Curso: Creación de Páxinas Web Persoais. novembro 2005

Size: px
Start display at page:

Download "Curso: Creación de Páxinas Web Persoais. novembro 2005"

Transcription

1 Curso: Creación de Páxinas Web Persoais novembro 2005

2 Índice de contidos 1 Obxectivos Entidades Participantes Duración, datas e lugares de celebración Horarios Límite de prazas Datas e procedemento de preinscrición Programa do curso Sesión 1: Introdución a Internet, protocolo de transferencia de ficheiros (FTP) e linguaxes de marcado (2 horas) Sesión 2: Introdución á ferramenta de desenvolvemento Dreamweaver (2 horas) Sesión 3: Normas básicas para crear sitios web e creación de elementos (2 horas) Sesión 4: Conceptos básicos de deseño e maquetación (2 horas) Sesión 5: Estruturación e navegación dentro dun site (2 horas) Sesión 6, 7 y 8: Creación de contidos para as páxinas dun docente universitario e/ou PAS (6 horas) Sesión 9: Aplicando estilos as nosas páxinas. Vantaxes do seu uso (2 horas) Sesión 10: Mantemento do sitio. (2 horas) Documentación Entrega de Diplomas... 7

3 1 Obxectivos Preténdese acadar a capacitación adecuada para a creación de páxinas web persoais que inclúa contidos relacionados coa docencia, información xeral, investigación, etc..; sen descoidar o aspecto básico do deseño, de tal xeito que o resultado final dunha publicación web sexa esteticamente aceptable. Debido ao carácter dinámico dos contidos destas páxinas web tamén se amosará como poder manter as páxinas e a información asociada ás mesmas, así como a súa posterior publicación en buscadores. 2 Entidades Participantes Entidade organizadora: Vicerreitorado de Titulacións, Posgrao e Formación Permanente, Área de Posgrao Virtual (APV), Área de Estudos Propios e Formación Continua. Entidades colaboradoras na organización: Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial Entidades colaboradoras na docencia: Escola Superior de Enxeñería Informática Servizos Informáticos de Investigación. Vicerreitorado de Innovación e Calidade. 3 Duración, datas e lugares de celebración O curso constará de 20 horas de duración, nas seguintes datas e lugares: Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (Aula de informática 3). Do 31 de outubro ao 30 de novembro en quenda de mañá. 4 Horarios O curso terá o seguinte horario, comezando o día 31 de outubro. Día Horas 31/ / / / / / / / / /

4 5 Límite de prazas Ofértanse un total de 23 prazas. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de preinscrición. 6 Datas e procedemento de preinscrición A preinscrición no curso prolongarase ata o 26 de outubro do 2005 e realizarase en liña a través da Aula Virtual Bubela da Área de Posgrao Virtual. Todas aquelas persoas que estean interesadas en preinscribirse deberán entrar na Aula Virtual Bubela, sita na páxina da Área de Posgrao Virtual ( Se é a primeira vez que entra en Bubela e non está rexistrado/a, entón terase que dar de alta como novo usuario/a, é moi sinxelo. Entre na Plataforma de xestión académica (no enderezo no enlace Plataforma de xestión académica Bubela ) e prema en Novos usuarios/as ou ben no texto Se aínda non ten conta de usuario e quere darse de alta, prema aquí. A continuación, encha os datos que se lle solicitan, é moi importante que lembre o seu nome de usuario e a súa clave. Cando remate prema en Aceptar e xa estará rexistrado/a. Agora xa pode preinscribirse entrando no catálogo de cursos e premendo no botón preinscribir do curso. No caso de que sexa un usuario/a rexistrado en Bubela, simplemente introduza o seu nome de usuario e a súa clave no cadro superior da esquerda, entrará na páxina de inicio de Bubela. Prema en Catálogo de cursos e, a continuación, no botón preinscribir do curso. Non dubide en poñerse en contacto coa Área de Posgrao Virtual para calquera consulta ou axuda sobre o uso deste servizo. Pode facelo por teléfono (no ), correo electrónico (no enderezo apv@uvigo.es) ou persoalmente no noso despacho (no Pavillón C da Facultade de Filoloxía e Tradución). 7 Programa do curso Estrutúrase en dez sesións: 7.1 Sesión 1: Introdución a Internet, protocolo de transferencia de ficheiros (FTP) e linguaxes de marcado (2 horas) Explicarase ao alumno/a, de xeito moi abreviado, que é e como se creou Internet, referindo e explicando os elementos que configuran a comunicación mediante documentos web. Daranse as nocións básicas de interpretación da relación clienteservidor. Preténdese tamén que o alumnado coñeza de que xeito se configuran as contas web da Universidade de Vigo e como facer uso dos recursos dispoñibles que ten ao seu alcance, ademais de aprender como se realiza a transferencia de ficheiros aos seus directorios persoais mediante FTP. Por último, explicarase que son as linguaxes de marcas, cal é a súa utilidade e como empregalas. O estudo centrarase na linguaxe HTML, proporcionando as nocións básicas para o seu desenvolvemento e explicando de que xeito o interpreta a máquina.

