVO 10 de outubro as 16:00 Piscina Carballo Calero Carballo Organiza PRESENTACIÓN Coa súa primeira edición no ano 1992, o Memorial Carlos Servando é o evento

More information

Free cd bruno e marrone acustico. Free cd bruno e marrone acustico.zip

Free cd bruno e marrone acustico. Free cd bruno e marrone acustico.zip Free cd bruno e marrone acustico Free cd bruno e marrone acustico.zip Bruno & Marrone Format: Audio CD. Start your 30-day free trial Ao Vivo by Bruno and Marrone and tens of millions of other songs on

More information

Técnicas de compresión e estruturas de indexación compactas para texto en linguaxe natural e contidos dixitais: aplicacións prácticas

Técnicas de compresión e estruturas de indexación compactas para texto en linguaxe natural e contidos dixitais: aplicacións prácticas Técnicas de compresión e estruturas de indexación compactas para texto en linguaxe natural e contidos dixitais: aplicacións prácticas Autor: Eduardo Rodríguez López Tese de Doutoramento UDC / 2015 Dirixida

More information

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas

Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas Clima laboral - Sergas Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas Elaborado por: Servizo central de prevención de riscos laborais Subdirección xeral de Políticas de Persoal División de Recursos Humanos

More information

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos

RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO. Módulo IV Traballando por proxectos RECURSOS PARA O TRABALLO COS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS NUNHA ENTIDADE DE VOLUNTARIADO Módulo IV Traballando por proxectos 1 2016. Xunta de Galicia. Curso en liña Recursos para o traballo coas persoas voluntarias

More information

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH Read Online and Download Ebook EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH DOWNLOAD EBOOK : EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO

More information

ISABEL FERNÁDEZ DOMÍNGUEZ E Mª ANTONIA LÓPEZ PÉREZ. Parque Natural Cantanhez (Guiné-Bissau) 108 ambientalmentesustentable, 2015, (I), 19

ISABEL FERNÁDEZ DOMÍNGUEZ E Mª ANTONIA LÓPEZ PÉREZ. Parque Natural Cantanhez (Guiné-Bissau) 108 ambientalmentesustentable, 2015, (I), 19 ISABEL FERNÁDEZ DOMÍNGUEZ E Mª ANTONIA LÓPEZ PÉREZ Parque Natural Cantanhez (Guiné-Bissau) Bea Gamallo 108 ambientalmentesustentable, 2015, (I), 19 BANCO DE BOAS PRÁCTICAS HeriQ: buscando a autoestrada

More information

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH

EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH Read Online and Download Ebook EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO Y RECUPERAR LA CAPACIDAD DE AMAR (SPANISH EDITION) BY STEPHEN GULLO /CONNIE CHURCH DOWNLOAD EBOOK : EL SHOCK SENTIMENTAL. COMO SUPERARLO

More information

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA

SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA SOCIEDADES MULTICULTURAIS, INTERCULTURA- LIDADE E EDUCACIÓN INTEGRAL. A RESPOSTA DENDE A EDUCACIÓN PERSONALIZADA Ramón Pérez Juste Presidente da Sociedade Española de Pedagoxía RESUMO O autor, despois

More information

LLP PT-KA3-KA3MP. ecity Guías Pedagóxicas

LLP PT-KA3-KA3MP. ecity Guías Pedagóxicas ecity Guías Pedagóxicas 20 de Abril de 2015 1 Contido Contido... 2 1. Cobertura móbil... 4 1.1. Descrición... 4 1.2. Como xogar ao escenario (e intentar gañalo)... 5 1.3. Actividade 1 (Sesión 1): Presentación

More information

TRABALLO DE FIN DE GRAO

TRABALLO DE FIN DE GRAO Facultade de Ciencias da Educación TRABALLO DE FIN DE GRAO A EVOLUCIÓN BIOLÓXICA, UNHA TEORÍA ESQUECIDA LA EVOLUCIÓN BIOLÓGICA, UNA TEORÍA OLVIDADA BIOLOGICAL EVOLUTION, A FORGOTTEN THEORY Autora: Lucía

More information

Gödel, Escher, Bach By Hofstadter Second semester

Gödel, Escher, Bach By Hofstadter Second semester Gödel, Escher, Bach By Hofstadter Second semester As humans we have try to understand the different systems, that are not written in the human language because those systems are not part of ours. We have

More information

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA (BOE núm. 160, do 06/07/2011) (Última actualización do 06/10/2015: o texto foi

More information

Como atopar artigos de Arquitectura

Como atopar artigos de Arquitectura Como atopar artigos de Arquitectura Guía básica para traballos de clase Autor: Marcos Yáñez Arca Outono 2013 1 Que imos ver As revistas. Tipos. Por qué é tan importante a súa consulta. Onde atopar artigos

More information

THE EFFECT OF VIRTUAL ENVIRONMENTS IN DISPLACING REAL PLACES

THE EFFECT OF VIRTUAL ENVIRONMENTS IN DISPLACING REAL PLACES ISSN 1139-7365 THE EFFECT OF VIRTUAL ENVIRONMENTS IN DISPLACING REAL PLACES Sezin Cagil, Manchester Metropolitan University SUMMARY The sudden change of my communication medium after moving to UK had a

More information