5 Durante esta sesión o alumno/a terá unha visión global das posibilidades que pode aportar a comunicación a través das páxinas web, e coñecerá os elementos físicos que a permiten. Ademais, o alumno/a aprenderá a solicitar e configurar unha conta web e adquirirá as nocións precisas para saber de que xeito poder acceder a esa conta vía FTP. Tamén se introducirá ao alumno/a na programación (a nivel moi básico) da linguaxe HTML, facendo uso de exemplos moi simples e vendo de que xeito interpreta a máquina as ordes que se lle ditan. 7.2 Sesión 2: Introdución á ferramenta de desenvolvemento Dreamweaver (2 horas) Preténdese que o alumnado comprenda a utilidade do emprego do Dreamweaver como ferramenta de desenvolvemento das súas páxinas web, amosándolle as vantaxes que presenta un deseño visual da páxina fronte ao proceso de codificación. Farase a primeira aproximación ao contorno de traballo da aplicación, localizando e explicando todas as posibilidades de desenvolvemento que lles ofrece a interface. Tamén se persegue que o alumno/a coñeza as necesidades dun sitio web básico, para iso explicarase a configuración dun sitio local e configurarase Dreamweaver para que permita a creación e xestión dun sitio web. Nesta sesión o alumno/a entrará en contacto co Dreamweaver, comprenderá cal é a súa utilidade e terá unha idea clara da distribución do contorno de traballo. Despois desta sesión, o alumno/a poderá definir o seu propio sitio web e comprender como se estrutura e almacena. 7.3 Sesión 3: Normas básicas para crear sitios web e creación de elementos (2 horas) Preténdese que o alumnado teña coñecemento dos conceptos fundamentais á hora de deseñar unha páxina ou un conxunto delas. Elixir un tamaño axeitado de páxina para a súa correcta visualización e impresión, como definir o seu sitio web, como estruturar os arquivos, que tipo de navegación vai empregar, propiedades básicas das páxinas,... Ensinarase como crear elementos fundamentais á hora de construír páxinas ou sitios máis complexos de forma individual, para posteriormente facilitar o labor de crear un sitio web completo e funcional. Aprenderá a dar formato ao texto, a crear enlaces, inserir táboas, manexar imaxes,... Desta sesión o alumno/a deberá saír cun esquema en papel de como quere que sexan as súas páxinas, como navegará por elas e como estarán organizados os seus arquivos fisicamente para tal propósito. 7.4 Sesión 4: Conceptos básicos de deseño e maquetación (2 horas) Deberanse a coñecer aquelas técnicas que permiten compor unha páxina, outorgarlles unha aparencia física, darlles forma. Explicaranse os conceptos básicos relacionados coas táboas para distribuír contidos, creación dunha estrutura de páxina (encabezado/corpo/pé), aplicar cores a diferentes elementos (texto, fondo de páxina, parágrafos, celas,...), creación de bordos e elementos separadores, colocación e aliñación de elementos,... É dicir, que poidan construír o armazón onde situarán os seus contidos.

6 Nesta sesión o alumnado coñecerá as diferentes técnicas para trasladar o seu esquema inicial en papel a unha representación ou deseño en formato web (HTML). 7.5 Sesión 5: Estruturación e navegación dentro dun site (2 horas) Nesta sesión amosaranse os métodos, técnicas e elementos que se empregan para poder navegar por un conxunto de páxinas. Creación de marcadores para navegar por unha páxina, enlaces a outros sitios web, enlaces a contas de correo, enlaces a páxinas do mesmo sitio, creación de mapas de imaxe, creación de menús de salto e barras de navegación, diferentes tipos de menús (baseados en botóns de imaxe e en texto), definir o esquema de navegación correcto segundo o contido, diferenzas entre páxinas baseadas en marcos e en táboas,... O alumno/a deberá ser capaz de crear os vínculos e hipervínculos necesarios para que o seu sitio funcione e se poida navegar entre as diferentes páxinas ou enlaces con recursos externos (buscadores, enviar correos, outras páxinas,...). 7.6 Sesión 6, 7 y 8: Creación de contidos para as páxinas dun docente universitario e/ou PAS (6 horas) Como crear os contidos básicos dunha páxina persoal adaptados a este perfil e cales son as distintas posibilidades á hora de formatealos. A grosso modo, o alumno/a deberá ser capaz de crear as súas seccións de: información xeral, docencia, investigación, proxectos, congresos, publicacións e enlaces de interese. Tamén se verá como enlazar documentos externos (PDF, Word, Zip) para que o alumnado poida descargalos ou visualizalos (notas, apuntamentos, aplicacións,...) O alumno/a debe ser capaz de inserir calquera contido que se axuste a unha páxina persoal con este perfil (docente/pas). 7.7 Sesión 9: Aplicando estilos as nosas páxinas. Vantaxes do seu uso (2 horas) Unha vez que creamos o noso sitio veremos como podemos refinalo ata acadar o deseño que desexamos. Explicaranse os conceptos fundamentais para conseguir unha boa relación entre tamaño e calidade para obter unha maior rapidez, como formatear correctamente os textos, que tipografías podemos empregar, uso correcto de tamaños en tipografías, efectos especiais en textos, creación de bordos con estilos,... O alumno/a poderá definir os seus propios estilos que lle servirán para cambiar a aparencia da páxina sen ter que tocar o deseño nin os elementos creados, tan só redefinir o estilo creado. Deste xeito tamén coñecerá as posibilidades máis amplas dos estilos fronte ao formateo en HTML. 7.8 Sesión 10: Mantemento do sitio. (2 horas) Explicarase como unha vez que publicamos a nosa primeira versión do sitio, poderemos modificar, engadir e eliminar contidos de xeito doado e rápido. Non só contidos do sitio senón tamén como xestionar os seus arquivos, realizar copias de seguridade, protexer arquivos, engadir outros novos, dispor de elementos en librarías para a súa reutilización, comprobación e reparación de vínculos rotos, compatibilidade con navegadores,...

7 Preténdese que o alumno/a saiba como ter actualizado o seu sitio web e xestionalo de forma eficiente unha vez que o publique. 8 Documentación O alumnado recibirá antes de cada sesión a documentación precisa para o seu seguimento. Adicionalmente, a Área de Posgrao Virtual porá a disposición dos interesados un acceso a esta documentación antes do curso na plataforma de aprendizaxe virtual Maquía. Para acceder a estes contidos hai que entrar en Bubela, co nome de usuario e clave usado para a preinscrición, e acceder ao curso a través do enlace Os meus cursos, onde se atopará un vínculo para acceder á plataforma de aprendizaxe virtual Maquía. 9 Entrega de Diplomas Unha vez finalizado o curso entregarase un diploma de asistencia a todo o alumnado que asistiu a un mínimo de 8 sesións (16 horas) e cubriu a enquisa.

Acceso web ó correo Exchange (OWA)

Acceso web ó correo Exchange (OWA) Acceso web ó correo Exchange (OWA) Uso do acceso web ó correo de Exchange (Outlook Web Access, OWA) Contenido Uso do acceso web ó correo para usuarios do servidor Exchange Entorno da interfaz web (OWA)

More information

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración.

GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2. Realización da copia de seguridade e restauración. GUÍA DE MIGRACIÓN DE CURSOS PARA PLATEGA2 Platega vén de actualizarse da versión de Moodle 1.8.6 á 2.6. Como a exportación e importación de cursos entre estas dúas versións non é 100% compatible, esta

More information

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT?

COMO XOGAR A KAHOOT Se vas xogar por primeira vez, recomendámosche que leas este documento QUE É KAHOOT? COMO XOGAR A KAHOOT Dentro das novidades desta edición propoñémosche unha aplicación que che axudará a conectar máis cos alumnos e facilitar o coñecemento do tema deste ano. Se vas xogar por primeira vez,

More information

Síntesis da programación didáctica

Síntesis da programación didáctica Síntesis da programación didáctica o Contidos 1º Trimestre - REVIEW GRAMMAR 1º BACH - UNIT 4: ON THE BALL Modals. Modal perfects. Vocabulary: Words from the text. Word families. Sport. Expressions taken

More information

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis

Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO Aula CeMIT de Cuntis Rede CeMIT Cursos Gratuítos de Alfabetización Dixital NOVEMBRO 2017 Aula CeMIT de Cuntis APRENDE A USAR O SMARTPHONE Días: 2, 3, 6, 14, 16, 17, 21 e 23 de novembro Horario: 12:00h a 14:00h Nº de Prazas:

More information

Sede Electrónica Concello de Cangas

Sede Electrónica Concello de Cangas Sede Electrónica Concello de Cangas Cumpra con toda a lexislación Lei 11/2017, de 22 de xuño, de Acceso Electrónico da Cidadanía aos Servizos Públicos. Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo

More information

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta.

Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta. Algún dos integrantes da mesa redonda sobre software libre en Galicia: Miguel Branco, Roberto Brenlla e Francisco Botana. Obradoiro sobre exelearning. Pilar Anta. Obradoiro para coñecer e introducirnos

More information

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax

R/Ponzos s/n Ferrol A Coruña Telf Fax Día do libro 2009 Coa mostra das diferentes actividades realizadas ao longo deste mes do libro e a entrega de agasallos a todo o alumnado, en especial a o que tivo unha aportación destacada nestas actividades

More information

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN

CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN NOME DO DOCUMENTO: VERSIÓN: 1.0 COD. DO DOCUMENTO: ELABORADO POR: Xerencia MATI-AMTEGA DATA: 28/02/18 VALIDADO POR: IGVS DATA: 28/02/18 APROBADO POR: DATA: CLÁUSULA DE

More information

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA

O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA 2008 O SOFTWARE LIBRE NAS ENTIDADES DE GALIZA FICHA TÉCNICA Universo: 8.652 pequenas e medianas empresas, 710 empresas informáticas, 588 centros de ensino e 117

More information

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa:

Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa: Anexo IV: Xestionar o currículum da etapa: Para acceder á xestión do currículum de cada etapa (introducir áreas de LE de primaria, ou as de ESO e Bacharelato) que emprega prográmame, deberás ter un acceso

More information

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS

Fondo de Acción Social. Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS Fondo de Acción Social Manual do Usuario de presentación de solicitudes do FAS Fondo de Acción Social 2 Táboa de contidos Introducción 3 Moi importarse 4 Pasos a seguir para a presentación de solicitudes

More information

Silencio! Estase a calcular

Silencio! Estase a calcular Silencio! Estase a calcular 1. Introdución 2. Obxectivos 3. Concepto e consideracións previas. Ruído. Decibelio (db) Sonómetro. Contaminación acústica. 3. Concepto e consideracións previas. That quiz:

More information

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira

CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER. Miguel Mourón Regueira CREACIÓN DE PÓSTERS CON GLOGSTER Índice de contido 1.- Creando unha conta en Glogster...3 2.- Creando un póster...5 2.1.- Escollendo o modelo...5 2.2.- Creando un póster...7 2.2.1.- Elementos de texto...8

More information

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia

Manual de usuario EBIBLIO GALICIA. Xunta de Galicia EBIBLIO GALICIA Xunta de Galicia Como podo tomar libros electrónicos ou audiolibros en préstamo? Inicio sesión Dende o teu ordenador persoal (PC ou Mac) ou dispositivo móbil (teléfono, tableta etc.), pulsa

More information

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia

Manual de usuario CENDES. Centro de descargas da Xunta de Galicia MU Manual de usuario CENDES Centro de descargas da Xunta de Galicia CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE Este documento é propiedade da Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar

More information

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,...

VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S  Calquera proposta estética para o vídeo: cine, animación, cor, branco e negro,... WWW.VIGOSÓNICO.ORG VIGOSÓNICO V C O N C U R S O V I D E O C L I P S Un espazo para a túa creatividade PARA GRUPOS Calquera estilo musical: rock, rap, clásica, jazz, latina,... SOLISTAS Calquera proposta

More information

Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas

Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas Mailman: Manual de usuario para subscritores de listas MailMan é un programa baseado no Web que permite a Universidade usar o correo de forma efectiva para cursos, comunicados de departamentos ou a interacción

More information

ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC

ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC ANEXO II NORMAS DE CREACIÓN E PUBLICACIÓN DE PÁXINAS WEB DA USC Artigo 1. Ámbito de aplicación As presentes normas de uso do web da Universidade de Santiago de Compostela (USC) son de obrigado cumprimento

More information

Recursos para a lingua

Recursos para a lingua Recursos para a lingua, por que? O traballo nun servizo de normalización adoita ter moitas frontes abertas: respondemos consultas puntuais a respecto de termos concretos, corrixirmos un documento cuxa

More information

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador

Narrador e Narradora Narrador Narradora Narrador 1. Family dinner Soa unha música futurista. Narrador e Narradora: Aquí estamos, here we are, en Galicia, in Galicia, no ano 2050, in the year 2050, e temos unha historia que contarvos, and we have a story

More information

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC

Guía para autoarquivo en Minerva. Repositorio Institucional da USC Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC 2016 Táboa de contidos 1. Rexistro e acceso... 1 1.1. Rexistro novos usuarios... 1 1.2 Autorización para autoarquivar... 2 1.3 Acceso...

More information

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. CURSO UNIVERSITARIO CON APROBACIÓN PROVISONAL DE HOMOLOGACIÓN POR PARTE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. RECOMENDADO POLO ALTO COMISIONADO DAS NACIÓNS UNIDAS PARA O CAMBIO CLIMÁTICO www.climantica.org

More information

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC

Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC. 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC Guía para autoarquivo en Minerva Repositorio Institucional da USC 16/04/2018 Biblioteca Universitaria da USC Contido 1. Rexistro e acceso... 1 1.1. Rexistro novos usuarios... 1 1.2 Autorización para autoarquivar...

More information

Facultade de Fisioterapia

Facultade de Fisioterapia Normas e Avaliación do Traballo de Fin de Grao Curso 2017-2018 Co fin de acadar unha carga de traballo semellante nos Traballos de Fin de Grao (TFG) que deben facer o alumnado ao ser estes titorizados

More information

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX

Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX Marzo 2013 CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN NOME DO DOCUMENTO: COD. DO DOCUMENTO: Guia_control_horario_funcionarios ELABORADO POR: VALIDADO

More information

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO

PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO PROGRAMA FORMATIVO DA ESPECIALIDADE FORMATIVA TÉCNICAS DE MARKETING ON LINE, BUSCADORES, SOCIAL MEDIA E MÓBIL COMM049PO PLANS DE FORMACIÓN DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE PARA TRABALLADORES OCUPADOS PLANS DE

More information

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow

Name: Surname: Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow Name: Surname: Remember: the TEMPO is the speed of the music. Presto= very fast Allegro= fast Andante= at a walking pace Adagio= slow Largo= very slow Accelerando (acc.) = speed up (cada vez más rápido).

More information

Segunda lingua estranxeira: inglés

Segunda lingua estranxeira: inglés Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Parte específica Segunda lingua estranxeira: inglés Páxina 1 de 6 Índice 1.Formato

More information

Como atopar artigos de Arquitectura

Como atopar artigos de Arquitectura Como atopar artigos de Arquitectura Guía básica para traballos de clase Autor: Marcos Yáñez Arca Outono 2013 1 Que imos ver As revistas. Tipos. Por qué é tan importante a súa consulta. Onde atopar artigos

More information

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES

REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2018 SECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS SERVIZO DE ACCIÓN SOCIAL, CULTURAL E DEPORTES PUBLICACIÓN DAS BASES BASES REGULADORAS XERAIS http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/21/2018_0000002149.pdf

More information

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS

ANEXO XIII MODELO DE PROGRAMACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS 1. Identificación da programación Centro educativo Código Centro Concello Ano académico 15005257 Ramón Menéndez Pidal Coruña (A) 2017/2018 Ciclo formativo Código da familia profesional Familia profesional

More information

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO

Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro BASES DO CONCURSO. 1. OBXECTO e TEMATICA DO CONCURSO 2. TIPO DE CONCURSO Bases do Concurso Logo ANPA Vila do Arenteiro Na Asociación de Nais e Pais do Colexio Vila do Arenteiro xurdiu a necesidade de crear un logo para dita asociación que puidese utilizar como imaxe. Contactamos

More information

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA

EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA XUNTA DE GALICIA E UNIÓN EUROPEA 2. QUE OFRECE UN AULA DIXITAL? As aulas dixitais están equipadas para ofrecer aos/as alumnos/as unha experiencia educativa adaptada ás necesidades

More information

BLOGS CON BLOGGER MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO

BLOGS CON BLOGGER MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO BLOGS CON BLOGGER MANUAL DE CONFIGURACIÓN E USO Índice 1.- Creando o Blog... 2 2.- Configuración básica do blog...9 3.- Configuración avanzada do blog...13 3.1.- Traballando cos gadgets... 13 3.2.- Modificando

More information

Introdución Requisitos técnicos para acceder ao curso O CMLA en liña Navegación polos contidos do curso...

Introdución Requisitos técnicos para acceder ao curso O CMLA en liña Navegación polos contidos do curso... GUÍA DE USO (adaptada) Curso medio de linguaxe administrativa en liña CMLA ÍNDICE Introdución... 3 1 Requisitos técnicos para acceder ao curso... 4 2 O CMLA en liña... 5 2.1 Obxectivos... 5 2.2 Estrutura

More information

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (www.globeatnight.org/5-steps.php)

Cinco sinxelos pasos para ir á caza das estrelas ;) (www.globeatnight.org/5-steps.php) Guía de Actividades: Introdución Grazas por participar nesta campaña global de medida da contaminación lumínica mediante a observación das estrelas máis febles que podes albiscar. Localizando e observando

More information

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente Grao en Química 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III Guía Docente Guía Docente. 1. Datos descritivos da materia. Carácter: Formación básica Convocatoria: 2 O cuadrimestre Créditos: 6 ECTS (5 teórico-prácticos

More information

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño

Se (If) Rudyard Kipling. Tradución de Miguel Anxo Mouriño Se (If) Rudyard Kipling Tradución de Miguel Anxo Mouriño IF -- SE NOTA DO TRADUTOR Para facer a versión deste famoso poema de RudyardKipling impúxenme a obriga de respectar algunhas das características

More information

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS

MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS MEMORIA DE AVALIACIÓN DA CALIDADE: INFORME DE RESULTADOS PROGRAMACIÓN: ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIIDAS PRIORITARIAMENTE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS CORRESPONDENTE AO EERCICIO 2016. CURSO: 1597 ADGD0208

More information

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente

Grao en Química. 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III. Guía Docente Grao en Química 2 0 Curso QUIMICA INORGÁNICA III Guía Docente Guía Docente. 1. Datos descritivos da materia. Carácter: Formación básica Convocatoria: 2 O cuadrimestre Créditos: 6 ECTS (5 teórico-prácticos

More information

Problema 1. A neta de Lola

Problema 1. A neta de Lola Problema 1 A neta de Lola A neta de Lola da Barreira estuda 6º de Educación Primaria na Escola da Grela. A súa mestra díxolle que escribira todos os números maiores ca cen e menores ca catrocentos, sempre

More information

Manual de inicio software libre

Manual de inicio software libre Manual de inicio software libre - 2 - Índice de contenido Introdución ao paquete ofimático OpenOffice...5 Instalación de OpenOffice.org... 6 Windows 95/98/ME e XP monousuario...6 Windows 2000 Profisional

More information

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO 2.1. O PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO Fernando Trujillo Sáez Universidade de Granada En educación hai propostas que aparecen e reaparecen ao longo do tempo. Este fenómeno é propio das Ciencias Sociais

More information

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos

Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos 02 Xogos e obradoiros sobre o cambio climático que Climántica desenvolve en centros educativos 0OINFORMACIÓN PARA O DOCENTE 02 Climántica desenvolve estes obradoiros en aulas de centros educativos. Pode

More information

TITORIAL PARA O USO DO REPOSITORIO DE MOREA

TITORIAL PARA O USO DO REPOSITORIO DE MOREA TITORIAL PARA O USO DO REPOSITORIO DE MOREA Autor: Alfonso Fernández Matías 1 1 O REPOSITORIO A continuación imos explicar como utilizar o Repositorio de Morea. Este repositorio usa un software libre chamado

More information

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza

Carlos Servando MEMORIAL SALVAMENTO DEPORTIVO. 10 de outubro as 16:00. Piscina Carballo Calero Carballo. Organiza Carlos Servando MEMORIAL 2015 SALVAMENTO DEPORTIVO 10 de outubro as 16:00 Piscina Carballo Calero Carballo Organiza PRESENTACIÓN Coa súa primeira edición no ano 1992, o Memorial Carlos Servando é o evento

More information

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE.

PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE. PROGRAMACIÓN DO CUARTO CURSO DAS ENSINANZAS DO TÍTULO SUPERIOR DE MÚSICA NA ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN NO ITINERARIO DE CLARINETE. DISCIPLINA: INSTRUMENTO VII. 4º CURSO 1º CUADRIMESTRE (10 CRÉDITOS

More information

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL

PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL PROPOSTA PEDAGÓXICA PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL CONTEXTUALIZACIÓN A participación da familia na proposta educativa dun centro é garantía de eficacia da acción educativa. Un dos nosos principios

More information

Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa. Oficina de Software Libre AMTEGA

Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa. Oficina de Software Libre AMTEGA Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa AMTEGA Oficina de Software Libre software.libre@xunta.gal Como establecer e como usar unha licenza

More information

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO

NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO NORMATIVA ACADÉMICA PARA O ALUMNADO DE INTERCAMBIO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ESTUDOS EMPRESARIAIS (EUEE) UNIVERSIDADE DE VIGO Aprobado en Comisión Permanente 8 de Xuño de 2017 Esta guía pretende orientar

More information

Metodoloxía copyleft en educación

Metodoloxía copyleft en educación Metodoloxía copyleft en educación Xosé Luis Barreiro Cebey (xoseluis@edu.xunta.es) Pablo Nimo Liboreiro (pablonimo@edu.xunta.es) Que son as licenzas de autor? Algún concepto previo, as obras orixinais

More information

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC

Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC Guía para a elaboración da planificación estratéxica dos centros da USC Índice 1. Introdución... 2 2. Procedemento para a elaboración do plan estratéxico... 4 2.1 Fase 1. Analizar a situación... 4 2.2

More information

Programación Percusión

Programación Percusión Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa REDE DE CONSERVATORIOS DE MÚSICA E DANZA DE GALICIA Programación Percusión Mo del o. Pr og ra ma ció n. M D. 75. PR O. 01. Ve

More information

6. O proceso técnico. 1. Introducción. 2. Introdución ás fases da cadea documental ISABEL PEMÁN PÉREZ

6. O proceso técnico. 1. Introducción. 2. Introdución ás fases da cadea documental ISABEL PEMÁN PÉREZ 105 6. O proceso técnico CAH da Rede de Bibliotecas de Galicia 1. Introducción O nacemento dunha biblioteca escolar ou centro de documentación escolar xurde da necesidade de ofrecer o acceso a unha información

More information

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll)

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll) Programación OPTATIVA DE MÚSICA MODERNA (historia do rock&roll) Índice 1. Introdución... 3 1.1 Marco Legal... 3 1.2 Características do centro... 4 1.3 Características do alumnado... 5 2. Obxectivos xerais

More information

Manual de Identidade Corporativa Versión 1.1 Maio 2017

Manual de Identidade Corporativa Versión 1.1 Maio 2017 Manual de Identidade Corporativa Versión 1.1 Maio 2017 Coruña Próxima Manual de Identidade Corporativa 02 Introdución e obxectivos Este manual pretende ser o recurso a utilizar por todo equipo de comunicación

More information

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12

PARTE I. VIVALDI: Concierto en MI M. op. 3 n.12 SEGUNDO DE GRAO PROFESIONAL PARTE I PROBA DE VIOLÍN Interpretaranse en todos os cursos tres obras, escollendo unha de cada un dos tres grupos propostos, sendo polo menos unha delas de memoria. É obrigado

More information

ISABEL FERNÁDEZ DOMÍNGUEZ E Mª ANTONIA LÓPEZ PÉREZ. Parque Natural Cantanhez (Guiné-Bissau) 108 ambientalmentesustentable, 2015, (I), 19

ISABEL FERNÁDEZ DOMÍNGUEZ E Mª ANTONIA LÓPEZ PÉREZ. Parque Natural Cantanhez (Guiné-Bissau) 108 ambientalmentesustentable, 2015, (I), 19 ISABEL FERNÁDEZ DOMÍNGUEZ E Mª ANTONIA LÓPEZ PÉREZ Parque Natural Cantanhez (Guiné-Bissau) Bea Gamallo 108 ambientalmentesustentable, 2015, (I), 19 BANCO DE BOAS PRÁCTICAS HeriQ: buscando a autoestrada

More information

plan estratéxico 2016 >> 2020

plan estratéxico 2016 >> 2020 plan estratéxico 2016 >> 2020 ÍNDICE INTRODUCIÓN A. MISIÓN, VISIÓN, VALORES MISIÓN VISIÓN VALORES B. QUEN, COMO, CON QUE EIXE DA CALIDADE INTERNA EIXE DA DIRECCIÓN ESTRATÉXICA EIXE DO PERSOAL EIXE DOS

More information

Inferencia estatística

Inferencia estatística Estatística 3 Inferencia estatística Rosa Mª Crujeiras Casais Departamento de Estatística e Investigación Operativa Escola Técnica Superior de Enxeñaría Grao en Enxeñaría Informática Vicerreitoría de ESTUDANTES,

More information

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA

A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA A TRANSICIÓN DA UNIVERSIDADE Ó TRABALLO: UNHA APROXIMACIÓN EMPÍRICA XULIA GONZÁLEZ CERDEIRA / XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ MARTÍNEZ DANIEL MILES TOUYA 1 Departamento de Economía Aplicada Facultade de Ciencias

More information

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II

1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO Teorías do espectáculo e da comunicación Teorías do espectáculo II 1. DATOS IDENTIFICATIVOS DA DISCIPLINA CÓDIGO MATERIA Teorías do espectáculo e da comunicación DISCIPLINA Teorías do espectáculo II TITULACIÓN Arte dramática ESPECIALIDADE Dirección escénica e dramaturxia

More information

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Percusión de Vigo Programación de Percusión Índice 1. Introdución... 5 1.1 Marco Legal... 5 1.2 Características do centro... 6 1.3 Características do alumnado... 7 2. Obxectivos xerais das ensinanzas musicais...

More information

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa?

Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa? 297 Accións da responsabilidade social empresarial. Atrae, retén e motiva o capital intelectual da empresa? Actions of the entreprise s social responsibility. Does it attract, retain and motivate the intellectual

More information

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS

Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel CONTRATACIÓN DO EQUIPO XESTOR GDR-5 TÉCNICOS/AS Introdución. En virtude do acordó adoptado pola Xunta Directiva na reunión do 17/09/09, e de conformidade

More information

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa

Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa Eduardo Barros Grela (UDC) Jorge Figueroa Dorrego (UVigo) Cristina Mourón Figueroa (USC), coord. GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 18/19 1 MÁSTER

More information

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS

INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS UNIVERSIDADE DE VIGO INFORME DE AVALIACIÓN DOS BANCOS DO TEMPO DO PROXECTO CONTA CON ELAS Luz Varela Caruncho Amada Traba Díaz Universidade de Vigo ÍNDICE Introdución... 3 Os Bancos do Tempo... 4 Os Bancos

More information

Técnicas de compresión e estruturas de indexación compactas para texto en linguaxe natural e contidos dixitais: aplicacións prácticas

Técnicas de compresión e estruturas de indexación compactas para texto en linguaxe natural e contidos dixitais: aplicacións prácticas Técnicas de compresión e estruturas de indexación compactas para texto en linguaxe natural e contidos dixitais: aplicacións prácticas Autor: Eduardo Rodríguez López Tese de Doutoramento UDC / 2015 Dirixida

More information

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA PRODUCIÓN DE INVESTIGACIÓN APLICABLES AOS MÉRITOS CORRESPONDENTES AO ANO 2016 INTRODUCIÓN A investigación é un dos eidos fundamentais da actividade na Universidade, e a súa axeitada

More information

manual técnico de comunicación efectiva

manual técnico de comunicación efectiva manual técnico de comunicación efectiva sobre residuos para entidades LOCAISS 2 Manual Técnico de Comunicación Efectiva Sobre Residuos para Entidades Locais LIMIAR 1. PRESENTACIÓN DO MANUAL...4 2. AS CLAVES

More information

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO PONTEAREAS PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE MUSICOLOXÍA 1 ÍNDICE 1. Introdución 2. Obxectivos 3. Contidos 4. Avaliación 4.1. Criterios de avaliación 4.2.

More information

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional

Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional Competencias docentes do profesorado universitario. Calidade e desenvolvemento profesional Miguel Ángel Zabalza Universidade de Santiago de Compostela Colección Formación e Innovación Educativa na Universidade

More information

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA LEI 18/2011, DO 5 DE XULLO, REGULADORA DO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA (BOE núm. 160, do 06/07/2011) (Última actualización do 06/10/2015: o texto foi

More information

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do )

12352 LEI 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. («BOE» 150, do ) 2242 Luns 2 xullo 2007 Suplemento núm. 17 As disposicións contidas no artigo 6.1, na sección 2.ª do capítulo III do título II e no capítulo II do título III, salvo o establecido no parágrafo segundo do

More information

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos

A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos 92 Galicia 21 Guest article A cultura do código. Retos para a identidade galega na época dos algoritmos Universidade de Santiago de Compostela Nun recente artigo en Slate, Virginia Eubanks puña sobre a

More information

Programación orientada a obxectos

Programación orientada a obxectos Programación orientada a obxectos O paradigma da programación orientada a obxectos fusiona os datos e as funcións que operan sobre eses datos dentro dun novo tipo de dato chamado CLASE. A cada variable

More information

Rede galega de TC. A Internet como un local social. Proxecto InTIC Tecnoloxía galega para acceder á tecnoloxía

Rede galega de TC. A Internet como un local social. Proxecto InTIC Tecnoloxía galega para acceder á tecnoloxía revista de novas tecnolóxicas de Galicia_ número 72, xullo agosto 2009 www.codigocero.com Rede galega de TC A Internet como un local social Proxecto InTIC Tecnoloxía galega para acceder á tecnoloxía Informe

More information

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS

CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS CUESTIÓNS XERAIS A AMBOS PROCEDEMENTOS 1. Cal é o PRAZO de presentación das solicitudes? O programa bonos de innovación ten carácter plurianual e aberto ata o esgotamento dos fondos asignados polo que

More information

Ámbito da comunicación: lingua inglesa

Ámbito da comunicación: lingua inglesa Educación secundaria para persoas adultas Ámbito da comunicación: lingua inglesa Unidade didáctica 5 Let me tell you about 1 AMBITO DA COMUNICACIÓN UNIDADE DIDÁCTICA 5 1. Programación da unidade...2 1.1

More information

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast)

a) Japanese/English (difficult)... b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast) Exercises. 1. Write sentences using a comparative form a) Japanese/English (difficult).. b) The weather in Africa/ the weather in the Antarctic (cold)... c) A car/ a bike (fast) d) A small village/ New

More information

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA

PROCEDEMENTO P-PRL 20 PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN E APOIO AO PROFESIONAL EN EPISODIOS DE VIOLENCIA DE ORIXE EXTERNA Páxina 1 de 13 INDICE 1. INTRODUCIÓN 2. OBXECTO E ALCANCE 3. DOCUMENTACIÓN DE REFERENCIA 4. DEFINICIÓNS 5. DESCRIPCIÓN 6. DIFUSIÓN DO PROCEDEMENTO 7. RESPONSABILIDADES 8. ESQUEMA FORMATOS F-PRL 20 01 Declaración

More information

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI

AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI AVALIACIÓN DO PROXECTO PILOTO DE ASISTENCIA PERSOAL COGAMI Autoras: Luz Campello García. REDESAÚDE S.L. Juana Mª Tubío Ordoñez. COGAMI Edita Confederación Galega de Persoas con Discapacidade Impresión:

More information

O Software Libre nas Empresas de Galicia

O Software Libre nas Empresas de Galicia SI O Software Libre nas Empresas de Galicia EDICIÓN 216. RESUMO EXECUTIVO 1 Í N D I C E Presentación Principais resultados I. Posición global II. Tipoloxías de Software Libre III. Motivos para non empregar

More information

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas

A tradución audiovisual como recurso didáctico no proceso de ensinanza-aprendizaxe de linguas Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas Facultade de Formación do Profesorado (Lugo) A tradución audiovisual

More information

INICIACIÓN A APPINVENTOR ( OLLO: necesitas ter unha conta en GMAIL e tamén sería útil en DRIVE para

INICIACIÓN A APPINVENTOR ( OLLO: necesitas ter unha conta en GMAIL e tamén sería útil en DRIVE para 1 INICIACIÓN A APPINVENTOR ( OLLO: necesitas ter unha conta en GMAIL e tamén sería útil en DRIVE para subir os arquivos.apk e logo descargalos dende o móbil e instalar directamente a app ) INSTALACIÓN

More information

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO

Proxecto Curricular. I.E.S. Sanxillao. Proxecto Curricular IES SANXILLAO Proxecto Curricular IES SANXILLAO 1 2. OBXECTIVOS XERAIS Os obxectivos xerais establecen as capacidades que se espera que adquiran os alumnos e alumnas ó finalizar calquera etapa educativa. Con isto quérese

More information

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido:

Alumna/o...Curso... 1) Para recuperar a materia pendente deberás seguir o plan de traballo que se especifica de seguido: IES EDUARDO BLANCO AMOR. CULLEREDO. RECUPERACIÓN DA MATERIA DE INGLÉS PENDENTE DE CURSOS ANTERIORES A recuperación da materia de INGLÉS pendente de cursos anteriores realizarase como se explica de seguido:

More information

NAVEGA CON RUMBO.

NAVEGA CON RUMBO. NAVEGA CON RUMBO www.navegaconrumbo.es Dispositivos para navegar Historia da navegación Internet: 1967 Correo electrónico: 1971 Telefonía móbil: 1973 Smartphone: 1992 Google: 1998 Facebook: 2004 Idade

More information

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx

DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10526 III. Outras disposicións Escola Galega de Administración Pública RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2018 pola que se convocan as actividades formativas

More information

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos

Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos 1 2 3 Lingua e Docencia Universitaria V Xornadas sobre Lingua e Usos Edición a cargo de Xesús M. Mosquera Carregal e Sara Pino Ramos A Coruña 2009 Servizo de Normalización Lingüística Servizo de Publicacións

More information

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola

Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Programación de Viola Programación de Viola Índice 1. Introdución... 5 1.1 Marco Legal... 5 1.2 Características do centro... 6 1.3 Características do alumnado... 7 2. Obxectivos xerais das ensinanzas musicais... 9 2.1 Grao

More information

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA

BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA ..L REVISTA GALEGO-PORTUGUESA DE PSICOLOXÍA E EDUCACIÓN N 7 (Vol. 8) Ano 7-2003 ISSN: 1138-1663 BILINGÜISMO, DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE ESCOLAR: UNHA PROPOSTA DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA Manoel BAÑA CASTRO

More information

Expediente: 5193/2017

Expediente: 5193/2017 Expediente: 5193/2017 Asunto: BASES PARA A SELECCIÓN DE DÚAS/DOUS TÉCNICOS/AS DE PROSPECCIÓN LABORAL PARA O PLAN DE EMPREGO DE REDONDELA VII (PER VII), PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO FINANCIADO POLA CONSELLERÍA

More information

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMANA Poesía Inglesa J. Manuel Barbeito Varela GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2017/2018 Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa 2 FACULTADE

More information

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN

MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN MATERIAIS PLURILINGÜES 3.0: FORMACIÓN, CREACIÓN E DIFUSIÓN Coordinación da edición: Fco. Xabier San Isidro Agrelo Revisión lingüística: Olga Amigo Devesa Noemí Álvarez Villar Deseño e maquetación: Shöne

More information

Fonética e fonoloxía da língua galega

Fonética e fonoloxía da língua galega FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA Fonética e fonoloxía da língua galega Xosé Luís Regueira Fernández GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2018/2019 DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA DENOMINACIÓN

More information

Boloña. Unha nova folla de ruta

Boloña. Unha nova folla de ruta 16 Boloña. Unha nova folla de ruta Boloña foi, no seu inicio, unha declaración ben intencionada dos responsables educativos da nova Europa, que unicamente intentaban marcar liñas xerais de desenvolvemento

More information

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS

IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAXE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS IMPLEMENTACIÓN E AVALIACIÓN DUN PROCESO DE ENSINANZA-APRENDIZAE COLABORATIVO NA TITULACIÓN DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS BELÉN FERNÁNDEZ-FEIJÓO SOUTO / MARGARITA PINO JUSTE Universidade de

More information

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014)

(Modificado o art. 10 por acordo do Consello de Goberno do 24 de xullo de 2014) Resolución do 22 de xaneiro de 2013, da Universidade da Coruña, pola que se ordena a publicación do Regulamento da Escola Internacional de Doutoramento da Universidade da Coruña, aprobado polo Consello

More information